GALICIA CONTINÚA ENTRE AS COMUNIDADES QUE MELLOR PAGAN AOS SEUS PROVEDORES, CUN TEMPO MEDIO 9,3 DÍAS POR DEBAIXO DA MEDIA

  • O período medio de pago da Administración galega sitúase en 24 días, fronte aos 33,3 días do conxunto das CCAA
  • A Xunta conseguiu rebaixar este indicador un 20% no último ano

 

Santiago, 23 de xaneiro de 2017.- Galicia continúa un mes máis entre as comunidades autónomas que pagan con máis axilidade aos seus provedores, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública sobre o mes de novembro. O tempo medio de pago situouse en 23,98 días en Galicia, o que supón 9,3 días menos que a media autonómica, que foi de 33,31 días.

 

O Ministerio de Hacienda ratifica que Galicia presenta un tempo medio de pago só inferior en cinco comunidades autónomas de réxime común e nas dúas comunidades de réxime foral. O informe elaborado polo Ministerio mostra tamén que seis comunidades incumpriron en novembro o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación.

 

Galicia mantense un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Ademais, en comparación co mesmo mes do ano 2015, o período medio de pago en Galicia é máis baixo, xa que en novembro do ano pasado o tempo medio de pago era de 29,97 días. Isto supón que a Xunta de Galicia conseguiu reducir o tempo medio de pago un 20% durante o último ano.

 

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en novembro foi do 0,80%. Galicia conseguiu reducir este indicador un 21,7% no último ano, ao baixar ata os 466 millóns de euros, segundo indican os datos do Ministerio de Hacienda.

 

Período Medio de Pago – Novembro 2016 (*CCAA de réxime foral)
Navarra* (4,63) Canarias 27,51
País Vasco* (4,44) Aragón 28,05
Andalucía 14,07 Cataluña 32,19
Castela e León 17,31 Media CCAA 33,31
Castela- A Mancha 18,28 Madrid 35,16
Estremadura 20,67 Cantabria 39,56
Asturias 23,56 Baleares 46,30
Galicia 23,98 Valencia 58,12
A Rioxa 27,11 Murcia 74,63

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: