Freaky’ no auditorio Teatro Afundación Vigo
O auditorio do Teatro Afundación Vigo acollerá desde mañá, martes 17 de xaneiro, ata o venres 20, a representación de Freaky, dentro da programación para escolares da Área Educativa de Afundación. Máis de 3700 estudantes, procedentes de centros escolares da cidade e o seu contorno, participan desta iniciativa estruturada en dúas funcións diarias, ás 10.00 e ás 12.00 h. Acompañía Blue Mango Theatre achegará aos máis pequenos a realidade do acoso escolar, dun modo alternativo e en lingua inglesa, concienciando sobre a importancia de inculcar a cultura do respecto no seo da comunidade educativa. A proposta enmárcase dentro das actividades educativas para escolares programadas para o curso 2016-2017, que teñen como obxectivo reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas, como unha ferramenta que complemente os programas curriculares dos centros escolares.Así, a programación deseñada por Afundación promove unha educación en competencias transversais que potencian nos estudantes o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, o autoestima ou o traballo en equipo.