Orquesta Sinfónica de Galicia no Teatro Afundación de Vigo

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá o vindeiro 12 de xaneiro, ás 20.30 h, un concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia, nesta ocasión dirixida por Ilan Volkov, que contará coa colaboración de Horacio Lavandera ao piano e John Aigi Hurn á trompeta. Con esta actuación inaugúrase a tempada de música clásica de Afundación na cidade de Vigo. Nela, a agrupación sinfónica interpretará, en dous actos,a estrea absoluta de Paisaxes escuras de Xavier Mariño; a Sinfonía núm. 102 en si bemol maior, Hob1/102 de Franz Joseph Haydne Cinco pezas para orquestra, op. 42 así como Concerto para piano, trompeta e cordas núm. 1 en do menor, op. 35; ambas de Dmitri Shostakóvich. As entradas están á venda a través das canles habituais da entidade, en Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500, para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Ademais, as persoas con 35 anos ou menos gozarán da oportunidade de conseguir as entradas na billeteira media hora antes de cada concerto a un prezo reducido coa finalidade de promover este tipo de espectáculos entre o público máis novo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: