A XUNTA DESTACA A APOSTA DE PAZ RODRÍGUEZ POLO INVESTIMENTO PARA MELLORAR EN COMPETITIVIDADE E AVANZAR NA SÚA INTERNACIONALIZACIÓN
O director xeral do Igape, Juan Cividanes, visita as instalacións no polígono de Valadares desta empresa, que se acolleu ao programa Galicia Inviste para incorporar novos equipos tecnolóxicos
- Con clara vocación internacional, os produtos de PAZ Rodríguez poden atoparse en medio cento de mercados exteriores entre os que figuran Estados Unidos, Alemaña, Emiratos Árabes, México ou Israel
- Cividanes lembra que durante os últimos meses a Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou 52 proxectos que mobilizan 35 millóns de euros e salienta que o programa Galicia Inviste acaba de prorrogarse ata o próximo 31 de maio para seguir apoiando proxectos de investimento en Galicia
Vigo, 3 de xaneiro de 2017.- O director xeral do Igape, Juan Cividanes, destacou hoxe a aposta de PAZ Rodríguez polo investimento en novos equipos tecnolóxicos para mellorar a súa competitividade como base para consolidar o seu crecemento a avanzar na súa internacionalización.
PAZ Rodríguez, que dispón dun cadro de persoal integrado por preto de cen persoas, acolleuse ao programa Galicia Inviste para incorporar nova maquinaria que lle permitirá ampliar a súa capacidade de produción desenvolvendo no interior das súas instalacións partes do proceso produtivo, en concreto na liña de corte, que ata agora tiña que externalizar.
Cividanes lembrou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiou mediante préstamos directos e subvencións como as do programa Galicia Inviste, durante os últimos meses, 52 proxectos empresariais que mobilizan investimentos que superan os 35 millóns de euros.
A empresa téxtil, localizada no Polígono de Valladares, esta especializada na confección de prendas de punto infantís De feito, PAZ Rodríguez é una compañía con clara vocación internacional que se ten acollido ás xudas do Igape para avanzar en mercados exteriores. Actualmente, os seus productos poden atoparse en medio cento de mercados exteriores, incluíndo países tan diversos como Estados Unidos ou Israel, Emiratos Ärabes, Alemaña ou México.
PAZ Rodríguez tamén contará co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria para coñecer, ao abeiro do programa Reacciona TIC, as súas capacidades e oportunidades de mellora da competitividade, no marco da Industria 4.0.