LÓPEZ-CHAVES MANTIVO UN ENCONTRO INSTITUCIONAL CO ALCALDE DE SALCEDA, ONDE FALARON DO TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO

  • 13012017_reunionsalceda2Delegado e rexedor centraron a xuntanza fundamentalmente na situación e incorporación de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia
  • López-Chaves insistiu na postura da Xunta e defendeu a necesidade e importancia de que Abel Caballero cumpra co acordado o pasado 22 de febreiro, co convenio firmado o 6 de xullo e coa Lei da Área Metropolitana

 

Salceda de Caselas, 13 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe un encontro institucional co alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e o seu equipo de goberno.

Delegado e rexedor centraron toda a xuntanza –que se estendeu por un tempo superior ás dúas horas- fundamentalmente na situación e incorporación de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia (PTM).

 

Neste senso, López-Chaves insistiu na postura da Xunta e defendeu a necesidade e importancia de que o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, cumpra co acordado o pasado 22 de febreiro nunha reunión cos 14 alcaldes da área, co convenio rubricado entre Xunta e Concello o pasado 6 de xullo e coa Lei da Área Metropolitana. “Trátase dun asunto moi importante e a non incorporación de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano bloquea a Área”, trasladoulle o delegado, resaltando o feito de que a Xunta “non ten ningún problema” coa Área Metropolitana, “todo o contrario”, matizou, lembrando que é a primeira en defendela coma así o amosa o impulso, aprobación e modificación da Lei no Parlamento de Galicia baixo o goberno de Alberto Núñez Feijóo. “A Xunta quere a Área”, defendeu.

De feito, o delegado lembrou que coa incorporación de Vigo ao PTM soamente haberá vantaxes para os veciños de Salceda de Caselas na medida en que non pagarían os transbordos que a día de hoxe están a pagar cando chegan a Vigo. “De acordo co firmado, un veciño de Salceda que chegue a Vigo ten que pagar 1,33 euros polo Vitrasa, se Vigo se incorpora ao PTM, pasaría a pagar 0 euros”, explicou López-Chaves, especificando que esta situación xa está prevista e así se recolle no convenio firmado co Concello de Vigo o pasado 6 de xullo e que Caballero está a incumprir. En definitiva, a día de hoxe un veciño de Salceda que queira viaxar ata o Hospital Público Álvaro Cunqueiro está a pagar 2,63 euros cando o custo soamente tería que ser de 1,30 euros “se Caballero cumprise co firmado”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: