REY VARELA SALIENTA O CARÁCTER PIONEIRO DO PROGRAMA “NELSON MANDELA” PARA A REINSERCIÓN NA SOCIEDADE DAS PERSOAS RECLUSAS

O conselleiro de Política Social visitou hoxe aos participantes nesta iniciativa que se desenvolve no centro penal de Teixeiro, situado no municipio coruñes de Curtis

A Coruña O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizará unha visita ao módulo 1 do centro penitenciario de Teixeiro, onde se desenvolve o programa Nelson Mandela, de preparación para a liberdade. 17/01/2017 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

A Coruña
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizará unha visita ao módulo 1 do centro penitenciario de Teixeiro, onde se desenvolve o programa Nelson Mandela, de preparación para a liberdade.
17/01/2017
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

  • Un equipo de inclusión composto por tres profesionais, con dedicación completa e exclusiva, se ocupan de deseñar os itinerarios de inserción e dos obradoiros que se desenvolven ao abeiro desta iniciativa na que participan nestes momentos máis de 70 internos

Curtis (A Coruña), 17 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, salientou que Galicia é pioneira e un referente para o resto de Comunidades Autónomas en traballar para facilitar o tránsito cara a liberdade da poboación reclusa, para o que conta cun programa específico denominado “Nelson Mandela”  que ven desenvolvendo no penal de Teixeiro dende hai máis de oito anos en colaboración co Ministerio do Interior.

 

Rey Varela comprobou esta mañá in situ os coñecementos e habilidades que están a adquirir os máis de 70 internos do Módulo I de Teixeiro que na actualidade participan nesta iniciativa, e que ten como finalidade facilitarlles a súa reincorporación á vida en liberdade unha vez que saian ao exterior, tanto no aspecto laboral como familiar. Dende a súa posta en marcha, máis de un millar de reclusos acolléronse a este programa, e o ano pasado 19 participantes conseguiron un contrato de traballo.

 

“Estamos moi satisfeitos de ter en marcha unha iniciativa como esta porque as políticas sociais e de inclusión teñen que chegar alí onde son necesarias e o programa Nelson Mandela está a cumprir con creces os obxectivos polos que se ideou”, apuntou o conselleiro, que estivo acompañado durante a visita por Enrique Arnanz Villalta, membro da Comisión de Nacións Unidas sobre Xustiza Restaurativa e cunha ampla experiencia nesta materia en España e en América Latina. Neste sentido, Rey Varela sinalou que a Consellería está a valorar a posibilidade de ampliar este proxecto aos outros penais situados en Galicia para “favorecer o obxectivo constitucional da reinserción social”.

 

Para a execución do programa a Consellería de Política Social destina un equipo de inclusión social composto por tres profesionais, con dedicación completa e exclusiva, que se ocupan de deseñar os itinerarios de inserción e da organización dos obradoiros que se desenvolven e que están encamiñados á adquisición e mantemento de competencias persoais dos reclusos participantes, así como á adquisición de habilidades e destrezas básicas dirixidas ao emprego.

 

Así, entre outros cursos que teñen lugar ao abeiro desta iniciativa están o de pintor, cociña, panadeiro, soldador, camareiro, monitor deportivo, albanel, carpinteiro, instalación e mantemento de xardíns, limpeza de oficinas, perruquería ou fontanería. Tamén se levan a cabo cursos para conseguir o graduado en ESO ou Bachalerato, de alfabetización informática ou de busca activa de emprego.

 

Por último, cómpre salientar que cada interno ten o seu programa individualizado de tratamento e o itinerario de inserción sociolaboral, e que todos os participantes no programa están en idade laboral e pola súa traxectoria e duración da condena poden optar a un terceiro grao nun prazo medio de tempo. Ademais, unha vez que os internos acadan a liberdade, realízase un seguimento do seu proceso de inserción social e laboral, en coordinación cos servizos sociais municipais.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: