LÓPEZ-CHAVES VISITA O CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE RIVERA ATIENZA, QUE OFRECE MÁIS DE 20 ACTIVIDADES PARA UNS 900 USUARIOS

11012017_csriveraatienza2Vigo, 11 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá o Centro Sociocomunitario de Rivera Atienza, no Calvario. Acompañado pola súa directora, Begoña Amigo Campo, López-Chaves percorreu as instalacións onde se imparten máis de 23 actividades formativas e de ocio e charlou con algúns dos seus usuarios e usuarias que, ao ano, chegan a ser uns 900. Coñeceu a adega, a solaina –onde agora mesmo se atopa unha cafetería que da uso a todo o barrio-, a biblioteca e as distintas estancias deste antigo pazo que foi rehabilitado para destinalo a centro social dependendo agora da Consellería de Política Social.

 

Obradoiros de memoria, baile, coral, bolillos, corte e confección, gaita, ukelele, guitarra, horta e xardín, inglés, ioga, ilustración e cómic, informática ou técnicas decorativas ou debuxo e color son algunhas das actividades que se ofrecen neste centro que se ubica nunha prestixiosa edificación patrimonial.

 

O pazo de Rivera Atienza conta cunha planta en forma de U que presenta pechados os extremos dos corpos laterais por un muro con escudo e portalón de entrada que dá acceso a un patio con escaleira que conduce á planta principal. Destaca a súa ampla solaina que se abre na fachada posterior do edificio así como o impoñente portalón de entrada a base dun xogo arquitectonico-estrutural verdadeiramente enxeñoso con escudo ovalado. A súa fundación hai que poñela en relación con Don Pedro González de Rivera e Dona Juana Núñez Falcón a finais do século XVII.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: