Archive | enero 17, 2017

O PRESIDENTE DA XUNTA COMPARECERÁ NO PLENO DA VINDEIRA SEMANA PARA INFORMAR DOS ACORDOS DA CONFERENCIA DE PRESIDENTES

  • O Grupo Popular defenderá a elaboración dun programa de axudas para as familias monoparentais e a regulación do réxime de contratación do persoal investigador laboral da Administración galega

 

Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá no Pleno da vindeira semana para informar dos acordos acadados na Conferencia de Presidentes que se celebra hoxe en Madrid, segundo se acordou esta mañá na reunión da Xunta de Portavoces. Así mesmo, o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou que a Comisión de investigación sobre as caixas de aforro galegas constituirase o vindeiro luns co obxectivo de rematar os traballos realizados durante a pasada lexislatura.

 

Pedro Puy manifestou que  o Presidente da Xunta comparecerá na sesión plenaria para informar dos acordos de colaboración “de suma relevancia” entre a Administración central e as comunidades autónomas que no día de hoxe se acaden na Conferencia de Presidentes en ámbitos como o financiamento autonómico, a atención á dependencia, o pacto educativo, a crise demográfica, a participación das comunidades autónomas nos asuntos da Unión Europea ou a mobilidade dos empregados públicos.

 

Así mesmo, o portavoz popular indicou que o vicepresidente da Xunta dará comezo no Pleno da vindeira semana ás comparecencias de todos os conselleiros para explicar os plans dos seus departamentos durante a presente lexislatura, unha vez que xa interviñeron na Comisión 3ª para dar conta dos orzamentos de cada consellería.

 

REMATAR OS TRABALLOS

 

Por outra banda, Puy indicou que o Presidente do Parlamento comunicou aos portavoces que o vindeiro luns, ás 10 horas, procederase á constitución da Comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforro e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos.

 

“O que se trata non é de facer unha comisión distinta, nin de facer unha comisión que teña outros obxectivos, senón de rematar os traballos da Comisión de investigación desenvolvidos na pasada lexislatura”, concretou o portavoz popular. Neste sentido, explicou que a comisión de investigación “estivo aberta ata o fin da pasada lexislatura” e como mostra disto lembrou que o Grupo Popular solicitou no seu momento a incorporación da sentenza da Audiencia Nacional a raíz da que os ex directivos entraron onte en prisión.

 

Puy apuntou, ademais, que “o Presidente da Xunta e o Parlamento solicitamos, cando soubemos a contía desas indemnizacións, que fosen devoltas á Obra Social das antigas caixas”, pero lamentou que “naquel momento o Banco de España non fixo nada”.

 

“Queremos informar á cidadanía galega do que pasou, cales foron os distintos chanzos que implicaron que as antigas caixas se transformasen nunha entidade bancaria”, concretou Puy, quen asegurou que “se hai responsabilidades políticas ou institucionais constarán no informe, pero non imos converter a comisión nun aproveitamento oportunista dalgunhas circunstancias, como pode ser o cumprimento dunha sentenza”.

 

AXUDAS FAMILIAS E CONTRATACIÓN INVESTIGADORES

 

Pedro Puy informou, por outra parte, que o Grupo Popular defenderá na sesión plenaria da vindeira semana dúas proposicións non de lei. A primeira delas ten que ver coa elaboración dun programa de axudas específico para as familias monoparentais, mentres que a segunda solicita á Xunta a regulación do réxime de contratación do persoal investigador laboral da Administración da Comunidade galega.

 

Así mesmo, o Grupo Popular preguntará ao Goberno galego sobre os datos do último Informe PISA referentes a Galicia, sobre o que está a facer para informar e formar ás persoas consumidoras e usuarias ante as súas preocupacións coa factura da luz; e sobre si a venta das instalacións da Solana e do Hotel Finisterre en A Coruña por parte da Autoridade Portuaria garante a conxugación do uso e aproveitamento público dos terreos portuarios coa viabilidade económica e social do porto.

 

A COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO CONSTATA QUE O AUTOBÚS URBANO NON SE INTEGROU E EMPRAZA AO CONCELLO A CUMPRIR O CONVENIO

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, presidiu hoxe esta xuntanza na que indicou que nestes momentos, nin o Concello de Vigo nin Vitrasa teñen cumprido coa responsabilidade que adquiriron no acordo de adhesión170117-ethelvazquez_vigo

 

  • Vázquez Mourelle explica que Vitrasa  non lle remitiu á Xunta os dispositivos de cobro adaptados para que a Tarxeta de Transporte Metropolitano funcione no autobús urbano
  • A Xunta enviaralles aos concellos integrantes da Área de Transporte o acordo asinado co Concello de Vigo e convocará unha nova comisión de seguimento para analizar o grao de cumprimento do mesmo por parte da Administración local
  • A conselleira sinala que actualmente a proposta de Caballero é que Vigo estea fóra do Plan de Transporte e os cidadáns paguen máis polos seus desprazamentos que os do resto de áreas
  • Manifesta a aposta da Xunta por «un transporte metropolitano de primeira para VIgo» e rexeita que os vigueses teñan que pagar máis que os coruñeses
  • Destaca que desde a posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo en abril de 2015 se teñen realizado 4,5 millóns de viaxes e expedido case 43.000 tarxetas

 

Vigo, 17 de xaneiro de 2017.- A Comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano da Área de Vigo constatou hoxe que o transporte urbano da cidade segue pendente de materializar a súa incorporación ao sistema, e solicitoulle ao Concello que realice as adaptacións técnicas necesarias para o proceso.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, e o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, presidiu hoxe a xuntanza desta Comisión de seguimento, na que os técnicos da Xunta deron conta de que, a día de hoxe, nin o Concello nin Vitrasa cumpriron a responsabilidade que asumiron co acordo asinado o pasado 6 de xullo.

A conselleira reiterou que o Goberno galego continúa á espera de que o Concello de Vigo e a empresa concesionaria remitan os dispositivos de cobro adatpados para que a Tarxeta de Transporte Metropolitano poida operar nos autobuses urbanos de Vigo, de acordo co convenio asinado o pasado 6 de xullo pola Xunta, a Administración local e Vitrasa.

Segundo o acordado na xuntanza de hoxe, a Xunta lle remitirá aos concellos integrantes da Área de Transporte Metropolitano de Vigo ese convenio para que analicen os seus termos, e convocará unha nova Comisión de seguimento para analizar conxuntamente o grao de cumprimento dese acordo.

O obxectivo é, segundo dixo, avanzar cara ao cumprimento do convenio asinado e os compromisos adquiridos de forma dialgoada e con total transparencia ante todos os municipios e os cidadáns da área metropolitana de Vigo.

Un transporte metropolitano «de primeira» para Vigo

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda insistiu na necesidade de que o Concello de Vigo realice as adaptacións tecnolóxicas para integrar de xeito efectivo o transporte urbano no Plan de Transporte, e permitir así que os veciños da súa cidade e do resto da área metropolitana teñan acceso aos mesmos beneficios que os de cidadáns das demais áreas de transporte.

Vázquez Mourelle subliñou que, unha vez Vigo remita os dispositivos adaptados, a Xunta axilizará os trámites para que o autobús urbano se integre no Plan de Transporte de Galicia, nas mesmas condicións e normas que rexen en toda Galicia, xa que, ninguén ten máis interese que o Goberno galego en que os vigueses se poidan beneficiar destes importantes descontos.

A conselleira sinalou que actualmente a única proposta do alcalde, Abel Caballero, que coñece a Xunta é a de que Vigo estea fóra do Plan de Transporte Metropolitano e os cidadáns paguen máis polos seus desprazamentos que os do resto de áreas. Así, manifestou a aposta da Xunta por «un Transporte Metropolitano de primeira para Vigo» e rexeitou que os vigueses teñan que pagar máis que os coruñeses.

Un balance de  4,5 millóns de viaxes

Ethel Vázquez fixo fincapé en que o balance do funcionamento deste Plan nos 12 concellos nos que xa está implantado desde abril de 2015 é altamente satisfactorio, tal como o certifican as 4,5 millóns de viaxes que se teñen realizado neste tempo e as case 43.000 tarxetas expedidas.

Engadiu que na Área de Transporte Metropolitano de Vigo tamén se teñen expedido 7.700 Tarxetas Xente Nova, coas que os menores de 19 anos viaxan gratis no Transporte Metropolitano interurbano, o que significa que o Plan está a funcionar con éxito na área de Vigo, ao igual que xa o fai desde hai tempo noutras zonas de Galicia.

Un plan financiado nun 80% pola Xunta

O Plan de Transporte Metropolitano é unha iniciativa da Xunta de Galicia posta en marcha en colaboración cos concellos  para fomentar o emprego do transporte público e facilitar a mobilidade dos cidadáns. Actualmente están en marcha as áreas de Transporte Metropolitano da Coruña, Ferrol, Santiago e Lugo e están integrados no sistema 64 concellos.

 

Trátase dun sistema de integración tarifaria que permite unificar dispostivos de cobro e  aplicar descontos nos prezos dos desprazamentos interurbanos, unhas bonificacións que a Xunta financia nun 80%, ademais dos transbordos urbanos gratuitos.

 

De acordo co estipulado no convenio marco do Plan de Transporte Metropolitano as condicións que se aplican nas viaxes urbanas que se abonen coa tarxeta TMG son as mesmas ás do bono urbano xeral.

 

MOZOS E MOZAS GALEGOS E ITALIANOS DESENVOLVEN UN PROXECTO DE INTERCAMBIO CULTURAL A TRAVÉS DA MÚSICA NO MARCO DO PROGRAMA ERASMUS+ XUVENTUDE EN ACCIÓN

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe en Melide (A Coruña) aos participantes na iniciativa “Unidos pola música”

 

  • A iniciativa está organizada polo Concello de Melide e a Academia de Música “Libera” da localidade siciliana de Santa Teresa di Riva.
  • Esta actividade forma parte das accións para o fomento da mobilidade xuvenil por motivos de aprendizaxe impulsadas pola Xunta de Galicia ao abeiro da programación da Unión Europea

 

Melide (A Coruña), 17 de xaneiro de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, visitou hoxe aos participantes no proxecto “Unidos pola música”, unha iniciativa de intercambio xuvenil bilateral promovido polo Concello de Melide e a Academia de Música “Libera” situada na localidade italiana de Santa Teresa di Riva, en Sicilia. Un total de 20 mozos e mozas españois e outros tantos de Italia de entre 13 e 20 anos, e todos eles estudantes en diferentes graos de música, están implicados neste proxecto aprobado na segunda quenda do 2016 no marco do programa Erasmus +: Xuventude en Acción.

 

Cecilia Vázquez explicou que esta iniciativa, que conta cun orzamento de 16.280 euros, forma parte das accións de intercambio xuvenil e de promoción da mobilidade da mocidade, neste caso, por motivos de aprendizaxe. Neste sentido, esta responsable autonómica apuntou que o fomento da mobilidade xuvenil é un dos eixes preferentes das accións e programas da área de Xuventude do Goberno galego, xa que “contribúe a mellorar as competencias dos mozos e mozas,  promove o diálogo intercultural, o coñecemento doutras rexións europeas, a aprendizaxe de idiomas e potencia a dimensión internacional das actividades xuvenís e o papel das entidades no eido da xuventude como estruturas de apoio a este colectivo da poboación”.

 

Neste sentido, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destacou que Galicia é unha das Comunidades Autónomas máis activas dentro do Erasmus +, tanto polo número de proxectos presentados e aprobados como nos fondos recibidos pola Unión Europea para contribuír ao financiamento da posta en marcha dos mesmos. O programa estrutúrase en tres accións clave: mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe; cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas; e apoio ás reformas das políticas.

 

Respecto á mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe, diferéncianse dúas modalidades: a mobilidade de mozos e mozas a través de proxectos de intercambios xuvenís e Servizo Voluntario Europeo, e a mobilidade das persoas que traballan no eido da xuventude a través de proxectos de formación e intercambios de boas prácticas

 

REY VARELA SALIENTA O CARÁCTER PIONEIRO DO PROGRAMA “NELSON MANDELA” PARA A REINSERCIÓN NA SOCIEDADE DAS PERSOAS RECLUSAS

O conselleiro de Política Social visitou hoxe aos participantes nesta iniciativa que se desenvolve no centro penal de Teixeiro, situado no municipio coruñes de Curtis

A Coruña O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizará unha visita ao módulo 1 do centro penitenciario de Teixeiro, onde se desenvolve o programa Nelson Mandela, de preparación para a liberdade. 17/01/2017 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

A Coruña
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizará unha visita ao módulo 1 do centro penitenciario de Teixeiro, onde se desenvolve o programa Nelson Mandela, de preparación para a liberdade.
17/01/2017
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

  • Un equipo de inclusión composto por tres profesionais, con dedicación completa e exclusiva, se ocupan de deseñar os itinerarios de inserción e dos obradoiros que se desenvolven ao abeiro desta iniciativa na que participan nestes momentos máis de 70 internos

Curtis (A Coruña), 17 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, salientou que Galicia é pioneira e un referente para o resto de Comunidades Autónomas en traballar para facilitar o tránsito cara a liberdade da poboación reclusa, para o que conta cun programa específico denominado “Nelson Mandela”  que ven desenvolvendo no penal de Teixeiro dende hai máis de oito anos en colaboración co Ministerio do Interior.

 

Rey Varela comprobou esta mañá in situ os coñecementos e habilidades que están a adquirir os máis de 70 internos do Módulo I de Teixeiro que na actualidade participan nesta iniciativa, e que ten como finalidade facilitarlles a súa reincorporación á vida en liberdade unha vez que saian ao exterior, tanto no aspecto laboral como familiar. Dende a súa posta en marcha, máis de un millar de reclusos acolléronse a este programa, e o ano pasado 19 participantes conseguiron un contrato de traballo.

 

“Estamos moi satisfeitos de ter en marcha unha iniciativa como esta porque as políticas sociais e de inclusión teñen que chegar alí onde son necesarias e o programa Nelson Mandela está a cumprir con creces os obxectivos polos que se ideou”, apuntou o conselleiro, que estivo acompañado durante a visita por Enrique Arnanz Villalta, membro da Comisión de Nacións Unidas sobre Xustiza Restaurativa e cunha ampla experiencia nesta materia en España e en América Latina. Neste sentido, Rey Varela sinalou que a Consellería está a valorar a posibilidade de ampliar este proxecto aos outros penais situados en Galicia para “favorecer o obxectivo constitucional da reinserción social”.

 

Para a execución do programa a Consellería de Política Social destina un equipo de inclusión social composto por tres profesionais, con dedicación completa e exclusiva, que se ocupan de deseñar os itinerarios de inserción e da organización dos obradoiros que se desenvolven e que están encamiñados á adquisición e mantemento de competencias persoais dos reclusos participantes, así como á adquisición de habilidades e destrezas básicas dirixidas ao emprego.

 

Así, entre outros cursos que teñen lugar ao abeiro desta iniciativa están o de pintor, cociña, panadeiro, soldador, camareiro, monitor deportivo, albanel, carpinteiro, instalación e mantemento de xardíns, limpeza de oficinas, perruquería ou fontanería. Tamén se levan a cabo cursos para conseguir o graduado en ESO ou Bachalerato, de alfabetización informática ou de busca activa de emprego.

 

Por último, cómpre salientar que cada interno ten o seu programa individualizado de tratamento e o itinerario de inserción sociolaboral, e que todos os participantes no programa están en idade laboral e pola súa traxectoria e duración da condena poden optar a un terceiro grao nun prazo medio de tempo. Ademais, unha vez que os internos acadan a liberdade, realízase un seguimento do seu proceso de inserción social e laboral, en coordinación cos servizos sociais municipais.

 

A Real Filharmonía de Galicia no Teatro Afundación Vigo

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá o vindeiro xoves 26 de xaneiro, ás 20.30 h, un concerto da Real Filharmonía de Galicia, que nesta ocasión será dirixida por Pierre Dumoussaud e contará coa participación de Tasso Adamopoulos na viola. Esta actuación inclúese na tempada de música clásica de Afundación na cidade de Vigo. Nela, a agrupación interpretará Harold en Italia, op. 16, de Hector Berlioz, e Sinfonía num. 4 en la maior, op. 90 «Italiana», de Felix Mendelssohn.As entradas están á venda a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500, para todas aquelas persoas que non tivesen adquirido o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Este concerto está encadrado na iniciativa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica» que permitirá acudir de xeito gratuito a nenos de ESO e bacharelato. Aqueles centros educativos interesados deberán, desde 10 días antes de cada concerto, solicitar os bonos a través do teléfono 988 391 746 ou no correo electrónicoquedamosnopalco@afundacion.org. Ademais, as persoas con 35 anos ou menos gozan da oportunidade de conseguir as entradas na billeteira media hora antes de cada concerto a un prezo reducido coa finalidade de promover este tipo de espectáculos entre o público novo. 

Resposta da Xunta sobre as declaracións do alcalde de Vigo sobre o tramo urbano da AP-9-

A Xunta non ten competencias para actuar sobre unha infraestrutura de titularidade da Administración xeral do Estado, como a AP-9, xestionada polo Ministerio de Fomento en réxime de concesión.

 

O Goberno galego vén defendendo a necesidade de actuar na remodelación do nó de Buenos Aires, e que a AP-9 se aproveite mellor para o tránsito de tráficos pesados interurbanos.

 

Por ese motivo, a Xunta incluíu esa cuestión na súa proposta de asuntos a tratar na futura comisión bilateral sobre a AP-9 que constituirá co Estado. Non obstante, e sendo unha cuestión de interese para o Concello, xa que o obxectivo é liberar de tráfico as rúas e integrar mellor na cidade a AP-9, bótase de menos unha proposta do que  o Concello considera que se debe facer.

Este jueves cita imprescindible en La Iguana Club…

DESDE CALIFORNIA LLEGAN
unnamedTHE RUBINOOS
AUTÉNTICAS LEYENDAS CONSIDERADAS UNOS DE LOS PADRES DEL POWERPOP!
JUEVES 19 ENERO, 21:30H
ENTRADAS desde 10鈧�/div>
Son la mejor banda de pop en activo del mundo. As铆 de claro. Coet谩neos de Elvis Costello, son considerados unos de los padres del g茅nero Power-Pop, etiqueta que en nuestra opini贸n les queda cort铆sima, ya que combinan armon铆as vocales de otro mundo con melod铆as memorables, pero «rockeando» duro a la vez. Por algo los Hellacopters inclu铆an su «Rock’n’Roll Is Dead» en sus conciertos. 驴Otros hits? «I Wanna Be Your Boyfriend», «I Think We’re Alone Now», «Hurts Too Much», «Arcade Queen», «Leave My Heart Alone», «Amnesia»… mejor paramos que nos da algo!

Fundados a principios de los 70, The Rubinoos celebraron 45 a帽os de carrera, que se dice pronto, en 2014 con la edici贸n de un nuevo disco de estudio, «45», repleto de buenas canciones como «Run Mascara Run».
Tras media docena de visitas a Europa durante los 煤ltimos a帽os, dejando perplejos a los fans del g茅nero y acumulando nuevos seguidores en cada gira, la banda consigui贸 el m谩s dif铆cil todav铆a durante su tour de 2016: que todo el mundo estuviera de acuerdo en que hab铆a sido LA MEJOR GIRA de todas. Pasan los a帽os pero The Rubinoos siguen empe帽ados en saltarse cualquier l贸gica y realizar shows m谩s energ茅ticos, m谩s divertidos y m谩s salvajes a medida que avanza el tiempo!

Freaky’ no auditorio Teatro Afundación Vigo

O auditorio do Teatro Afundación Vigo acollerá desde mañá, martes 17 de xaneiro, ata o venres 20, a representación de Freaky, dentro da programación para escolares da Área Educativa de Afundación. Máis de 3700 estudantes, procedentes de centros escolares da cidade e o seu contorno, participan desta iniciativa estruturada en dúas funcións diarias, ás 10.00 e ás 12.00 h. Acompañía Blue Mango Theatre achegará aos máis pequenos a realidade do acoso escolar, dun modo alternativo e en lingua inglesa, concienciando sobre a importancia de inculcar a cultura do respecto no seo da comunidade educativa. A proposta enmárcase dentro das actividades educativas para escolares programadas para o curso 2016-2017, que teñen como obxectivo reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas, como unha ferramenta que complemente os programas curriculares dos centros escolares.Así, a programación deseñada por Afundación promove unha educación en competencias transversais que potencian nos estudantes o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, o autoestima ou o traballo en equipo.