Archive | enero 4, 2017

O CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL ´SALINAE´ RECIBIU O PASADO ANO PRETO DE 6.000 VISITANTES, O QUE SUPÓN UN INCREMENTO DO 20%

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá o xacemento arqueolóxico que se atopa no centro da cidade olívica, en Rosalía de Castro

  • 03012017_salinae2Ofrece un interesante percorrido para coñecer a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio romano
  • López-Chaves cualificou de “orgullo” ter esta instalación no centro de Vigo e cuxo funcionamento data dos séculos I-III d.C., cando se producía sal a grande escala
  • Animou a vigueses e visitantes a coñecer o xacemento de máis de 300 m2 que, polo seu excelente estado de conservación, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían o sal.