A COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO CONSTATA QUE O AUTOBÚS URBANO NON SE INTEGROU E EMPRAZA AO CONCELLO A CUMPRIR O CONVENIO

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, presidiu hoxe esta xuntanza na que indicou que nestes momentos, nin o Concello de Vigo nin Vitrasa teñen cumprido coa responsabilidade que adquiriron no acordo de adhesión170117-ethelvazquez_vigo

 

  • Vázquez Mourelle explica que Vitrasa  non lle remitiu á Xunta os dispositivos de cobro adaptados para que a Tarxeta de Transporte Metropolitano funcione no autobús urbano
  • A Xunta enviaralles aos concellos integrantes da Área de Transporte o acordo asinado co Concello de Vigo e convocará unha nova comisión de seguimento para analizar o grao de cumprimento do mesmo por parte da Administración local
  • A conselleira sinala que actualmente a proposta de Caballero é que Vigo estea fóra do Plan de Transporte e os cidadáns paguen máis polos seus desprazamentos que os do resto de áreas
  • Manifesta a aposta da Xunta por «un transporte metropolitano de primeira para VIgo» e rexeita que os vigueses teñan que pagar máis que os coruñeses
  • Destaca que desde a posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo en abril de 2015 se teñen realizado 4,5 millóns de viaxes e expedido case 43.000 tarxetas

 

Vigo, 17 de xaneiro de 2017.- A Comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano da Área de Vigo constatou hoxe que o transporte urbano da cidade segue pendente de materializar a súa incorporación ao sistema, e solicitoulle ao Concello que realice as adaptacións técnicas necesarias para o proceso.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, e o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, presidiu hoxe a xuntanza desta Comisión de seguimento, na que os técnicos da Xunta deron conta de que, a día de hoxe, nin o Concello nin Vitrasa cumpriron a responsabilidade que asumiron co acordo asinado o pasado 6 de xullo.

A conselleira reiterou que o Goberno galego continúa á espera de que o Concello de Vigo e a empresa concesionaria remitan os dispositivos de cobro adatpados para que a Tarxeta de Transporte Metropolitano poida operar nos autobuses urbanos de Vigo, de acordo co convenio asinado o pasado 6 de xullo pola Xunta, a Administración local e Vitrasa.

Segundo o acordado na xuntanza de hoxe, a Xunta lle remitirá aos concellos integrantes da Área de Transporte Metropolitano de Vigo ese convenio para que analicen os seus termos, e convocará unha nova Comisión de seguimento para analizar conxuntamente o grao de cumprimento dese acordo.

O obxectivo é, segundo dixo, avanzar cara ao cumprimento do convenio asinado e os compromisos adquiridos de forma dialgoada e con total transparencia ante todos os municipios e os cidadáns da área metropolitana de Vigo.

Un transporte metropolitano «de primeira» para Vigo

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda insistiu na necesidade de que o Concello de Vigo realice as adaptacións tecnolóxicas para integrar de xeito efectivo o transporte urbano no Plan de Transporte, e permitir así que os veciños da súa cidade e do resto da área metropolitana teñan acceso aos mesmos beneficios que os de cidadáns das demais áreas de transporte.

Vázquez Mourelle subliñou que, unha vez Vigo remita os dispositivos adaptados, a Xunta axilizará os trámites para que o autobús urbano se integre no Plan de Transporte de Galicia, nas mesmas condicións e normas que rexen en toda Galicia, xa que, ninguén ten máis interese que o Goberno galego en que os vigueses se poidan beneficiar destes importantes descontos.

A conselleira sinalou que actualmente a única proposta do alcalde, Abel Caballero, que coñece a Xunta é a de que Vigo estea fóra do Plan de Transporte Metropolitano e os cidadáns paguen máis polos seus desprazamentos que os do resto de áreas. Así, manifestou a aposta da Xunta por «un Transporte Metropolitano de primeira para Vigo» e rexeitou que os vigueses teñan que pagar máis que os coruñeses.

Un balance de  4,5 millóns de viaxes

Ethel Vázquez fixo fincapé en que o balance do funcionamento deste Plan nos 12 concellos nos que xa está implantado desde abril de 2015 é altamente satisfactorio, tal como o certifican as 4,5 millóns de viaxes que se teñen realizado neste tempo e as case 43.000 tarxetas expedidas.

Engadiu que na Área de Transporte Metropolitano de Vigo tamén se teñen expedido 7.700 Tarxetas Xente Nova, coas que os menores de 19 anos viaxan gratis no Transporte Metropolitano interurbano, o que significa que o Plan está a funcionar con éxito na área de Vigo, ao igual que xa o fai desde hai tempo noutras zonas de Galicia.

Un plan financiado nun 80% pola Xunta

O Plan de Transporte Metropolitano é unha iniciativa da Xunta de Galicia posta en marcha en colaboración cos concellos  para fomentar o emprego do transporte público e facilitar a mobilidade dos cidadáns. Actualmente están en marcha as áreas de Transporte Metropolitano da Coruña, Ferrol, Santiago e Lugo e están integrados no sistema 64 concellos.

 

Trátase dun sistema de integración tarifaria que permite unificar dispostivos de cobro e  aplicar descontos nos prezos dos desprazamentos interurbanos, unhas bonificacións que a Xunta financia nun 80%, ademais dos transbordos urbanos gratuitos.

 

De acordo co estipulado no convenio marco do Plan de Transporte Metropolitano as condicións que se aplican nas viaxes urbanas que se abonen coa tarxeta TMG son as mesmas ás do bono urbano xeral.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: