Archivo | enero 14, 2017

Melloras na vía sur do Polígono de As Gándaras

obras-via-as-gandarasA Concellería de Vías e Obras ven de rematar os traballos da segunda fase da Mellora de Seguridade da Vía Sur de As Gándaras, que vai deste parte do polígono industrial ata Orbenlle, na parroquia de Budiño.

Este proxecto, financiado polo ‘Plan de Obras e Servizos 2015’, da Deputación de Pontevedra, e iniciado cando Manuel Carrera ocupaba a Concellería de Vías e Obras na corporación anterior, abrangue actuacións, en máis de 3.500 metros cadrados, coma o asfaltado do trazado, a retirada de sumidoiros de auga, o aumento do ancho de 800 metros cadrados de beirarrúas, ao tempo que se lles facía un tratamento continuo de formigón colorado, unha obra accesoria de saneamento, e a colocación de cinco novos puntos de luz por medio de outras tantas luminarias.

Como subliña Manuel Carrera, esta obra non so permitiu a mellora da seguridade, senón a recuperación dunha parte do Concello especialmente maltratada, que hoxe presenta un aspecto coidado logo do investimento de preto de 93.400 euros.

LÓPEZ-CHAVES MANTIVO UN ENCONTRO INSTITUCIONAL CO ALCALDE DE SALCEDA, ONDE FALARON DO TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO

  • 13012017_reunionsalceda2Delegado e rexedor centraron a xuntanza fundamentalmente na situación e incorporación de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia
  • López-Chaves insistiu na postura da Xunta e defendeu a necesidade e importancia de que Abel Caballero cumpra co acordado o pasado 22 de febreiro, co convenio firmado o 6 de xullo e coa Lei da Área Metropolitana

 

Salceda de Caselas, 13 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe un encontro institucional co alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e o seu equipo de goberno.

Delegado e rexedor centraron toda a xuntanza –que se estendeu por un tempo superior ás dúas horas- fundamentalmente na situación e incorporación de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia (PTM).

 

Neste senso, López-Chaves insistiu na postura da Xunta e defendeu a necesidade e importancia de que o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, cumpra co acordado o pasado 22 de febreiro nunha reunión cos 14 alcaldes da área, co convenio rubricado entre Xunta e Concello o pasado 6 de xullo e coa Lei da Área Metropolitana. “Trátase dun asunto moi importante e a non incorporación de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano bloquea a Área”, trasladoulle o delegado, resaltando o feito de que a Xunta “non ten ningún problema” coa Área Metropolitana, “todo o contrario”, matizou, lembrando que é a primeira en defendela coma así o amosa o impulso, aprobación e modificación da Lei no Parlamento de Galicia baixo o goberno de Alberto Núñez Feijóo. “A Xunta quere a Área”, defendeu.

De feito, o delegado lembrou que coa incorporación de Vigo ao PTM soamente haberá vantaxes para os veciños de Salceda de Caselas na medida en que non pagarían os transbordos que a día de hoxe están a pagar cando chegan a Vigo. “De acordo co firmado, un veciño de Salceda que chegue a Vigo ten que pagar 1,33 euros polo Vitrasa, se Vigo se incorpora ao PTM, pasaría a pagar 0 euros”, explicou López-Chaves, especificando que esta situación xa está prevista e así se recolle no convenio firmado co Concello de Vigo o pasado 6 de xullo e que Caballero está a incumprir. En definitiva, a día de hoxe un veciño de Salceda que queira viaxar ata o Hospital Público Álvaro Cunqueiro está a pagar 2,63 euros cando o custo soamente tería que ser de 1,30 euros “se Caballero cumprise co firmado”.

 

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL AMOSA O SEU APOIO AOS AFECTADOS POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE NUN ENCONTRO CON FEGADEM

  • 13,30 h.-   O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro cos responsables da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM). No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 13/01/17

    13,30 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro cos responsables da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM). No despacho do conselleiro.
    foto xoán crespo
    13/01/17

    A reunión de traballo serviu como presentación da Federación e nela abordouse a importancia da prevención e sensibilización no que atinxe a esta enfermidade

  • José Manuel Rey Varela destacou a importante tarefa que no ámbito da discapacidade e da dependencia realizan as asociacións, organizacións e entidades sociais, posto que “complementan o traballo das administracións públicas”

 

Santiago, 13 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García, reuníronse hoxe con responsables da Federación  Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), que busca a mellora da calidade de vida das persoas que padecen esta doenza. No transcurso do encontro, o conselleiro amosou o seu compromiso con este colectivo e co benestar dos galegos e galegas, de xeito que os recursos continúen a chegar ás persoas que máis o precisan.

 

Na reunión, que serviu como presentación da Federación, os e as representantes de FEGADEM trasladaron as necesidades e demandas das entidades que representan para poder ofrecer os servizos máis adecuados aos usuarios e usuarias, así como para prestar o apoio necesario para as súas familias. Deste xeito, ambas partes dialogaron sobre a prevención e sensibilización e sobre a cobertura de servizos de rehabilitación e inclusión social.  

 

Rey Varela destacou a importante tarefa que no ámbito da discapacidade e da dependencia realizan as asociacións, organizacións e entidades sociais, posto que “complementan o traballo das administracións públicas; de aí a importancia de manter unha colaboración intensa e unha acción coordinada coas mesmas”. Nesta liña, o responsable da área social do Goberno galego fixo fincapé na “plena coincidencia” de obxectivos con FEGADEM, fundamentalmente no que atinxe a “mellorar a calidade de vida das persoas con esclerose múltiple”.

 

REY VARELA SUMA UN NOVO ENCONTRO CON REXEDORES GALEGOS PARA IMPULSAR NOVAS VÍAS DE COLABORACIÓN EN MATERIA SOCIAL

O conselleiro mantivo no día de hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Crecente (Pontevedra), Julio César García-Luengo Pérez

 

  • Ambos mandatarios lembraron as liñas de colaboración da Xunta de Galicia coa localidade, nomeadamente destinadas ao mantemento das prazas públicas da escola infantil e da residencia San Pedro e ao Servizo de Axuda no Fogar para a Dependencia
12,00 h.-   O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo Pérez. No despacho do conselleiro. SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota de prensa.   foto xoán crespo 13/01/17

12,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo Pérez. No despacho do conselleiro. SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota de prensa.
foto xoán crespo
13/01/17

Santiago, 13 de xaneiro de 2017.- A Consellería de Política Social insiste na súa liña de diálogo coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e acadar melloras que beneficien á totalidade da poboación. Neste sentido, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo unha xuntanza de traballo no día de hoxe co alcalde de Crecente (Pontevedra), Julio César García-Luengo Pérez.    

 

Sectores de poboación como a infancia, os maiores ou os máis necesitados foron algúns dos piares das conversas que mantiveron os responsables políticos que coincidiron na importancia da cooperación entre ambas institucións públicas para optimizar os recursos locais e autonómicos. En particular, Rey Varela e o alcalde de Crecente aludiron á importancia do mantemento de 20 prazas públicas na escola infantil da localidade. Así mesmo, o titular autonómico fixo referencia á ratio de atención no Servizo de Axuda no Fogar Dependencia, que é do 100%, grazas ás 11.724 horas anuais de servizo que se prestan no concello; e á residencia San Pedro, na que 16 das prazas son concertadas e para as que a Xunta de Galicia realiza unha inversión de 226.425,20 euros.

 

Ademais de repasar as actuacións da Xunta de Galicia en Crecente, ambos mandatarios estudaron posibles novas vías de colaboración entre administración autonómica e local para mellorar os servizos e infraestruturas de atención aos cidadáns.