España logra un récord de llegadas de turistas internacionales, con 75,3 millones en 2016
* El año cerrará con un aumento del 9,9% de llegadas respecto a 2015
* El gasto total ascendió a 77.000 millones de euros, cifra también récord, y que supone un incremento del 8,3% respecto a 2015
12.01.17. El turismo español batió en 2016 su récord de visitantes internacionales con la llegada de 75,3 millones de turistas, lo que supone un incremento del 9,9% respecto al 2015, según la estimación de cierre del año adelantada hoy por el ministro de Energía, Turismo y Agenda Digital, Álvaro Nadal.
El gasto total realizado por los turistas que visitaron España ascendió a 77.000 millones de euros, cifra también récord, y que representa un incremento del 8,3% respecto al año anterior. Igualmente, el gasto medio por turista experimentó en 2016 un crecimiento del 3,75% y llegó a los 1.023 euros por persona. Asimismo, el gasto medio diario alcanzó los 138 euros con un incremento del 6,5% respecto a 2015.
Estos datos han sido elaborados sobre la información de Turespaña y las estadísticas que aportan las encuestas FRONTUR y EGATUR del Instituto Nacional de Estadística (INE).
Llegada de turistas de enero a noviembre
Entre los principales mercados emisores entre enero y noviembre, y según la Estadística de Movimientos Turísticos en Fronteras (FRONTUR) publicada hasta la fecha y realizada por el INE, destaca especialmente la fortaleza del Reino Unido de donde llegaron casi 17 millones de turistas, lo que ha
supuesto un incremento del 12,3% respecto a los 11 primeros meses de 2015. A continuación, se sitúan Francia, con 10,8 millones de turistas y un crecimiento del 7,1% y Alemania con 10,7 millones de turistas y un aumento del 6,1% en los mismos meses de 2015.
Por destinos nacionales, Cataluña fue la principal comunidad autónoma con más de 17 millones de turistas internacionales, lo que supone un aumento del 3,8% respecto al periodo entre enero y noviembre de 2015. Le siguen Baleares, con 12,9 millones y un crecimiento del 12%, y Canarias con 12 millones y un incremento del 12,7%.
Llegadas %Variación
Total 71.583.486 10,1
Cataluña 17.032.815 3,8
Baleares 12.910.595 12,0
Canarias 12.047.462 12,7
Andalucía 10.145.789 12,9
C. Valenciana 7.463.664 16,8
C. Madrid 5.320.453 12,6
País Vasco 1.334.977 -11,4
Castilla y León 1.178.839 42,7
Galicia 1.021.536 -19,7
Región de Murcia 942.137 23,4
Aragón 627.432 64,7
Cantabria 370.318 -8,3
C.F. Navarra 293.009 22,5
Principado de Asturias 280.094 16,3
Extremadura 238.737 31,3
Castilla-La Mancha 219.180 32,8
La Rioja 144.627 89,0
Ceuta y Melilla 11.821 158,0
Incremento del gasto de enero a noviembre
En el resultado acumulado hasta noviembre de 2016, según datos del INE, el gasto creció en todas las comunidades autónomas, entre las que destaca especialmente el aumento en la Comunidad de Madrid (14,7%), Comunidad Valenciana (13,6%), Canarias (10,7%) y Baleares (10,4%).
En cuanto a los países emisores y en el mismo periodo del año anterior, sobresale el crecimiento del gasto en los turistas británicos (12,2%). Le siguen los países nórdicos con un incremento del 7,10%, Francia (7,56%) y Alemania (4,7%).
‘La vida moderna’ no Teatro Afundación Vigo
Afundación presenta no seu Teatro de Vigo o vindeiro sábado 21 de xaneiro ás 20.30 h o espectáculo de humor protagonizado por Quequé, Ignatius e David Broncano titulado La vida moderna. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais de Afundación, en Ataquilla.com ou no teléfono 9802 504 500.
A ÁREA DE INFLUENCIA DE VIGO É A COMARCA DE TODA GALICIA CO MAIOR NÚMERO DE DOAZÓNS DE SANGUE, SUPERANDO AS 18.000 ANUAIS
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse esta mañá ata a unidade móbil do CTG que se instalou na porta principal do edificio administrativo para apoiar a doazón
- Foron varios os traballadores e cidadáns que se achegaron ata a unidade móbil ao longo da xornada de hoxe para colaborar coa doazón de sangue
- Dende a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos sinalan que na nosa Comunidade se precisan entre 400 e 500 doazóns cada día
Vigo, 12 de xaneiro de 2017.- A área de influencia de Vigo é a comarca de toda Galicia co maior número de doazóns de sangue chegando o dato de 2015 –última cifra rexistrada- a un total de 18.393 doazóns.
Ademais, seguindo esta mesma liña, Vigo é a cidade galega co maior número de doazóns de sangue con 13.835 no ano 2015 e superando ademais a taxa de doazón de Galicia en 7 puntos posto que ten acadado un índice de 47 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano.
Esta mañá, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) instalouse na porta principal do edificio administrativo da Xunta en Vigo e o delegado territorial, Ignacio López-Chaves, achegouse ata a mesma para apoiar a doazón de sangue do mesmo xeito que o fixeron funcionarios e cidadáns que a visitaron ao longo da xornada de hoxe.
López-Chaves destacou a solidaridade dos vigueses e viguesas que cada ano doan sangue a través das 10 unidades que percorren Galicia diariamente e os puntos máis transitados das grandes cidades para que os cidadáns que así o queiran poidan colaborar con eles. Neste senso, fixo especial mención a aportación significativa que realiza cada ano o grupo PSA que, coma subliñou, está preto de acadar as 60.000 doazóns dende a posta en funcionamento das campañas de doazón nas súas instalacións no ano 1995. Tamén a Universidade de Vigo colabora activamente coas campañas de doazón de sangue ao igual que moitas outras empresas e institucións da cidade e a súa área.
Neste punto o delegado salientou tamén a importancia da colaboración da Irmandade de Doadores de Sangue de Vigo e da Asociación de Doadores e Receptores de Órganos que colaboran a prol da creación dunha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue.
Dende a Axencia Galega de Sangue, Tecido e Órganos destacan a importancia da colaboración e a xenerosidade de todos os doadores e doadoras sinalando que na nosa Comunidade se precisan entre 400 e 500 doazóns cada día. Actualmente dispón dun punto fixo de doazón no Hospital Nicolás Peña e de dúas unidades móbiles que, diariamente, desenvolven a súa actividade na área sanitaria viguesa.
Nace o Premio Illa Nova de Narrativa 2017
Coa finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, nace o Premio Illa Nova de Narrativa 60 anos despois de que a Editorial Galaxia abrise unha colección co mesmo nome e obxectivo
O 12 de xaneiro de 1957 Xaime Isla Couto, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell, Francisco Fernández del Riego, entre outros, reunían aos novos valores da literatura galega en Compostela para presentarlles a colección Illa Nova. Naquela xuntanza estaban Xosé Luís Méndez Ferrín, X. L. Franco Grande ou Xosé Manuel Beiras para celebrar unha nova canle expresiva que nacía para eles.
Xohana Torres, Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar “Nova Narrativa Galega”.
Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, nace o Premio Illa Nova de Narrativa. 60 anos despois recuperamos o espírito de dar voz á xeración máis nova co obxectivo de estimular a creación.
Poden participar aqueles autores e autoras menores de 35 anos que teñan unha novela ou un conxunto de relatos. O premio está dotado con 3.000 euros e a obra gañadora será publicada na colección Literaria da Editorial Galaxia.
Pódense enviar os orixinais ata o 31 de marzo e o fallo darase a coñecer no mes de abril nun acto de entrega que se celebrará en Vigo.
Materiais para descarga: Bases
O Festival Primavera do Cine en Vigo abrirá mañá a convocatoria da súa VI edición
Reencanto Produccións, como entidade organizadora, lanzará as bases da que será a sexta edición do festival, que se celebrará en Vigo durante a primavera, dos días 5 ao 14 de maio. O período de recepción de filmes abranguerá desde o día 12 de xaneiro ata o día 21 de febreiro. As produtoras e cineastas interesados en enviar os seus traballos poden acceder ás bases e ao formulario de inscrición a través da webprimaveradocine.com.
LÓPEZ-CHAVES MANTÉN UN ENCONTRO COA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DO CASCO VELLO DE VIGO, ONDE TRATARON A SITUACIÓN DO APARCADOIRO MUNICIPAL DE PORTA DO SOL
O delegado da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) requiriu ao Concello que poña unha solución ao peche do aparcadoiro municipal para destinalo a residentes coma pediu hai meses
- No transcurso da reunión falaron tamén de asuntos culturais e sociais que organiza a asociación do barrio histórico
Vigo, 11 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, mantivo esta mañá unha reunión coa nova xunta directiva da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello tras o proceso de renovación que levou a cabo hai unhas semanas.
No transcurso do encontro, un dos principais problemas que trataron e que lle trasladaron os veciños foi a situación do aparcadoiro municipal da Porta do Sol que nestes momentos se atopa pechado dende hai máis dun ano.
O delegado explicoulles que dende o CCVV xa se lle pediu ao Concello que buscase solucións ao respecto posto que é unha das principais cuestións que abordan os novos residentes que van a vivir aos edificios rehabilitados polo organismo, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e no 10% restante polo goberno local. López-Chaves significou así a “preocupación” dos veciños “pola perda de prazas de aparcamento no centro da cidade” e, sobre todo, “para moitos residentes que se atopan na obriga de irse a outras zonas”, segundo lles comentou o colectivo.
O tamén presidente do CCVV volveu a solicitar ao Concello de Vigo que ofreza unha solución a este problema xa que, agora mesmo e tras a reversión da concesión a finais do ano 2015, o aparcadoiro de Porta do Sol “é municipal e non temos noticias do que se vai a facer”. “Ter un aparcamento pechado no centro de Vigo non axuda para nada a afianzar o traballo do Consorcio e a chegada de nova poboación”, considerou López-Chaves, que falou cos veciños do barrio de varias alternativas e solucións a este problema pero que todas elas pasan por un acordo co goberno local. “Está nas súas mans”, dixo.
Entre as opcións que explicou aos medios, existe a posibilidade de que o Concello saque unha nova concesión do aparcadoiro “cun número de prazas suficientes” para residentes; que faga unha xestión directa do mesmo e o ceda a un colectivo ou á propia asociación veciñal para os residentes ou, por último, que o cedese ao Consorcio para destinalo despois a residentes. Todas estas alternativas, dixo, buscan un único obxectivo: que os veciños e veciñas do Casco Vello teñan aparcamento a prezos razoables. “Existen múltiples solucións pero pasaron 16 meses e soamente hai pouca dilixencia por parte do Concello. O único que non é admisible é que a día de hoxe estea pechado”, considerou o delegado e presidente do organismo.
Por último, e a maiores deste asunto, a nova xunta directiva do colectivo veciñal trasladoulle tamén a López-Chaves outros temas de ámbito cultural e social que se organizan dende a asociación e que buscan a colaboración da Administración autonómica.
A CIG reclamará no Xulgado a execución de parte da débeda do persoal de GEA
Persoal da antiga fábrica de louza volveu mobilizarse hoxe en Vigo
Vigo-Pontevedra – 11 Xan 2017
A CIG anunciou hoxe que lle solicitará ao Xulgado que execute a débeda que manteñen unha inmobiliaria e un bufete de avogados coas ex traballadoras/es do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) que representa a central. O grupo de afectadas/os volveu mobilizarse esta mañá en Vigo para reclamar o pago dos terreos que ocupa a antiga fábrica de louza en Cabral e Coruxo.

A decisión da CIG chega tras varios meses de protestas das ex empregadas/os de GEA para reclamar o abono das débedas pendentes, tanto por parte de dúas inmobiliarias como dun bufete de avogados.
O secretario comarcal de Pontevedra, Marcos Conde, explica que a central intentará así que o Xulgado execute o pago das cantidades recoñecidas pola inmobiliaria El Rocío e polo avogado José Pérez Pousa (un total de 144.000 euros). Con todo, ás afectadas/os aínda lles restaría por ingresar os máis de dous millóns de euros que lles adebeda a inmobiliaria Subel.
Conde detalla que estes 144.000 euros que non foron entregados polo letrado ao grupo de ex traballadoras/es representadas pola CIG, “xa que cando El Rocío lle entregou os cartos -que ascendían a 1,8 millóns de euros- optou por repartilos unicamente entre os seus asesorados/as, pertencentes a CCOO e UGT”. Isto fixo que a central optase por presentar unha demanda na súa contra en 2014, tras a que se chegou a un acordo de recoñecemento da débeda e de liquidación da mesma.
Mais tanto El Rocío como Pousa se negan a abonar a débeda e sinálanse mutuamente como responsábeis do impago. Ademais, en todo caso, pretenden que as afectadas/os acepten unha quita que deixaría cantidade adebedada en 117.000 euros. Diante disto, un grupo de ex traballadoras/es optou por iniciar mobilizaciónsco apoio da CIG tanto diante da sede da inmobiliaria El Rocío como do despacho de Pousa.
Así, hoxe continuaron coas protestas, que se desenvolveron de 10.00 a 11.00 horas na inmobiliaria, siatuada na rúa Colón, e de 11.00 a 12.00 horas no despacho de Pousa, en Urzaiz. Alí despregaron pancartas reclamando o pago das débedas e acusando o letrado de “pufero”.
A débeda de Subel, tamén no Xulgado
Unha vez se solucione o pago destes 144.000 euros, os ex empregados/as de GEA que representa a CIG aínda terían que cobrar máis de dous millóns de euros da inmobiliaria Subel. Dende a central indican que o abono da débeda podería estar cerca xa que o Xulgado de Instrución número 10 de Vigo vén de decretar a apertura das dilixencias para resolver o conflito.
A situación fixo que a afectadas/os optasen por desprazarse recentemente até a Coruña para desenvolver unha protesta diante da sede da Inversiones Subel co obxectivo de reclamar o pago da cantidade adebedada. Tempo despois mobilizáronse nas inmediacións do Obelisco para demandarlle ao propietario da inmobiliaria, o empresario Luis Fernández Somoza, que cumpra os acordos e abone a débeda pendente.