A ÁREA DE INFLUENCIA DE VIGO É A COMARCA DE TODA GALICIA CO MAIOR NÚMERO DE DOAZÓNS DE SANGUE, SUPERANDO AS 18.000 ANUAIS

  • 12012017_doazonvigoO delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse esta mañá ata a unidade móbil do CTG que se instalou na porta principal do edificio administrativo para apoiar a doazón
  • Foron varios os traballadores e cidadáns que se achegaron ata a unidade móbil ao longo da xornada de hoxe para colaborar coa doazón de sangue
  • Dende a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos sinalan que na nosa Comunidade se precisan entre 400 e 500 doazóns cada día

 

Vigo, 12 de xaneiro de 2017.- A área de influencia de Vigo é a comarca de toda Galicia co maior número de doazóns de sangue chegando o dato de 2015 –última cifra rexistrada- a un total de 18.393 doazóns.

 

Ademais, seguindo esta mesma liña, Vigo é a cidade galega co maior número de doazóns de sangue con 13.835 no ano 2015 e superando ademais a taxa de doazón de Galicia en 7 puntos posto que ten acadado un índice de 47 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano.

 

Esta mañá, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) instalouse na porta principal do edificio administrativo da Xunta en Vigo e o delegado territorial, Ignacio López-Chaves, achegouse ata a mesma para apoiar a doazón de sangue do mesmo xeito que o fixeron funcionarios e cidadáns que a visitaron ao longo da xornada de hoxe.

 

López-Chaves destacou a solidaridade dos vigueses e viguesas que cada ano doan sangue a través das 10 unidades que percorren Galicia diariamente e os puntos máis transitados das grandes cidades para que os cidadáns que así o queiran poidan colaborar con eles. Neste senso, fixo especial mención a aportación significativa que realiza cada ano o grupo PSA que, coma subliñou, está preto de acadar as 60.000 doazóns dende a posta en funcionamento das campañas de doazón nas súas instalacións no ano 1995. Tamén a Universidade de Vigo colabora activamente coas campañas de doazón de sangue ao igual que moitas outras empresas e institucións da cidade e a súa área.

 

Neste punto o delegado salientou tamén a importancia da colaboración da Irmandade de Doadores de Sangue de Vigo e da Asociación de Doadores e Receptores de Órganos que colaboran a prol da creación dunha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue.

 

Dende a Axencia Galega de Sangue, Tecido e Órganos destacan a importancia da colaboración e a xenerosidade de todos os doadores e doadoras sinalando que na nosa Comunidade se precisan entre 400 e 500 doazóns cada día. Actualmente dispón dun punto fixo de doazón no Hospital Nicolás Peña e de dúas unidades móbiles que, diariamente, desenvolven a súa actividade na área sanitaria viguesa.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: