‘El Mago de Oz’ Teatro Afundación Vigo
O Teatro Afundación de Vigo acollerá o vindeiro sábado 28 de xaneiro, ás 17.30 h, o espectáculo musical El Mago de Oz, desenvolvido e interpretado pola compañía Teatromedia que leva máis de seis anos de percorrido e máis de 1000 funcións ás súas costas. As entradas pódense adquirir a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.
A XUNTA REMÍTELLES AOS MUNICIPIOS DA ÁREA DE TRANSPORTE METROPOLITANO O CONVENIO ASINADO CON VIGO PARA A INTEGRACIÓN DO AUTOBÚS URBANO
O Goberno galego, tal como se comprometeu onte na Comisión de seguimento, envía este acordo para que os concellos analicen os seus termos
- A Consellería de Infraestruturas, co envío deste acordo, amosa con transparencia que só o cumprimento do convenio garante que os vigueses se beneficien das mesmas vantaxes que noutras áreas do Transporte Metropolitano de Galicia
- A Xunta continúa á espera de que o Concello de Vigo e a empresa concesionaria remitan os dispositivos de cobro adaptados para que a Tarxeta de Transporte Metropolitano poida operar nos autobuses urbanos de Vigo
- Unha vez que o Concello remita os dispositivos adaptados, a Xunta axilizará os trámites para que o autobús urbano se integre no Plan nas condicións que rexen en toda Galicia
Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de remitirlles o convenio de adhesión do Concello de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano aos municipios integrantes da área, tal e como se comprometeu a conselleira Ethel Vázquez na Comisión de Seguimento que tivo lugar onte.
O Goberno galego, co envío desta documentación, pretende actuar con total transparencia e amosarlles aos municipios da área que só o cumprimento deste acordo garante que os usuarios do transporte metropolitano dispoñan das mesmas vantaxes das que xa se benefician noutras áreas como A Coruña, Ferrol, Lugo e Santiago. A Consellería remite ese convenio para que os citados concellos analicen os seus termos.
A Comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano da Área de Vigo constatou que o transporte urbano da cidade segue pendente de materializar a súa incorporación ao sistema, e solicitoulle ao Concello que realice as adaptacións técnicas necesarias para o proceso. Así, nin o Concello nin Vitrasa cumpriron a responsabilidade que asumiron co acordo asinado o pasado 6 de xullo.
A Xunta continúa á espera de que o Concello de Vigo e a empresa concesionaria remitan os dispositivos de cobro adaptados para que a Tarxeta de Transporte Metropolitano poida operar nos autobuses urbanos de Vigo. Unha vez que Vigo remita os dispositivos adaptados, o Executivo autonómico axilizará os trámites para que o autobús urbano se integre no Plan de Transporte de Galicia, nas mesmas condicións e normas que rexen en toda Galicia, xa que, ninguén ten máis interese que o Goberno galego en que os vigueses se poidan beneficiar destes importantes descontos.
O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL E O ALCALDE DE ARTEIXO ESTUDAN VÍAS DE COLABORACIÓN PARA ENRIQUECER A CARTEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS NO MUNICIPIO
-
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo Martínez.
foto xoán crespo
18/01/17O encontro forma parte da rolda de entrevistas que José Manuel Rey Varela está a realizar cos rexedores e rexedoras galegos
Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá un encontro co alcalde do municipio de Arteixo, José Carlos Calvelo Martínez, no marco da rolda de entrevistas que o titular autonómico está a realizar cos rexedores e rexedoras galegos.
O obxectivo da reunión é coñecer de primeira man a situación e as necesidades que teñen no ámbito social as diversas localidades galegas. Nesta liña, os dirixentes autonómico e local fixeron un repaso dos principais programas e infraestruturas en materia social que se están a desenvolver no concello coruñés.
Así, ambos mandatarios fixeron alusión á integración na Rede Galiña Azul da Escola Infantil Municipal, con 7 unidades e capacidade para 102 nenos e nenas. Rey Varela tamén lembrou o incremento de 630 horas mensuais no Servizo de xuda no Fogar Dependencia grazas ao cal os veciños e veciñas que o precisan contan cun total de 43.896 horas de servizo ao ano. Por outra banda, cómpre destacar o incremento do Plan concertado, co que Arteixo disporá de máis persoal para os servizos sociais municipais, o que redundará nunha mellora nos tempos e na calidade da atención que prestan á cidadanía.
Conselleiro e alcalde abordaron tamén a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade en Arteixo. “O diálogo entre as diferentes administracións é vital para garantir unha mellora da calidade de vida dos galegos e galegas a través das políticas sociais”, asegurou o titular autonómico tras finalizar o encontro.
EÑE 48 EXPLORA EL UNIVERSO DE LAS ADICCIONES
Martes 24 de enero a las 19h30
Presentación
Eñe 48 | ADICCIONES
El próximo martes, 24 de enero, a las 19h30, presentamos en La Fábrica el último número de Eñe -¡y ya van 48!-, dedicado a las adicciones. Porque las adicciones son una forma de vida, un temperamento del que es difícil escapar, y por eso las hemos dejado circular libremente por las páginas de la revista, en forma de sustancias psicotrópicas, alcohol, comida, fisgoneo conyugal o sexo con enanas. Han participado autores como Gabriela Ybarra, Lucía Etxebarria, Daniel Jiménez,Gioconda Belli, Edurne Portela, José Serralvo o Sara Mesa, entre otros. En la portada y el interior encontrarás las perturbadoras fotografías de la serie Wannabe, de Elisa González Miralles.
A XUNTA CHAMA A EXTREMAR A PRECAUCIÓN NAS ESTRADAS ANTE A BAIXADA DE TEMPERATURAS
O Goberno galego mantén activo o Plan de Vialidade Invernal coa disposición de 54 quitaneves e 52 silos de acopio de fundentes para evitar incidencias na rede viaria autonómica por mor da presenza de neve ou xeo
- Os traballos de vialidade invernal consisten na realización de tratamentos preventivos con maquinaria de extensión de fundentes para evitar a formación de xeo e na retirada da neve acumulada
- O obxectivo destas medidas é garantir a vialidade na rede viaria, de xeito que se permita a circulación nas condicións máis seguras e cómodas posibles
- O dispositivo anticípase aos episodios de baixas temperaturas e realiza tratamentos preventivos dende tres días antes de que sucedan
- Este tratamento preventivo compleméntase cos percorridos diarios que levan a cabo os vixiantes de conservación para a comprobación do estado da rede autonómica de estradas
Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- A Xunta, que mantén activo o Plan de Vialidade Invernal dende o pasado mes de novembro para evitar incidencias na rede viaria autonómica por mor da presenza de neve ou xeo, fai un chamamento a extremar a precaución nas estradas ante as condicións meteorolóxicas adversas para os vindeiros días.
A Consellería de Infraestruturas ten en marcha o dispositivo necesario para resolver as posibles incidencias viarias que poidan ocasionar os episodios de neve ou xeo nas estradas autonómicas.
O obxectivo destas medidas é garantir a vialidade na rede viaria autonómica, de xeito que se permita a circulación nas condicións máis seguras e cómodas posibles. Para isto, disponse dun operativo con 54 quitaneves e 52 silos e puntos de acopio de fundentes, entre outros recursos, para levar a cabo estas tarefas.
Os traballos de vialidade invernal consisten na realización de tratamentos preventivos para evitar no posible a formación de xeo con maquinaria de extensión de fundentes e tamén no despexe e retirada con maquinaria de empuxe da neve ou xeo que se poida chegar a acumular.
Procedemento
Para anticiparse aos posibles episodios de baixas temperaturas e co obxecto de prever a realización de tratamentos preventivos cunha antelación aproximada de tres días, durante o período de vialidade invernal, o persoal encargado da conservación de estradas consulta diariamente as previsións de institutos meteorolóxicos coma Meteogalicia ou o Instituto Nacional de Meteoroloxía sobre a cota de cero grados, a cota de neve e as temperaturas máximas e mínimas e a humidade previstas.
Este seguimento compleméntase cos percorridos diarios da rede autonómica que levan a cabo os vixiantes de conservación, que comproban o estado das estradas, informando aos seus responsables sobre o mesmo.
Cando as temperaturas mínimas son baixas e a humidade relativa elevada, analízase a necesidade de aplicación dun tratamento preventivo, consistentes no seguinte:
- Esparexemento de fundentes con sal ou salmoira (mestura de sal mariña e auga), que se realiza cos camións quitaneves, con dotacións baixas, nos treitos nos que se sexa frecuente a aparición de placas de xeo.
- Control especial das zonas problemáticas, e repetición do tratamento se se detecta que a calzada queda ‘lavada’ (por exemplo no caso de fortes choivas), e perde o tratamento anterior.
Estes tratamentos preventivos soen ser efectuados, en xeral, en horario nocturno e entre as 20:00 h e as 08:00 h, en función das necesidades de cada subzona. Cando se detecte a presenza de placas de xeo nalgunha estrada complementarase o tratamento anterior co esparexemento de fundentes con dotacións máis altas. En caso de neve na calzada, procederase ao paso da coitela quitaneves e á inmediata extensión de fundentes (sal ou salmoira). Realizarase posteriormente un control intenso das estradas afectadas por si fose necesario realizar sucesivas aplicacións destas medidas.
Os equipos de conservación teñen itinerarios para a realización dos tratamentos preventivos ou de limpeza establecidos en base á experiencia, que poden axustarse en función da información transmitida diariamente polos vixiantes ou os responsables da empresa conservadora en situacións determinadas.
El Gobierno negocia con los grupos políticos un sistema de bono social coherente y bien financiado
* Los representantes de los grupos abordaron la definición de consumidor vulnerable
17.01.17. El ministro de Energía, Turismo y Agenda Digital, Álvaro Nadal, se ha reunido hoy en la sede del Ministerio con representantes de los grupos parlamentarios para avanzar en la actualización y desarrollo del bono social. El objetivo es aprobar un sistema coherente y bien financiado.
Durante la reunión, el ministro ha pedido a los diferentes grupos que envíen sus propuestas concretas para elaborar una definición conjunta de consumidor vulnerable. Existe consenso de todos los partidos en usar el criterio de renta para determinar qué ciudadanos son vulnerables o no.
El marco de actuación del bono social quedó establecido en el Real Decreto que aprobó el Gobierno el pasado 23 de diciembre. Ahora se trabaja en el desarrollo de la normativa necesaria para establecer los términos y condiciones de aplicación de estas medidas de protección al consumidor.
El ministro Nadal ha expuesto la disposición del Gobierno de dialogar con todos los partidos políticos y las CCAA para conciliar posturas. El papel de las CCAA es fundamental porque los consumidores más vulnerables son atendidos por los servicios sociales de las autonomías y los ayuntamientos. Precisamente, Nadal ha recordado que el tema de pobreza energética se ha llevado a la Conferencia de Presidentes celebrada hoy en el Senado.
O PARLAMENTO APROBA INSTAR Á XUNTA A REDACTAR AS NORMAS TÉCNICAS DE PLANEAMENTO QUE
“Estaremos axudando na interpretación das normas urbanísticas non só aos técnicos redactores, senón aos propios concellos e a todos os cidadáns”, afirmou Jaime Castiñeira
- O deputado popular concretou que o obxectivo é “cumprir os principios que se establecen na Lei do Solo de transparencia, publicidade, claridade, simplificación administrativa, seguridade xurídica e aplicabilidade”
Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a redactar as normas técnicas de planeamento que complementen ao regulamento da Lei do Solo, recentemente aprobado, como ferramenta ao servizo dos concellos.
O deputado popular Jaime Castiñeira explicou que o obxectivo é “cumprir os principios que se establecen na Lei do Solo de transparencia, publicidade, claridade, simplificación administrativa, seguridade xurídica e aplicabilidade”. “Deste xeito, estaremos axudando na interpretación das normas urbanísticas non só aos técnicos redactores, senón aos propios concellos e a todos os cidadáns”.
UNIFICAR CRITERIOS
Jaime Castiñeira indicou que estas normas de planeamento urbanístico “terán por obxecto unificar os criterios técnicos para a elaboración dos documentos de planeamento urbanístico, a cartografía, a terminoloxía e os conceptos urbanísticos xerais, así como calquera outra cuestión que precise aclaración ou orientación técnica en materia de planeamento”.
“Estas novas normas serán elaboradas pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, previo sometemento a informe da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia e escoitada a Federación Galega de Municipios e Provincias”, apuntou.
Desaloxo tres pisos do Concello en Torneiros
O CONCELLO INICIOU OS TRÁMITES PARA DESALOXAR TRES PISOS DE TONEIROS,DE PROPIEDADE MUNICIPAL, CEDIDOS POR UN PERÍODO DE 6 MESES, HAI XA PRETO DE 8 ANOS, A TRES FAMILIAS EN SITUACIÓN DE NECESIDADE
A Concellería de Benestar ven de iniciar os trámites para o desaloxo de tres pisos de propiedade municipal, na parroquia de Torneiros, que en maio de 2009 foran cedidos, “de xeito temporal por un prazo de 6 meses”, a outras tantas familias en dificultades.
A concelleira de Benestar subliña que as vivendas de propiedade municipal son “un ben escaso” e, coma tal, que ten que ser empregado para favorecer ao maior número de persoas que se atopen en situación de necesidade, que no caso do Porriño son numerosas, e “non para o uso exclusivo de tres familias”.
Soledad Girón subliña que “ninguén viuse tan beneficiado polos servizos de Benestar do Concello coma as persoas que levan preto de oito anos nestas vivendas” e lembra que os Servizos Sociais coñecen “moitos casos” de familias do Porriño que están en condicións moi difíciles, coma as máis de cen que viven so coa Renda de Inserción Social e tendo que facer fronte a alugueiro e aos gastos de luz e auga, e que o xusto é que estas vivendas municipais sirvan coma “axuda temporal ao maior número posible de persoas”.
Giron entende que “favorecer a uns poucos é moi inxusto con persoas que están na mesma situación ou en peores condicións e a obriga das Administracións, neste caso do Concello, é velar por todos, non por uns poucos en exclusividade”.
Os moradores destes pisos xa recibiron a notificación do Concello para que deixen os mesmos e, este martes, a propia concelleira falará con eles.