Proximamente, en Vigo | Xosé Antonio Touriñán co Monólogo do imbéci

O humor de Xosé Antonio Touriñán chega este mes ao Teatro Afundación de Vigo
Meu Ben
              - Eme2
Cando
Venres, 27 de xaneiro, ás 20h30

Ataquilla.com

Onde
Teatro Afundación
Policarpo Sanz 13  36202 Vigo

O popular cómico interpreta o Monológo do Imbécil, texto que recibiu o Premio MAX do Teatro 2003. As entradas xa están á venda

Vigo, 10 de xaneiro.- O venres 27 de xaneiro, o popular cómico galego Xosé Antonio Touriñán chega ao Teatro Afundación de Vigo co Monólogo do imbécil, un texto de José Prieto que recibiu o Premio Max de Teatro en 2003 e no que «hai moito humor, pero tamén moita tenrura e outras sensacións». As entradas xa están á venda na plataforma Ataquilla.com, dende 10,80€ máis gastos.

O Monólogo do imbécil afástase bastante do formato televisivo do gag e do chistes e preséntanos unha nova faceta de Touriñán, ao transformalo en Santi, un pobre diaño ao que todo lle sae mal, a pesar dos seus moitos intentos por levar unha vida normal. «O protagonista é un imbécil ao que todo lle sae ao revés, pero é un imbécil no bo sentido, porque ten outras cualidades e iso fai que empaticemos con el», di o cómico dun personaxe que para el supuxo un «regalazo». Iso si, para darlle vida tivo que esforzarse moito. «Estar só non escenario durante máis dunha hora non é nada doado. Con esta peza entrei nun espazo de non-comfort que me obrigou a traballar moitísimo e a memorizar un texto como nunca antes ou fixera… ¡Coido que para esta obra tiven que estudar máis que para terminar a carreira!» comenta o televisivo actor.

Sinopse
A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir á escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar cunha rapaza coma todo o mundo, pero sempre sucede algo que acaba deixándoo con cara de parvo. É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: “Que fago eu aquí… coma un imbécil”. Así que un día decide mirar atrás na súa biografía para ver de buscarlle o sentido ás cousas, e remóntase ao momento mesmo da súa concepción e aínda máis, a cando só existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo despistado, e comeza a falalo todo desde o principio ata o preciso momento en que llo conta ao público.

Equipo
Autor: Jose Prieto
Intérprete: Xosé Antonio Touriñan
Dirección: Jose Prieto
Asesoramento lingüístico: Sandra Romaris e Xocas López
Espazo sonoro e iluminación: Anxo Graña
Vestiario: Mari Seoane
Maquillaxe: Susana Veira Castellvi
Fotografía: Aigi Boga
Deseño gráfico: Roi Fernández (LeGráfica)
Comunicación: Sonia Díaz
Deseño de produción: Julio Perugorría
Produción executiva: Mercedes Castro
Técnico en xira: Anxo Graña
Distribución: Julio Perugorría
Premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: