LÓPEZ-CHAVES INFORMA DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA QUE CONCELLOS E ASOCIACIÓNS DA ÁREA TERRITORIAL POIDAN MELLORAR AS SÚAS INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS

  • 02012017_almorzoinformativoEntidades locais e colectivos veciñais poden xa solicitar as axudas do Fondo de Compensación Ambiental, da mellora das infraestruturas para concellos de menos de 30.000 habitantes e para as asociacións de veciños ou comunidades de usuarios  

 

Vigo, 23 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou esta mañá en rolda de prensa das tres ordes de axudas que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de publicar no Diario Oficial de Galicia para que concellos e colectivos veciñais poidan mellorar as súas infraestruturas públicas.

 

Coma explicou o delegado, as entidades interesadas xa ponde solicitar as axudas relativas ao Fondo de Compensación Ambiental, á mellora das infraestruturas para concellos de menos de 30.000 habitantes e para as asociacións de veciños ou comunidades de usuarios.   O obxectivo é axudalas no financiamento de proxectos promovidos por estas entidades locais e asociacións cun importe conxunto de preto de 11 millóns de euros.

 

Coma relatou López-Chaves, a primeira liña de axudas é unha orde de convocatoria para o outorgamento de subvencións específicas para investimentos destinadas as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia ou comunidades de usuarios de augas debidamente inscritos no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais.

 

Estas axudas contan cun orzamento de 1 millón de euros, xa teñen aberto o prazo de solicitudes, que é de 1 mes, e teñen como finalidade contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal para a realización de investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos que lles corresponda o dereito de uso, camiños veciñais e traídas de augas veciñais coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese veciñal análogos aos encadrados como servizos básicos municipais na lexislación básica de réxime local, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, contribuíndo deste xeito a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza.

 

Por unha banda, o delegado informou que o DOG tamén publica a orde pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017, destinadas a entidades locais de Galicia.

 

O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial.  Para o financiamento da convocatoria de subvencións destínanse un total de 7,7 millóns de euros e, coma especificou López-Chaves, en anteriores convocatorias subvencionáronse proxectos de reparacións de bombeos, instalacións eléctricas en pavillóns municipais, mellora de saneamento, a instalación de parques lúdico-didácticos ou a recuperación e posta en valor de ribeiras dos ríos. Concellos coma Soutomaior, Gondomar, Baiona ou Redondela foron beneficiarios destas axudas en anteriores ocasións.

 

Por último, a terceira liña de axudas é a relativa a orde pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

 

Para a concesión destas axudas destínase un crédito por un importe total de preto de 2 millóns de euros (1.986.666). Coma destacou López-Chaves, estas subvencións buscan que sexan beneficiarios os concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións que teñan menos de 30.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes a 1 de xaneiro de 2015, publicadas polo Instituto Galego de Estatística e que teñan remitidas as contas do concello correspondentes ao exercicio orzamentario de 2015 ao Consello de Contas.

 

Neste caso, en convocatorias anteriores recibiron axudas concellos da área coma Salceda de Caselas, Soutomaior, Fornelos de Montes, Baiona, Cangas ou Moaña para levar a cabo proxectos de mellora vinculados á prestación de servizos municipais e que pasaron por pavimentación de camiños, instalación de elementos biosaudables en paseos ou elementos de xogo en parques infantís, reformas das prazas de entrada de edificios municipais, construción de parques infantís, equipamentos en pavillóns deportivos municipais ou mellora da rede de alumeado público, entre outros.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: