Archivo | enero 24, 2017

El musical «El mago de Oz» vuelve a Vigo

mago__medium mado__mediumRegresa a tierras gallegas el musical El mago de Oz con dos fechas: 28 de enero en Vigo . Teatro Afundación Vigo

&Policarpo Sanz, 13,Vigo. 36202. Pontevedra

El 28 de enero llega al Teatro Afundación de Vigo el musical El Mago de Oz, una nueva versión del clásico de L. Frank Baum con música, magia, humor y muchas sorpresas. Una historia emotiva que todavía hoy, un lustro después de su estreno, mantiene viva la ilusión en los corazones de pequeños y maiores.

Compra tus entradas en ataquilla.com

A XUNTA E STOP ACCIDENTES COLABORARÁN NO FOMENTO DE HÁBITOS DE SEGURIDADE VIARIA ENTRE OS ESCOLARES DE CONTORNOS RURAIS

 

  • A Coruña A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, manterá unha xuntanza de traballo coa plataforma Stop Accidentes. Na sede da asociación 23/01/2017 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    A Coruña
    A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, manterá unha xuntanza de traballo coa plataforma Stop Accidentes. Na sede da asociación
    23/01/2017
    Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    O Goberno galego promove o proxecto ‘O corazón está do teu lado’ para formar aos alumnos en condutas seguras e a organización de loita contra os accidentes de tráfico traballa a prol da mobilidade escolar segura na Coruña

  • A conselleira e a presidenta de Stop Accidents acordan poñer en común as experiencias para fomentar a seguridade viaria no entorno dos colexios do rural

 

 

Santiago, 23 de xaneiro de 2017.- A Xunta e Stop Accidentes colaborarán no fomento de hábitos de seguridade viaria entre os escolares de contornos rurais de Galicia. Así o acordaron hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e a presidenta desta entidade, Jen Picard, na xuntanza que mantiveron co obxectivo de establecer canles de cooperación e de sumar esforzos fronte á sinistralidade viaria.

 

No encontro, a conselleira de Infraestruturas informou de que o Plan Galego de Seguridade Viaria 2016-2020 que está a desenvolver a Xunta de Galicia inclúe o desenvolvemento da primeira campaña educativa nesta materia que desenvolve a administración autonómica galega nos centros de ensino.

 

Nese marco, o pasado curso púxose en marcha a iniciativa O corazón está do teu lado, que inclúe unha unidade didáctica e diversas actividades de apoio destinadas a formar aos nenos nas prácticas seguras, tales como o emprego de sendas peonís ou o emprego de material reflectante para circular nas beiras das estradas.

 

Pola súa banda, Stop Accidentes explicou que está a desenvolver en colaboración coa asociacións de nais e pais de alumnos de diferentes centros de ensino da Coruña o proxecto Ancas para fomentar unha mobilidade escolar segura.

 

A conselleira de Infraestruturas e a presidenta de Stop Accidentes acordaron aproveitar estas dúas experiencias paralelas e complementarias para establecer fórmulas de colaboración encamiñadas a fomentar a seguridade viaria nos centros de ensino do rural.

 

Esta colaboración entronca cunha das liñas do Plan Galego de Seguridade Viaria, que prevé a realización de análise da situación do entorno de tráfico de diferentes centros educativos galegos co obxectivo de establecer recomendacións para mellorar a seguridade viaria neses ámbitos.

 

LÓPEZ-CHAVES INFORMA DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA QUE CONCELLOS E ASOCIACIÓNS DA ÁREA TERRITORIAL POIDAN MELLORAR AS SÚAS INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS

  • 02012017_almorzoinformativoEntidades locais e colectivos veciñais poden xa solicitar as axudas do Fondo de Compensación Ambiental, da mellora das infraestruturas para concellos de menos de 30.000 habitantes e para as asociacións de veciños ou comunidades de usuarios  

 

Vigo, 23 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou esta mañá en rolda de prensa das tres ordes de axudas que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de publicar no Diario Oficial de Galicia para que concellos e colectivos veciñais poidan mellorar as súas infraestruturas públicas.

 

Coma explicou o delegado, as entidades interesadas xa ponde solicitar as axudas relativas ao Fondo de Compensación Ambiental, á mellora das infraestruturas para concellos de menos de 30.000 habitantes e para as asociacións de veciños ou comunidades de usuarios.   O obxectivo é axudalas no financiamento de proxectos promovidos por estas entidades locais e asociacións cun importe conxunto de preto de 11 millóns de euros.

 

Coma relatou López-Chaves, a primeira liña de axudas é unha orde de convocatoria para o outorgamento de subvencións específicas para investimentos destinadas as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia ou comunidades de usuarios de augas debidamente inscritos no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais.

