A XUNTA CONVOCA A COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO PARA ABORDAR O PROCESO DE INTEGRACIÓN DO AUTOBÚS URBANO

Á xuntanza, que terá lugar o martes, están chamados os representantes dos 13 concellos que forman parte da área de transporte, incluído Vigo, que asinou o convenio de adhesión o pasado xullo

  • O Goberno galego e o Concello de Vigo asinaron o pasado mes de xullo o acordo para a integración do ‘Vitrasa’ ao programa, sen que se teña feito efectiva ata o momento
  • Unha vez que o alcalde de Vigo manifestou onte a súa conformidade coa aplicación práctica do convenio asinado, a Xunta agarda que remita, canto antes, os dispositivos de cobro homologados para o funcionamento da tarxeta de Transporte Metropolitano no autobús urbano

 

Santiago, 13 de xaneiro de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de convocar a Comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano da Área de Vigo co obxectivo de abordar nese foro o estado do proceso de incorporación do autobús urbano da cidade olívica.

 

A xuntanza terá lugar o vindeiro martes ás 10.30 horas na Delegación Territorial da Xunta, e á mesma están convocados os alcaldes dos 13 concellos que forman parte da Área de Transporte: Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior, ademais de Vigo, que asinou a súa incorporación ao Plan.

 

Entre os obxectivos do encontro está o de facer balance sobre o funcionamento deste plan social de transporte público posto en marcha pola Xunta de Galicia e 12 concellos en abril do ano 2015.

 

Xunto con isto, o asunto principal que se abordará na reunión é o proceso de incorporación do autobús urbano ao Plan de transporte metropolitano, tendo en conta que o Concello de Vigo e o Goberno galego asinaron un convenio con ese fin o pasado mes de xullo e esa integración non se fixo efectiva ata o momento.

 

Logo de que o alcalde da cidade, Abel Caballero, manifestara onte publicamente a súa conformidade coa aplicación práctica do convenio, o Goberno galego trasladará na xuntanza que o proceso está pendente de que o Concello de Vigo e a empresa concesionaria do seu transporte urbano remitan á Xunta os dispositivos de cobro homologados para o funcionamento da tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia no autobús urbano e proceder a súa validación.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: