«Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura» no Teatro Afundación Vigo

A Sala de Exposicións do Teatro Afundación Vigo acolle desde hoxe ás 20.00 h e ata o 25 de marzo a mostra «Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura». Á inauguración da exposición, organizada polo Consello da Cultura Galega, xunto a Afundación e ABANCA, asistirán a patroa de Afundación, Mercedes Rozas; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; e o comisario da mostra, Manuel Gago. A iniciativa consiste nunhaselección de obxectos, entre os que hai pezas de ámbito cotián, como pode ser un morteiro de améndoas de mediados do século XVII, un bidón de leite, que representa a evolución do sector agrogandeiro, ou un pote de queimada, xunto a outros máis emblemáticos como a bandeira do Consello de Galiza ou a Mariscala, a cadea coa que se sospeita que foi encarcerado o mariscal Pardo de Cela. Un relato da evolución da cultura galega en función da capacidade dos obxectos de explicar aspectos da identidade, o territorio, a sociedade e a cultura galegas e os seus cambios. O horario de apertura ao público é de luns a venres de 17.30 a 20.30 h, sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: