Archive | enero 10, 2017

El Gobierno realizará una nueva subasta de renovables en las islas

* Permitirá competir a las distintas tecnologías de manera que se abarate el coste para el consumidor

10.01.17. El Gobierno prevé realizar una nueva subasta de energía renovable en las islas en el primer cuatrimestre de 2017. Esta nueva subasta se une a la que está ya prevista para la península y confirma el compromiso de España para cumplir los objetivos contra el cambio climático.

Nuestro país se encuentra actualmente por encima de la senda prevista para cumplir el objetivo del 20% de renovables en 2020 (en 2014, alcanzó un 17,3% frente al 12,1% previsto). Se situó así por delante de la mayoría de países de nuestro entorno (5,5% de Holanda, 7% de Reino Unido, 13,8% de Alemania o 14,3% de Francia según Eurostat).

Para seguir avanzando en el cumplimiento de los objetivos contra el cambio climático, el Gobierno viene impulsando la introducción de nueva energía renovable en el sistema eléctrico español, y de manera especial en las islas.

La introducción de renovables en las islas presenta múltiples ventajas: sustituye la generación actual de origen fósil reduciendo así las emisiones de CO2, mejora la seguridad de suministro y supone una reducción del coste de generación de dichos sistemas, lo que se traduce en un menor precio para el consumidor.

La subasta permitirá competir en igualdad de condiciones a las distintas tecnologías, de forma que resulte adjudicada aquella que suponga un menor coste para el consumidor eléctrico.

nota-de-prensa-05-01Os máis pequenos da casa terán este mes de xaneiro no Gaiás o seu propio festival de cine: Pequefilmes, con proxeccións,
premios do público e obradoiros
familiares cos que descubrir a
maxia da séptima arte.
Durante a fin de semana do 14 e 15 de xaneiro, o Museo Centro Gaiás proxectará máis dede 40 curtametraxes destinadas a dúas franxas de idade: de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos, co obxectivo
de cada grupo de público teña unha proposta axeitada a súa idade, intereses
e gustos. As curtas seleccionadas ofrecen unha pluralidade de temas, puntos
de vista e historias, incidindo en numerosos aspectos sociais i éticos sen perder
de vista nunca o divertimento.
Ademais, tras o visionado das curtas, cada neno poderá valorar os filmes, de xeito que ao final do festival se concederá un premio ás curtas quemáis gustaron,
facendo do público un espectador de cine crítico e curioso.
As curtas seleccionadas en Pequefilmes 2017 son unha mostra representativa da actualidade do cinema infantil contemporáneo en formato miúdo, e concorren
nela algúns dos máis exitosos e premiados traballos dos derradeiros
anos. Ademais, o programa del festival complétase coa proxección da longametraxe O regalo de Molly Mostre, premio a mellor película de animación no
pasado festival de Shangai.
Xunto ás proxeccións, Pequefilmes ofrece catro obradoiros formativos cos que os cativos e os sus pais poderán descubrir o funcionamento do cine dunha forma
lúdica e práctica ao mesmo tempo: Obradoiro de Stop Motion en Cartolina,
Obradoiro de Mesa de Luz, Obradoiro de Stop Motion en Plastilina e
Obradoiro de Sonorización. En breve poderedes consultar toda a programación de Pequefilmes na web da Cidade da Cultura: www.cidadedacultura.gal
Pequefilmes. Festival de Curtas Infantís de Galicia é o primeiro certame cinematográfico destinado ós nenos e nenas que se celebra en Galicia, i está organizado por Gaiás. Cidade da Cultura en colaboración con Cinética.
Cinética está formado por profesionáis especialistas na organización e programación de festivais de cine e outros eventos culturais no estado español con máis de 18 anos de experiencia.
CINETICA
Jorge Rivero
jorge.rivero@cortosfera.es

ESPECIAL FIESTA VIP PARTY – SÁBADO 14 DE ENERO – MIKONOS ISLAND CLUB

vip-party-mikonos_2017ESPECIAL FIESTA VIP PARTY: Este Sábado 14 de Enero en Sala Mikonos a partir de las 23:30 h. y como invitados por el cumpleaños de IVAN RODRIGUEZ, contaremos con la presencia entre otros de: Gonzalo Zambrano (Gran Hermano 14), Yago Hermida (GH12), Gregory Campillo (Coreografo), Albert Novo (Productor & DJ), Alex Casademunt (Aztor), Papa Joe (Cantante, Compositor), Lidia Santos (Modelo / Aztriz) Paula Hellen (MYHYV), Alessandro Livi (GH12+1), Amor (GH9 y Secret Story PT), Saray (GH14), Daniel del Rio (Pekin Express Vip), Rubi (MYHYV) Susana Molina (GH14), Leo Cámara (MYHYV), con Photo Call, animación, actuaciones en directo, Djs invitados, sorpresas y a partir de las 04:00 continuaremos con la «Clousing Party en ROUGE MUSIC CLUB»  con la colaboración de ROCK FM, CADENA 100, Domino´s Pizza, Hotel Compostela, Deboritas, Cuarenta, Johnnie Walker y VilaPower Energy Drink – a partir de las 23:30h. – Entrada 5€ con consumición mínima incluida

A XUNTA DE GALICIA REFORZA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR EN SOBER E SUPERA AS 19.000 HORAS DE ATENCIÓN AO ANO

 

  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 10/01/17

    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. No despacho do conselleiro.
    foto xoán crespo
    10/01/17

    Ambos mandatarios comprometéronse a seguir colaborando en materia social

 

Santiago, 10 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continúa a manter encontros periódicos cos rexedores e rexedoras de Galicia para avanzar, dende o consenso e a colaboración, nas liñas de actuación en materia social encamiñadas a atender ás persoas e familias máis vulnerables e que máis precisan da axuda das administracións públicas. Na xornada de hoxe Rey Varela entrevistouse no seu despacho de San Caetano co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, con quen abordou asuntos de índole social que afectan a esta localidade lucense, entre outros a ampliación do número de beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

 

Neste sentido, o responsable da área social do Goberno galego informou do incremento de 240 horas ao mes na prestación de SAF Dependencia para sumar un total de 19.104 horas anuais de servizo e acadar así unha cobertura de atención a persoas con autonomía limitada superior ao 94% neste municipio. “O obxectivo é conseguir todas as melloras posibles na calidade de vida das familias e das persoas dependentes, para o que continuamos a incorporar de maneira progresiva a máis persoas aos diferentes servizos que integran o sistema autonómico de atención”, indicou Rey Varela.

 

Como nos anteriores encontros que o titular da carteira autonómica de Política Social vén mantendo dende outubro de 2015 cos alcaldes de Galicia, no que tivo lugar hoxe, o conselleiro e o primeiro edil de Sober abordaron outros temas de índole social. “O obxectivo – como lembrou Rey Varela esta mañá – pasa por ir coordinando unha estratexia a nivel autonómico e local que supoña unha mellor optimización e dinamización dos recursos dos que dispoñen as administracións coa finalidade de acadar todas as melloras posibles na calidade de vida dos galegos e galegas”. “Deste xeito, a Xunta de Galicia e as entidades locais adquirimos o compromiso de unir esforzos a prol dunha política social axeitada que se adapte ás necesidades actuais de cada municipio”, concluíu.

 

REY VARELA CONTINUA EN 2017 COA SÚA ROLDA DE ENCONTROS COS REXEDORES GALEGOS PARA IMPULSAR NOVAS VÍAS DE COLABORACIÓN EN MATERIA SOCIAL

  • rey varela con alcalde de Cedeira en edificio Xunta Ferrol

    rey varela con alcalde de Cedeira en edificio Xunta Ferrol

    Ambos mandatarios fixeron un repaso das actuacións realizadas pola Xunta de Galicia neste municipio coruñés e entre as que figuran o incremento do persoal do Plan Concertado

 

Ferrol, 10 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, asegurou esta mañá que “o diálogo, a colaboración e a coordinación entre administracións é o mellor xeito de garantir unhas políticas sociais que verdadeiramente redunden na mellora da calidade de vida dos galegos e galegas”. Rey Varela realizou estas declaracións logo de manter unha xuntanza na delegación territorial da Xunta de Galicia en Ferrol co alcalde do municipio coruñés de Cedeira, Diego Pablo Moreda Gil.

 

Esta reunión enmarcase na rolda de contactos cos rexedores e rexedoras de Galicia que está a manter o responsable da carteira autonómica de Política Social coa finalidade de coñecer de primeira man a situación e as necesidades que teñen neste ámbito os concellos galegos. Así mesmo tamén serviu para afianzar a cooperación emprendida entre as dúas institucións. No marco desta colaboración, o pasado verán a Consellería de Política Social levou a cabo melloras na aula de 1 a 2 anos da escola infantil, pertencente á Rede Galiña Azul, por un importe superior aos 15.000 euros.

Nesta liña, o dirixente autonómico e o local fixeron un repaso dos principais  programas e infraestruturas en materia social que se están a desenvolver na localidade coruñesa. Deste xeito, o conselleiro lembrou que grazas ao incremento do Plan Concertado, o municipio disporá de 0,5 traballadores sociais máis; e que Cedeira conta con 2.976 horas mensuais de atención no Servizo de Atención á Dependencia.

 

Así mesmo, Rey Varela e Moreda Gil tamén abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade en Cedeira.

A XUNTA DE GALICIA DESTINA PRETO DE 1,1 MILLÓNS DE EUROS A FOMENTAR A PROMOCIÓN DA IGUALDADE NOS CONCELLOS DA PROVINCIA

  • 10012017_rpvigosxigualdadeA secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe en Vigo da resolución das axudas para programas de fomento da conciliación, prevención da violencia de xénero e apoio aos CIM
  • O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, resaltou que dous concellos da área territorial, Vigo e Redondela, reciben subvención para as tres liñas de axudas chegando no caso da cidade olívica aos 67.000 euros

 

Vigo, 10 de xaneiro de 2017.- A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, destinará preto de 1,1 millóns de euros aos concellos da provincia de Pontevedra para fomentar a promoción da igualdade.

 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe en rolda de prensa da resolución das axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade 2016, que este ano, en toda Galicia, achegan máis de 3,3 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

 

Coma explicou a secretaria, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, este tipo de axudas distribúense en tres liñas de actuación: programas de fomento da conciliación da vida persoal, laboral  e familiar; prevención e tratamento integral da violencia de xénero; e apoio aos Centros de Información ás mulleres (CIM).

 

A liña de axudas para programas de fomento da conciliación engloba as medidas que os concellos adopten coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras; como por exemplo os bancos de tempo. Neste senso, na provincia son beneficiarios un total de 8 concellos que recibirán preto de 83.000 euros. Vigo, Redondela, Ponteareas, Cerdedo, Sanxenxo, Valga, Cuntis e Silleda son os municipios que percibirán unha achega neste ámbito.

 

A segunda liña, a destinada á prevención e tratamento integral da violencia de xénero, inclúe accións de intervención de carácter integral coas mulleres que sofren este tipo de violencia, os seus fillos e fillas e coas persoas dependentes das vítimas; así como actuacións dirixidas á loita contra a explotación sexual e a prostitución. Neste caso son 4 os concellos que reciben subvención chegando aos 22.000 euros. Vigo, Redondela, A Guarda e Vilagarcía de Arousa son os destinatarios.

 

Por último, o programa de apoio aos Centros de Información da Muller ten coma obxectivo  reforzar a funcionalidade destes centros e consolidar os postos e o perfil profesional das persoas que prestan servizos neles. Este programa recibe a maior contía para apoiar a labor de 26 CIMs da provincia que, en total, recibirán case 990.000 euros. Ademais, e coma resaltou a secretaria xeral, neste caso se chegará a 37 concellos posto que moitos dos CIM solicitaron axudas con xestión compartida. A convocatoria deste ano, como vén sendo habitual, prima os proxectos de xestión compartida e priorizou todas aquelas solicitudes que foron presentadas por agrupacións de concellos e mancomunidades.

 

Así, nesta liña de axudas de apoio aos CIM, reciben subvención os concellos de Vigo, Redondela, Moaña, Cangas, Nigrán, Baiona, O Porriño, Gondomar, Soutomaior (que solicita xunto a Pazos de Borbén e Vilaboa), Lalín (de forma conxunta con Agolada e Rodeiro), Vilagarcía de Arousa, Poio, A Lama (con Cotobade e Fornelos de Montes), Marín, O Grove, Sanxenxo, Caldas de Reis (xunto a Barro e Portas), A Guarda, Silleda, Mancomunidade do Salnés (Cambados, Meis e Ribadumia), Valga (con Moraña), Pontevedra, Bueu, Ponte Caldelas, Ponteareas e A Estrada.

 

Coa resolución destas axudas, a Secretaría Xeral da Igualdade pretende por en valor o papel relevante das entidades locais na difusión do valor da igualdade e transmitir a coordinación e colaboración existente entre as administracións autonómica e a local.

 

Para o Goberno galego as entidades locais son os axentes idóneos para desenvolver iniciativas tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, previr a violencia de xénero e favorecer as condicións de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, ao tratarse das administración máis próximas á cidadanía e máis coñecedoras da situación específica dos seus veciños e veciñas.

 

Por último, o delegado da Xunta en Vigo agradeceu á secretaria xeral que estivese hoxe na cidade para informar sobre estas axudas facendo especial fincapé en que dous concellos da área territorial, o de Vigo e o de Redondela, reciben subvención nas tres liñas de axuda sendo dos poucos concellos da provincia que se benefician dos tres programas. No caso de Vigo a axuda total chega aos 67.000 euros e, no de Redondela, 57.210 euros. Ademais, resaltou a importancia de difundir e fomentar a promoción da igualdade e a aposta da Xunta de Galicia para colaborar coas entidades locais neste ámbito.

concerto de Airas Ensemble. sábado, 14 de xaneiro, 19.00h Fundación Laxeiro

AIRAS ENSEMBLE EN CONCERTO

unnamed-3

SÁBADO, 14 DE XANEIRO, 19.00h

Entrada gratuíta ata completar aforo

 

PROGRAMA

Jesús Bal y Gay 
Divertimento para cuarteto de maderas

 

  1. Allegro moderato

 

  1. Allegro vivo

———-

Darius Milhaud
La Cheminée du roi René op.205

  1. Cortège

  2. Aubade

VII. Madrigal-Nocturne

Airas ensemble presenta o seu primeiro disco nun concerto no que interpretarán obras de Jesús Bal y Gay e Darius Milhaud, como unha pequena mostra do que se pode escoitar no seu primeiro CD, editado polo selo catalán Columna música, con obras de Poulenc, Milhaud, Jolivet e a primeira gravación mundial do Divertimento para maderas do compositor galego Jesús Bal y Gay, un dos autores máis interesantes da Xeración da República.

 

A gravación desta peza do compositor galego, supón unha auténtica primicia, debido a que á a primeira vez que se rexistra fonográficamente, a partir da partitura manuscrita do autor, que se conserva na Residencia de Estudiantes de Madrid, debido a que a peza permanece sen editar.

 

O Airas ensemble é un quinteto de vento, formado por solistas galegos, procedentes da NDR Radiophilharmonie Hannover, Bilbo Orkestra Sinfónika, European Chamber Players, Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra 430 de Vigo.

 

O proxecto nace en 2011, co propósito de difundir a música camerística de vento, principalmente do século XX, tratando de mostrar as posibilidades sonoras dos instrumentos de vento e conseguindo así unha interesante variedade de estilos e resultados tímbricos que, ás veces combinan con outros instrumentos como o piano, como sucedeu recentemente coa colaboración co pianista Enrique Bagaría, gañador do Premio María Canals de Barcelona.

Proximamente, en Vigo | Xosé Antonio Touriñán co Monólogo do imbéci

O humor de Xosé Antonio Touriñán chega este mes ao Teatro Afundación de Vigo
Meu Ben
              - Eme2
Cando
Venres, 27 de xaneiro, ás 20h30

Ataquilla.com

Onde
Teatro Afundación
Policarpo Sanz 13  36202 Vigo

O popular cómico interpreta o Monológo do Imbécil, texto que recibiu o Premio MAX do Teatro 2003. As entradas xa están á venda

Vigo, 10 de xaneiro.- O venres 27 de xaneiro, o popular cómico galego Xosé Antonio Touriñán chega ao Teatro Afundación de Vigo co Monólogo do imbécil, un texto de José Prieto que recibiu o Premio Max de Teatro en 2003 e no que «hai moito humor, pero tamén moita tenrura e outras sensacións». As entradas xa están á venda na plataforma Ataquilla.com, dende 10,80€ máis gastos.

O Monólogo do imbécil afástase bastante do formato televisivo do gag e do chistes e preséntanos unha nova faceta de Touriñán, ao transformalo en Santi, un pobre diaño ao que todo lle sae mal, a pesar dos seus moitos intentos por levar unha vida normal. «O protagonista é un imbécil ao que todo lle sae ao revés, pero é un imbécil no bo sentido, porque ten outras cualidades e iso fai que empaticemos con el», di o cómico dun personaxe que para el supuxo un «regalazo». Iso si, para darlle vida tivo que esforzarse moito. «Estar só non escenario durante máis dunha hora non é nada doado. Con esta peza entrei nun espazo de non-comfort que me obrigou a traballar moitísimo e a memorizar un texto como nunca antes ou fixera… ¡Coido que para esta obra tiven que estudar máis que para terminar a carreira!» comenta o televisivo actor.

Sinopse
A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir á escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar cunha rapaza coma todo o mundo, pero sempre sucede algo que acaba deixándoo con cara de parvo. É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: “Que fago eu aquí… coma un imbécil”. Así que un día decide mirar atrás na súa biografía para ver de buscarlle o sentido ás cousas, e remóntase ao momento mesmo da súa concepción e aínda máis, a cando só existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo despistado, e comeza a falalo todo desde o principio ata o preciso momento en que llo conta ao público.

Equipo
Autor: Jose Prieto
Intérprete: Xosé Antonio Touriñan
Dirección: Jose Prieto
Asesoramento lingüístico: Sandra Romaris e Xocas López
Espazo sonoro e iluminación: Anxo Graña
Vestiario: Mari Seoane
Maquillaxe: Susana Veira Castellvi
Fotografía: Aigi Boga
Deseño gráfico: Roi Fernández (LeGráfica)
Comunicación: Sonia Díaz
Deseño de produción: Julio Perugorría
Produción executiva: Mercedes Castro
Técnico en xira: Anxo Graña
Distribución: Julio Perugorría
Premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega.

A XUNTA DE GALICIA DESTINA PRETO DE 1,1 MILLÓNS DE EUROS A FOMENTAR A PROMOCIÓN DA IGUALDADE NOS CONCELLOS DA PROVINCIA

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe en Vigo da resolución das axudas para programas de fomento da conciliación, prevención da violencia de xénero e apoio aos CIM
  • O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, resaltou que dous concellos da área territorial, Vigo e Redondela, reciben subvención para as tres liñas de axudas chegando no caso da cidade olívica aos 67.000 euros

 

Vigo, 10 de xaneiro de 2017.- A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, destinará preto de 1,1 millóns de euros aos concellos da provincia de Pontevedra para fomentar a promoción da igualdade.

 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe en rolda de prensa da resolución das axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade 2016, que este ano, en toda Galicia, achegan máis de 3,3 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

 

Coma explicou a secretaria, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, este tipo de axudas distribúense en tres liñas de actuación: programas de fomento da conciliación da vida persoal, laboral  e familiar; prevención e tratamento integral da violencia de xénero; e apoio aos Centros de Información ás mulleres (CIM).

 

A liña de axudas para programas de fomento da conciliación engloba as medidas que os concellos adopten coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras; como por exemplo os bancos de tempo. Neste senso, na provincia son beneficiarios un total de 8 concellos que recibirán preto de 83.000 euros. Vigo, Redondela, Ponteareas, Cerdedo, Sanxenxo, Valga, Cuntis e Silleda son os municipios que percibirán unha achega neste ámbito.

 

A segunda liña, a destinada á prevención e tratamento integral da violencia de xénero, inclúe accións de intervención de carácter integral coas mulleres que sofren este tipo de violencia, os seus fillos e fillas e coas persoas dependentes das vítimas; así como actuacións dirixidas á loita contra a explotación sexual e a prostitución. Neste caso son 4 os concellos que reciben subvención chegando aos 22.000 euros. Vigo, Redondela, A Guarda e Vilagarcía de Arousa son os destinatarios.

 

Por último, o programa de apoio aos Centros de Información da Muller ten coma obxectivo  reforzar a funcionalidade destes centros e consolidar os postos e o perfil profesional das persoas que prestan servizos neles. Este programa recibe a maior contía para apoiar a labor de 26 CIMs da provincia que, en total, recibirán case 990.000 euros. Ademais, e coma resaltou a secretaria xeral, neste caso se chegará a 37 concellos posto que moitos dos CIM solicitaron axudas con xestión compartida. A convocatoria deste ano, como vén sendo habitual, prima os proxectos de xestión compartida e priorizou todas aquelas solicitudes que foron presentadas por agrupacións de concellos e mancomunidades.

 

Así, nesta liña de axudas de apoio aos CIM, reciben subvención os concellos de Vigo, Redondela, Moaña, Cangas, Nigrán, Baiona, O Porriño, Gondomar, Soutomaior (que solicita xunto a Pazos de Borbén e Vilaboa), Lalín (de forma conxunta con Agolada e Rodeiro), Vilagarcía de Arousa, Poio, A Lama (con Cotobade e Fornelos de Montes), Marín, O Grove, Sanxenxo, Caldas de Reis (xunto a Barro e Portas), A Guarda, Silleda, Mancomunidade do Salnés (Cambados, Meis e Ribadumia), Valga (con Moraña), Pontevedra, Bueu, Ponte Caldelas, Ponteareas e A Estrada.

 

Coa resolución destas axudas, a Secretaría Xeral da Igualdade pretende por en valor o papel relevante das entidades locais na difusión do valor da igualdade e transmitir a coordinación e colaboración existente entre as administracións autonómica e a local.

 

Para o Goberno galego as entidades locais son os axentes idóneos para desenvolver iniciativas tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, previr a violencia de xénero e favorecer as condicións de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, ao tratarse das administración máis próximas á cidadanía e máis coñecedoras da situación específica dos seus veciños e veciñas.

 

Por último, o delegado da Xunta en Vigo agradeceu á secretaria xeral que estivese hoxe na cidade para informar sobre estas axudas facendo especial fincapé en que dous concellos da área territorial, o de Vigo e o de Redondela, reciben subvención nas tres liñas de axuda sendo dos poucos concellos da provincia que se benefician dos tres programas. No caso de Vigo a axuda total chega aos 67.000 euros e, no de Redondela, 57.210 euros. Ademais, resaltou a importancia de difundir e fomentar a promoción da igualdade e a aposta da Xunta de Galicia para colaborar coas entidades locais neste ámbito.

Sólo quedan dos semanas. Participa en «Havana Club 7. La noche en una imagen»

unnamedEl próximo 22 de enero se cerrará el plazo de inscripción para participar en el concurso de fotografía Havana Club 7. La noche en una imagen. Esta convocatoria online busca imágenes, de fotógrafos aficionados o profesionales, capaces de transmitir la exuberancia de la noche y que respondan al tema La noche en una imagen.

Los participantes deberán registrarse y subir sus imágenes en la página webwww.havanaclub7-fotosafari.com. Un jurado especializado elegirá a 20 finalistasque participarán en un Safari Fotográfico Nocturno, en el que elaborarán un porfolio que será publicado en la web del concurso. El jurado elegirá una selección de fotografías entre los porfolios que se expondrán en La Fábrica en una muestra colectiva. De esta selección saldrán una fotografía ganadora, premiada con 1000 euros, y dos finalistas, galardonadas con 500 euros cada una. +info.