LA FUNDACIÓN TITANIC DESMONTA LA FALSA NOTICIA SOBRE EL INCENDIO A BORDO DEL «BUQUE DE LOS SUEÑOS»
¿HA SIDO UNA INOCENTADA LA NOTICIA DEL «INCENDIO DEL TITANIC» ?
Los análisis científicos realizados en Boston al casco del Titanic rechazan cualquier incendio a bordo.
Ninguno de los 712 supervivientes, tripulantes y pasajeros, vio nunca ningún incendio.
Para Jesús Ferreiro, presidente de la Fundación Titanic, y creador de todas las exposiciones que se han producido en Europa, donde se detallan las causas reales del hundimiento del Titanic, esta noticia del incendio a bordo le parece una autentica inocentada y sin absolutamente ninguna base real en la que se basa.
La Fundación Titanic recuerda que en el siniestro del Titanic, ocurrido en la noche del 14 al 15 de abril de 1912, en el que perdieron su vida 1495 personas, hubo 712 que se salvaron, muchas de las cuales, sobre todo tripulantes, tuvieron que declarar ante un jurado sobre lo que pasó a bordo en esa trágica noche.
Ninguno de los supervivientes, ni tripulantes ni pasajeros, declaró, nunca, haber visto ni oído hablar de ningún incendio a bordo. Tampoco ninguno de los supervivientes a los que entrevistó Jesús Ferreiro en su etapa de periodista del programa de radio «Onda Pesquera», a los que preguntó, entre otras cosas concretas, por si había habido alguna explosión o incendio a bordo, todos, sin excepción, respondieron negativamente.
La inocentada del incendio se basa en una fotografía que, en primer lugar, nadie puede certificar que pertenezca al Titanic, y en segundo lugar, es muy aventurado afirmar que, por la imagen que muestran, eso fue un incendio, porque más parece una mancha¡¡¡
Las causas del hundimiento están, desde hace algunos años, aclaradas científica y documentalmente, tanto por el material que se ha subido a la superficie como por los imágenes de rayos X e infrarrojos que se han realizado de los restos del buque, donde claramente se demuestra que el único motivo del hundimiento del Titanic fue el roce con el iceberg, justo en la zona de la cartería de abordo.
Además, se ha subido a la superficie una parte del casco, precisamente del costado de estribor, donde, en el Laboratorio mejor preparado del mundo, en Boston (EE.UU.), se demostró en primer lugar la excelente calidad del acero del casco, y, que en el 12 % de los remaches analizados, la elevada cantidad de escoria, fue lo que le restó fuerza. Hay que tener en cuenta que las planchas del casco del Titanic estaban unidas por más de tres millones de remaches, y que el 12 % de más de tres millones son muchos remaches. (Es como si construimos una casa con mezcla de arena en el cemento superior a la permitida…seguramente la casa se cae..)
En la exposición «Titanic The Reconstruction», que actualmente se puede visitar en el Palacio Euskalduna de Bilbao, se demuestra, con datos científicos, y pruebas, que las causas del hundimiento del Titanic solo fueron la rotura de los remaches por su alto nivel de escoria.
El autor de esta noticia se atreve a afirmar, además, que el gerente de la compañía, Joseph Bruce Ismay, «obligo» a la tripulación a guardar silencio sobre este incendio, pero se olvida de mencionar que, precisamente esa misma tripulación, acusó a Bruce Ismay de indigno y cobarde, por haber abandonado el Titanic a bordo de un bote salvavidas ocupando el opuesto de una mujer….por este motivo fue repudiado por la sociedad londinense y acabó suicidándose¡¡¡
Como inocentada está regularmente construida, pero como noticia, a la Fundación Titanic le parece una tomadura de pelo¡¡¡
Comeza o ano Carlos Casares na Editorial Galaxia
Neste 2017 Carlos Casares é o autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas, polo que durante todo o ano sucederanse actos, homenaxes, lecturas coas que actualizar a súa figura e a súa obra
Carlos Casares estará unido por sempre á Editorial Galaxia, porque neste selo escribiu practicamente toda a súa obra e co tempo converteuse no seu editor e no primeiro director xeral. Este ano que acaba de comezar estará cheo de homenaxes, pero ningunha como a de ler os seus libros. Sen dúbida, Carlos Casares foi un dos máis grandes narradores galegos da segunda metade do século XX, tamén un gran narrador oral como lembran os seus amigos. Dende os anos 60 cando se insuflou das técnicas renovadoras de autores como Joyce, Kafka, Proust ou Pavese ata unha segunda etapa simplificadora de técnicas experimentais e movido polo desexo de gañar lectores e lectoras.
Para esta editorial vai ser un ano importante porque debemos conseguir que Carlos Casares chegue a cada casa deste país, que os seus libros estean nas mans dos galegos e das galegas, porque ese sería o éxito da celebración, ler a Carlos Casares que é un escritor desta Galaxia, pero tamén deste tempo.
Dentro das actividades que temos pensando levar a cabo hai moitas relacionadas co público infantil, pois Carlos Casares foi un dos primeiros en decatarse da importancia de que os nenos e as nenas poidan ler dende o inicio en galego. A súa preocupación polo futuro do galego pasaba pola escolarización e pola aprendizaxe da lecto-escritura na nosa lingua. E así nacen títulos como A galiña azul (1968), As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas(1973), O can Rin e o lobo Crispín (1983) e en 1991 comeza a publicar a serie de Toribio conEste é Toribio, que ten por protagonista un rapaz inventor de oito anos. Neste mes de xaneiro a Editorial Galaxia publicará enteira esta serie actualizada e modernizada e xa contamos tamén cos outros títulos para que o público infantil non perda a oportunidade de coñecer a Carlos Casares a través da súa imaxinación.
Tamén neste mes de xaneiro verán á luz os últimos volumes de Á marxe, aqueles artigos publicados La Voz de Galicia durante tantos anos nun diálogo constante co público, un dietario persoal onde a vida discorre coma un fluxo permanente. Oito volumes que conteñen o mellor do Carlos Casares columnista.
A Editorial Galaxia aposta tamén por recoller os seus mellores relatos nunha nova edición e, por suposto, por facer unha biografía rigorosa que nos leve a coñecer mellor ao autor, pero tamén á persoa e que está ao cargo do profesor da USC e secretario da Real Academia Galega Henrique Monteagudo.
Sen esquecer o Carlos Casares novelista, aqueles primeiros contos de Vento ferido (1967) ou os de Os escuros soños de Clío (1979); as novelas Cambio en tres (1969) ou Xoguetes para un tempo prohibido (1975) onde xoga co experimentalismo. Tamén as catro últimas novelas dunha segunda etapa na que Casares quixo conectar co público e buscar un estilo sinxelo, que non simple, por esta razón opta tamén polo realismo. Ilustrísima (1980) responde ben a este propósito, unha historia chea de ironía e humor. Os mortos daquel verán (1987), unha novela que trata a confrontación violenta entres os poderes fácticos e o progreso e onde a violencia segue a estar moi presente. Deus sentado nun sillón azul (1996) é unha das máis importantes novelas de Casares, e a última achega O sol do verán (2002), segundo o críticos, de maior riqueza simbólica de Casares, así en palabras de Ángel Basanta nesta novela “culmina a intensidade do lirismo acadado pola coidadosa elaboración poética en imaxes que son exemplo da mellor literatura feita cos vimbios da natureza que lle é propia”.
Moitos Casares por descubrir este ano que acaba de comezar e moitas propostas que iremos debullando ao longo do ano porque Carlos Casares foi un escritor para un país e o país ten que coñecelo e gozalo. Comeza o ano Casares na Editorial Galaxia….
Quebranoces en Afundación en Pontevedra e Vigo
Afundación acollerá, o sábado e o domingo, nas cidades de Vigo e Pontevedra, respectivamente, o espectáculo de ballet Quebranoces, da man da compañía de ballet Russian Classical Ballet, con libreto de Marius Petipa y Vasili Vainonen, adaptando o conto de E. T. A. Hoffmann. A función terá lugar o sábado, día 7 de xaneiro, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o domingo, día 8, na Sede Afundación Pontevedra (Augusto González Besada, 2-4), en ambos os casos ás 20.30 h. A representación está estruturada en 2 actos e intervirán nos papeis protagonistas: Evgeniya Bespalova, como Clara, e Denis Karakashev, como príncipe Quebranoces. As entradas están dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade: en Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.
Red Rock Caperucita en Afundación Pontevedra e Vigo
A Sede Afundación Pontevedra acolle o vindeiro sábado 14 de xaneiro ás 20.00 h o espectáculo teatral Red Rock Caperucita, un musical no que se versiona o clásico infantil de Charles Perrault. A seguinte función terá lugar na cidade de Vigo, no Teatro Afundación, o domingo 15 de xaneiro ás 19.30 h. As entradas en ambos os dous casos están dispoñibles a través das canles de venda habituais enataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.