MARCO Vigo: inauguración CAROLINA BONFIM

CAROLINA BONFIMunnamed

90 movementos sobre TECHNOGYM G6508D

PROBLEMÁTICAS. Artistas no relato incompleto

Ciclo de exposicións comisariado por Chus Martínez Domínguez

Datas       20 xaneiro – 2 abril 2017

Lugar       Anexo [vestíbulo principal]

Horario                  Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

Domingos, de 11.00 a 14.30

Produción             MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, en colaboración con

Coincidindo coa xornada inaugural, o venres 20 de xaneiro ás 19.30 terá lugar no salón de actos unencontro-coloquio aberto ao público entre Carolina Bonfim e a comisaria do proxecto, Chus Martínez Domínguez. A continuación, a partir das 20.00 a artista levará a cabo unha performance, como activación da peza, no propio espazo expositivo.

+ INFO /nota prensa en http://www.marcovigo.com/content/carolina-bonfim-90-movementos-sobre-technogym-g6508d-ciclo-problem-ticas-artistas-no-relato-

 


Carolina Bonfim

90 movementos sobre TECHNOGYM G6508D

“O 13 de maio de 2016, ás 18:32, comecei a correr na cinta modelo TECHNOGYM G6508D. Sobre esta cinta botei a correr durante 90 días e desde unha observación activa, estudei os corpos que corrían diante miña.

A elección de realizar este estudo no ximnasio non foi aleatoria. O ximnasio é por excelencia un espazo dedicado á corporeidade, onde o corpo/suxeito está en movemento constante, que performapara seguir performando, 24h, 7 días/semana, 365 días/ano. A súa arquitectura está pensada como un escaparate de corpos, onde moitos alí depositan a procura de sentido por medio da práctica do movemento corporal. Como o corpo e a subxectividade poden ser pensados, manipulados, transmitidos e vividos a través dunha actividade física?

Neste estudo quixen poñer o foco na acción ‘correr’ e levala ao extremo: fragmentala, arquivala, incorporala, evidenciar o que hai de único e propio en cada maneira de moverse. Desde o meu corpo vivín e experimentei 90 maneiras de correr. Cada día elixía un corpo e a dinámica deste traballo era unha mestura entre encarnación-comportamento-contorna. Para cada corpo, o mesmo guión: incorporaba cada movemento in situ, sobre a cinta de correr e posteriormente, fóra do ximnasio, repetíao varias veces. Como metodoloxía para a aprehensión do movemento, utilicei diferentes técnicas (fotografía, texto, vídeo e colaxes) creando así partituras, esquemas, fichas e detalles de cada un dos corpos observados. O resultado é un arquivo de ‘correr’ de corpos de descoñecidos no ximnasio.

Este proxecto continúa unha liña de traballo que veño desenvolvendo desde 2010 e que ten que ver co estudo de accións tratadas como triviais, é dicir; andar, marchar, nadar, correr, beber, mirar, bailar, sentar e desprazarse, entre outras. Aínda que as realizamos como actos físicos ou mecánicos ‘naturais’, son en realidade o resultado da dimensión cultural onde está inscrito o individuo e a súa aprendizaxe está baseada especialmente na imitación. Cada corpo representa un sistema simbólico particular, unha estrutura lingüística que ‘fala’ e revela unha infinidade de informacións a través da súa xestualidade.

Busco experimentar a xestualidade do Outro no meu corpo desde a miña subxectividade, expandir o meu repertorio corporal e manter activa a capacidade de ter un corpo mestizo e plural”.

Carolina Bonfim

 

S
PROBLEMÁTICAS

Artistas no relato incompleto

Ciclo de exposicións comisariado por Chus Martínez Domínguez

Lugar: Anexo (vestíbulo principal)

Programación e calendario

Mónica Cabo

29 abril – 26 xuño 2016

Pascuala Campos de Michelena/Ana Gallego Palacios

8 xullo – 11 setembro 2016

Xisela Franco

23 setembro 2016 – 8 xaneiro 2017

Carolina Bonfim

20 xaneiro – 2 abril 2017

 

Información e visitas

O persoal de salas está a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

Todos os días ás 18.00

Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: