nota-de-prensa-05-01Os máis pequenos da casa terán este mes de xaneiro no Gaiás o seu propio festival de cine: Pequefilmes, con proxeccións,
premios do público e obradoiros
familiares cos que descubrir a
maxia da séptima arte.
Durante a fin de semana do 14 e 15 de xaneiro, o Museo Centro Gaiás proxectará máis dede 40 curtametraxes destinadas a dúas franxas de idade: de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos, co obxectivo
de cada grupo de público teña unha proposta axeitada a súa idade, intereses
e gustos. As curtas seleccionadas ofrecen unha pluralidade de temas, puntos
de vista e historias, incidindo en numerosos aspectos sociais i éticos sen perder
de vista nunca o divertimento.
Ademais, tras o visionado das curtas, cada neno poderá valorar os filmes, de xeito que ao final do festival se concederá un premio ás curtas quemáis gustaron,
facendo do público un espectador de cine crítico e curioso.
As curtas seleccionadas en Pequefilmes 2017 son unha mostra representativa da actualidade do cinema infantil contemporáneo en formato miúdo, e concorren
nela algúns dos máis exitosos e premiados traballos dos derradeiros
anos. Ademais, o programa del festival complétase coa proxección da longametraxe O regalo de Molly Mostre, premio a mellor película de animación no
pasado festival de Shangai.
Xunto ás proxeccións, Pequefilmes ofrece catro obradoiros formativos cos que os cativos e os sus pais poderán descubrir o funcionamento do cine dunha forma
lúdica e práctica ao mesmo tempo: Obradoiro de Stop Motion en Cartolina,
Obradoiro de Mesa de Luz, Obradoiro de Stop Motion en Plastilina e
Obradoiro de Sonorización. En breve poderedes consultar toda a programación de Pequefilmes na web da Cidade da Cultura: www.cidadedacultura.gal
Pequefilmes. Festival de Curtas Infantís de Galicia é o primeiro certame cinematográfico destinado ós nenos e nenas que se celebra en Galicia, i está organizado por Gaiás. Cidade da Cultura en colaboración con Cinética.
Cinética está formado por profesionáis especialistas na organización e programación de festivais de cine e outros eventos culturais no estado español con máis de 18 anos de experiencia.
CINETICA
Jorge Rivero
jorge.rivero@cortosfera.es

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: