Nace o Premio Illa Nova de Narrativa 2017

Coa finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, nace o Premio Illa Nova de Narrativa 60 anos despois de que a Editorial Galaxia abrise unha colección co mesmo nome e obxectivounnamed-3

O 12 de xaneiro de 1957 Xaime Isla Couto, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell, Francisco Fernández del Riego, entre outros, reunían aos novos valores da literatura galega en Compostela para presentarlles a colección Illa Nova. Naquela xuntanza estaban Xosé Luís Méndez Ferrín, X. L. Franco Grande ou Xosé Manuel Beiras para celebrar unha nova canle expresiva que nacía para eles.

Xohana Torres, Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar “Nova Narrativa Galega”.

Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, nace o Premio Illa Nova de Narrativa. 60 anos despois recuperamos o espírito de dar voz á xeración máis nova co obxectivo de estimular a creación.

Poden participar aqueles autores e autoras menores de 35 anos que teñan unha novela ou un conxunto de relatos. O premio está dotado con 3.000 euros e a obra gañadora será publicada na colección Literaria da Editorial Galaxia.

Pódense enviar os orixinais ata o 31 de marzo e o fallo darase a coñecer no mes de abril nun acto de entrega que se celebrará en Vigo.

Materiais para descarga: Bases

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: