A XUNTA RENOVA O SEU COMPROMISO COAS ESCOLAS INFANTÍS DE INICIATIVA SOCIAL E INCREMENTA AS AXUDAS PARA ESTES CENTROS

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou esta mañá unha visita aos menores e ao profesorado da EPI “Rubido Romero”20170116_varela_07

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas achegas para 2017, que ten como principais novidades un incremento orzamentario do 3% ata alcanzar os 3,1 millóns de euros e a concesión dun anticipo do 80% da cantidade subvencionada ás entidades
  • Así mesmo, o Goberno galego reforzará a súa colaboración coas EPIS mediante unha nova orde de axudas por un montante total de 600.000 euros que estará dirixida a investimentos de mellora nos centros, á compra e renovación de mobiliario e á dotación de equipamento

 

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, deu conta da publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) da nova orde que regula as  axudas ás escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social (EPIS), durante unha visita ao centro “Rubido Romero”. A convocatoria deste ano presenta tres novidades principais con respecto á anterior: un incremento orzamentario do 3% ata acadar un montante total de 3.160.152 euros, a concesión dun anticipo do 80% da cantidade subvencionada a todas as entidades beneficiarias e incorpórase a xustificación da achega mediante módulos para simplificar e axilizar a súa xestión administrativa.

 

Así, as EPIS teñen un mes de prazo a partir de mañá para presentar as súas solicitudes de subvención con cargo a esta convocatoria á que se acolleron en 2016 un total de 46 centros, o que supuxo o financiamento de preto de 2.700 prazas. Serán subvencionables os gastos de persoal, de alimentación e outros gastos xerais de mantemento dos centros. A contía da axuda establécese en función do número de unidades da escola infantil autorizadas que estean en funcionamento na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes e da prestación do servizo de comedor. Deste xeito, os centros con servizo de comedor que teñan entre 1 e 3 unidades, recibirán 19.372 euros por un idade en funcionamento; os de 4 a 6 unidades recibirán 18.496 euros por unidade en funcionamento; e aquelas que conten con 7 ou máis unidades percibirán 17.609 euros por unidade en funcionamento. Aqueles centros que non dispoñan de servizo de comedor recibirán unha contía de 15.638 euros por unidade en funcionamento.

 

No seu percorrido pola EPI “Rubido Romero”, Rey Varela avanzou que o Goberno galego reforzará a colaboración con estes centros a través dunha nova orde de axudas dotada de 600.000 euros, que se prevé que estea lista este mesmo curso escolar e que terá como finalidade investimentos de mellora nas instalacións, a compra e renovación de mobiliario e a dotación de equipamento. Esta nova liña de axudas responde ao obxectivo de “ ofrecer aos pais e ás nais máis recursos para a conciliación, nos que se preste unha atención aos seus fillos e fillas de calidade, cuns prezos prezos accesibles e homoxéneos para as familias”, apuntou o conselleiro.

 

Rede de escolas infantís

O titular autonómico destacou que a nosa comunidade conta cunha importante rede de escolas infantís, tanto públicas como concertadas e de iniciativa social, que ofrecen aos pais e ás nais un recurso de vital importancia para facer posible a conciliación das vidas familiar e laboral.

 

Ao respecto, indicou que a Xunta de Galicia seguirá consolidando en 2017 este mapa de recursos, apostando pola apertura de máis casas niño en núcleos rurais e de novas escolas infantís en polígonos empresariais; así como estendendo o Bono Concilia e o Bono Coidado para que chegue a un maior número de familias. A finalidade é que “Galicia siga a ser unha das comunidades con maiores atencións ás familias e á infancia, e os pais e a as nais teñan tempo para os seus fillos e tamén para eles mesmos”, concluíu Rey Varela.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: