A XUNTA MELLORA A ATENCIÓN AOS MAIORES NO CONTORNO FAMILIAR EN VILARIÑO DO CONSO AO REFORZAR O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

  • Ambos mandatarios acordaron continuar coa colaboración entre administracións para a mellora dos servizos e recursos sociais na localidade

2017-01-24-11-59-31_resized

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, entrevistouse esta mañá co alcalde do municipio ourensán de Vilariño de Conso, Ventura Sierra Vázquez. O obxectivo do encontro, que se enmarca na rolda de contactos que o responsable da área social do Goberno galego está a manter cos primeiros e primeiras edís de Galicia, foi o de coñecer de maneira máis detallada a realidade e as necesidades en materia social que ten esta localidade e así estudar posibles novas liñas de actuación e colaboración entre as dúas administracións que redunden no benestar dos veciños e veciñas de Vilariño de Conso.

 

Así, entre as principais preocupacións que se abordaron na reunión estivo a atención ás persoas maiores, nomeadamente ás que teñen a súa autonomía limitada. Neste sentido, cómpre sinalar que a Xunta de Galicia incrementou en 2016 en máis dun 22% as horas de coidado a dependentes no seu contorno familiar a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF-Dependencia). Na actualidade, e con esta subida, a ratio de atención do SAF Dependencia nesta vila de Ourense é de practicamente o cento por cen. A Administración autonómica e o ente local financian conxuntamente 639 horas mensuais de SAF Dependencia, sumando ao longo do ano un total de 7.668 horas de atención.

 

Por outra banda, e no ámbito de familia e infancia, a Consellería de Política Social contribúe ao mantemento do Punto de Atención á Infancia que está en funcionamento neste concello e que oferta 20 prazas. A achega económica da Xunta a este centro ascende a 11.193,26 euros, con cargo á orde de investimentos na rede de escolas municipais da comunidade.

 

Conselleiro e alcalde abordaron tamén a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade en Vilariño de Conso. “O diálogo entre as diferentes administracións é vital para garantir unha mellora da calidade de vida dos galegos e galegas a través das políticas sociais”, asegurou o titular autonómico tras finalizar o encontro. Nesta liña, Rey Varela avogou por continuar coa equidade no acceso aos servizos e recursos sociais entre os concellos urbanos e os máis rurais.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: