Archive | enero 5, 2017

A XUNTA PUBLICA NO DOG A LICITACIÓN DAS OBRAS DO TERCEIRO TREITO DA AUTOVÍA DO MORRAZO, ENTRE MEIRA E CANGAS, POR MÁIS DE 18 MILLÓNS DE EUROS

  • clip_image002A presentación de ofertas pecharase o vindeiro 20 de febreiro
  • O treito 3, cun prazo de execución de 24 meses, ten unha lonxitude de 3,87 quilómetros e suporá a duplicación do viaduto da Fraga, así como a ampliación de dous pasos superiores e cinco inferiores
  • A Autovía do Morrazo é a infraestrutura viaria con maior dotación orzamentaria da Xunta en 2017 e supón un investimento total de 55 millóns de euros

 

Santiago, 5 de xaneiro de 2017.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) á licitación das obras do terceiro treito da Autovía do Morrazo, entre Meira e Cangas, por importe de máis de 18,2 millóns de euros. Así, o Goberno galego, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, levará a cabo os traballos de desdobramento do Corredor do Morrazo entre os puntos quilométricos 7+300 (enlace de Meira) e 11+150 (primeiro enlace de Cangas), que terán un prazo de execución de 24 meses. Pódese consultar información máis detaiada no seguinte enlace: https://goo.gl/GiYIkm. A presentación de ofertas pecharase o vindeiro 20 de febreiro.

 

O Goberno galego prevee comezar os traballos antes do vindeiro verán, logo do levantamento das actas previas á ocupación dos terreos necesarios para a súa execución, previsto para o primeiro trimestre do ano. Así, a totalidade das obras de construción da Autovía do Morrazo estarán en execución en 2017.

 

O treito ten unha lonxitude de 3,87 quilómetros, desde o enlace de Meira, no PK 7+300 do actual corredor, ata o 11+150 do mesmo, no primeiro enlace de Cangas (conexión coa VG-4.5). Neste enlace, ademais, completarase en sentido Alto da Portela a rehabilitación do firme no treito non afectado polo desdobramento, polo que a lonxitude total do tramo de actuación será de 4,16 km.

 

Ademais do desdobramento do tronco, estas obras suporán a remodelación parcial dos enlaces de Meira, no que se inicia a obra, e Moaña (coa PO-313, no PK 9+570);a duplicación do viaduto da Fraga, de 330 metros; a ampliación de dous pasos superiores e cinco pasos inferiores existentes; e a reposición dunha pasarela peonil metálica (PK 8+980, á altura de Broullón).

 

O documento desenvolve o trazado aprobado polo Goberno galego no ano 2013, que recolle, entre outros, axustes de deseño en planta e en alzado para minimizar os movementos de terras, compensando no posible o volume de desmonte co de terraplén. Con este obxectivo, neste treito, mantense a solución de alternancia do desdobramento pola marxe dereita e pola esquerda, buscando o maior aproveitamento posible da calzada existente. Desde xeito, acádase unha solución optimizada, máis equilibrada e de menor impacto, xa que consegue un mellor reaproveitamento dos materiais existentes e un menor impacto visual, todo elo mantendo a máxima funcionalidade.

 

A Autovía do Morrazo é a infraestrutura viaria con maior dotación orzamentaria da Xunta en 2017 (22 millóns de euros) e supón un investimento total de 55 millóns de euros.

 

 

 

Actividade Biblioteca Municipal do Porriño 2017

A  Biblioteca Municipal do Porriño inicia a súa programación de 2017con dous tipos de actividades, unha periódicas, que se desenvolverán de xeito continuado ao longo do ano, e un grupo de actividades puntuais, que se organizarán con motivo da celebración de distintas datas de interese.

Entre elas cabe salientar a serie “O noso patrimonio” que terá como obxectivo dar a coñecer o patrimonio cultural e artístico do Porriño, e  “+ que libros” que, partindo dun punto de interese centrado nun libro determinado (colección, autor…) impulsará ao redor do mesmo diferentes ideas que axuden a comprender a obra.

Ademais ábrese o período de inscricións para os Obradoiros de Alfabetización dixital para Persoas Adultas, que consistirá na formación no uso das TIC para poboación en risco de exclusión dixital e que está pensada para tres niveis de coñecemento.

A mesma será os mércores de 10 a 11:30 h. e o Nivel I, para persoas  con escaso ou nulo coñecemento sobre o uso do ordenador e de Internet, empezará o 18 de xaneiro.

Tamén empeza o período de inscrición para o Club de lectura de Adultos, unha actividade consistente na formación dun grupo de lectores que se reúnen periodicamente na Biblioteca co fin de comentar e intercambiar opinións sobre os libros que facilita a propia biblioteca.

Esta actividade será os luns alternos de 18:30 a 20:00 horas e empeza o vindeiro día 16.

Club de lectura infantil, unha actividade encamiñada a que os nenos atopen nos libros o instrumento de desfrute que os anime a ler cada día. Empregaranse actividades, xogos, manualidades, etc. relacionadas coa lectura programada para conseguir aumentar a súa comprensión lectora e, ao mesmo tempo, que se divirtan co seu libro. A biblioteca facilita un exemplar do libro programado a cada participante para que o lea na casa.

Será os venres alternos, de 18:00 a 19:30 horas, está dirixida a rapazas e rapaces de entre 8 e 12 anos, e empeza o 20 de xaneiro.

Grupos de Conversa en Inglés, no que organizaranse aos participantes en dous niveis de coñecemento, empeza o 7 de febreiro e o Nivel I será os martes de 18 a 19 h e o mesmo día, de  19:15 a 20:15 horas, o Nivel II. Trátase dunha iniciativa dirixida a poboación adulta cun nivel medio de inglés oral.

O GOBERNO LOCAL AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN PORQUE AS NEGOCIACIÓNS QUE MANTIÑA CON OUTRAS ADMINISTRACIÓNS E EMPRESAS PRIVADAS CHEGASEN A BO PORTO E A COPA DA RAIÑA DE BALONMÁN SE XOGUE, DE NOVO, NO PORRIÑO

13010665_1547140555588164_8983489725640135739_nO Porriño será, por segundo ano consecutivo, sede da fase final da Copa da Raína de Balonmán, competición que se xogará os días 28, 29 e 30 de abril. Finalmente, as negociacións  entre o Goberno local, a Alcaldía, a Concellería de Deportes e distintas administracións e empresas privadas fixeron posible dispor do orzamento necesario para que a vila volva a ser sede desta competición.

Este mesmo mércores pola mañá, o Departamento de Competicións da Real Federación Española de Balonmán  confirmaba que a Copa volta a O Porriño, algo que, segundo indicou o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, supón unha satisfacción moi grande e amosa que en 2016 a Federación, os clubs participantes e o público quedaron satisfeitos coa organización.

Carrera felicitouse de que, finalmente, maila a que as negociacións se alongaron máis do agardado, fose posible que a Copa da Raína se xogue na vila o cal suporá unha proxección moi importante para O Porriño a nivel nacional e, ao mesmo tempo, engadiu, unha responsabilidade posto que o obxectivo es mellorar o que se fixo o ano pasado.

O Goberno local está convencido de que encher día a día e partido a partido o Pavillón Municipal na disputa da final da Copa en 2016 foi “esencial” para que as mellores xogadoras de balonmán do país regresen este 2017.

A xuízo de Manuel Carrera, “que a Copa da Raína se dispute de novo aquí fará que O Porriño teña unha importante presencia nos medios de comunicación de toda España, que o deporte porriñés estea, outra vez máis, nun lugar de honra e que haxa unha considerable beneficio para a economía, en especial para o sector hostaleiro”.

O sorteo da XXXVIII Copa da Raíña, no que estará, coma club local o Balonmán Porriño, por medio do seu primeiro equipo, o Godoy Maceira Porriño de la Liga Loterías de Balonmán Feminino, e o actual campión  o Super Amara Bera Bera, se realizará o vindeiro día 9 na sede da Federación, e nela participarán os 6 gañadores da primeira fase, na que participan 12 clubs, entre eles o Mecalia Guardés que, de gañar a súa eliminatoria sería o segundo convinado galego na fase final.

O DELEGADO DA XUNTA EN VIGO FELICITA OS REIS AOS NENOS E NENAS QUE ESTES DÍAS ESTÁN NA ESCOLA INFANTIL DA PRAZA DA ESTRELA

Ignacio López-Chaves visitou hoxe aos cativos e percorreu a escola, onde estivo coas coidadoras que lle explicaron as actividades que fan cos nenos e nenas05012017_eiaestrela

  • A escola infantil conta con 41 prazas que oferta entre os fillos e fillas dos traballadores do edificio administrativo
  • A Xunta de Galicia ofrece en Vigo un total de 626 prazas en 8 centros de titularidade autonómica situados no Calvario, Valadares, Praza da Estrela, Relfas-Sárdoma, Rosalía de Castro-Coia, Cabral-Caeiro, Bouzas e Gota de Leche
  • Súmanse ademais as prazas ofrecidas nas escolas concertadas, nas de iniciativa social así como aquelas sostidas a través do Bono Concilia e as municipais.