 

Estas axudas contan cun orzamento de 1 millón de euros, xa teñen aberto o prazo de solicitudes, que é de 1 mes, e teñen como finalidade contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal para a realización de investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos que lles corresponda o dereito de uso, camiños veciñais e traídas de augas veciñais coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese veciñal análogos aos encadrados como servizos básicos municipais na lexislación básica de réxime local, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, contribuíndo deste xeito a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza.

 

Por unha banda, o delegado informou que o DOG tamén publica a orde pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017, destinadas a entidades locais de Galicia.

 

O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial.  Para o financiamento da convocatoria de subvencións destínanse un total de 7,7 millóns de euros e, coma especificou López-Chaves, en anteriores convocatorias subvencionáronse proxectos de reparacións de bombeos, instalacións eléctricas en pavillóns municipais, mellora de saneamento, a instalación de parques lúdico-didácticos ou a recuperación e posta en valor de ribeiras dos ríos. Concellos coma Soutomaior, Gondomar, Baiona ou Redondela foron beneficiarios destas axudas en anteriores ocasións.

 

Por último, a terceira liña de axudas é a relativa a orde pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

 

Para a concesión destas axudas destínase un crédito por un importe total de preto de 2 millóns de euros (1.986.666). Coma destacou López-Chaves, estas subvencións buscan que sexan beneficiarios os concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións que teñan menos de 30.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes a 1 de xaneiro de 2015, publicadas polo Instituto Galego de Estatística e que teñan remitidas as contas do concello correspondentes ao exercicio orzamentario de 2015 ao Consello de Contas.

 

Neste caso, en convocatorias anteriores recibiron axudas concellos da área coma Salceda de Caselas, Soutomaior, Fornelos de Montes, Baiona, Cangas ou Moaña para levar a cabo proxectos de mellora vinculados á prestación de servizos municipais e que pasaron por pavimentación de camiños, instalación de elementos biosaudables en paseos ou elementos de xogo en parques infantís, reformas das prazas de entrada de edificios municipais, construción de parques infantís, equipamentos en pavillóns deportivos municipais ou mellora da rede de alumeado público, entre outros.

 

A XUNTA DE GALICIA REFORZA O SERVIZO DO 061 NO MORRAZO CUNHA NOVA AMBULANCIA QUE OPERARÁ DE 9 A 23 HORAS DENDE O DÍA DE HOXE

  • 23012017_reforzo061morrazo3O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá a base de ambulancias do 061
  • Deste modo pasarán a ter tres unidades durante o peche do corredor ata finais de febreiro por mor das obras de conversión en autovía
  • Tamén hoxe ao mediodía autorizouse a ampliación das frecuencias do barco entre Moaña e Vigo

 

Vigo, 23 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá a base de ambulancias do 061 en Cangas xunto á xefa territorial da Consellería de Sanidade, Ángeles Feijóo-Montenegro. O motivo foi informar do reforzo do servizo do 061 que o Goberno autonómico pon en marcha dende hoxe para o Morrazo.

 

Coma explicou López-Chaves, e tras a reunión mantida o pasado mércores entre a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e os alcaldes do Morrazo, o reforzo responde á solicitude feita polos rexedores e trátase dunha nova ambulancia asistencial de soporte vital básico do 061 que operará de 9 a 23 horas. Deste xeito, o servizo pasará a contar con tres unidades asistenciais durante o peche do corredor do Morrazo ata finais do mes de febreiro por mor das obras de conversión en autovía.

 

Durante o pasado ano 2016, recibíronse na Central de Coordinación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 un total de 15.848 chamadas procedentes de Cangas e Moaña, o que supón unha media de 43 chamadas diarias. Destas chamadas, 7.257 foron de demanda, orixinando así 6.644 procesos asistenciais. Deles, o 58,4% precisaron a mobilización de recursos e, coma informou o delegado, se mobilizou unha ambulancia medicalizada en 109 ocasións -34 no Concello de Cangas e 75 no de Moaña- mentres que na maioría dos casos se mobilizaron ambulancias asistenciais de soporte vital básico.

 

Máis frecuencias do barco Vigo- Moaña

Por outra parte, e tal e como se comprometera a conselleira de Infraestruturas a semana pasada, a Dirección Xeral de Mobilidade autorizou este mediodía a ampliación das frecuencias do barco entre Moaña e Vigo. Este incremento de servizos ten como obxectivo minimizar a afección do peche do corredor do Morrazo por mor das obras de construción da autovía que está a levar a cabo o Goberno galego. Co aumento das viaxes, a Xunta pretende facilitar os desprazamentos dos veciños desta comarca, ofrecendo máis alternativas e fomentando o uso do transporte público.

A ampliación das frecuencias de barco contempla 14 viaxes máis entre Moaña e Vigo, incluíndo, de luns a venres, 4 desprazamentos máis a primeira hora da mañá e última da tarde. Así, dende Moaña auméntanse os servizos ás 7.30, 8.30, 19.30 e 20.30 horas; e dende Vigo, ás 8, 9, 20 e 21 horas. Ademais, os sábados, o barco ampliará o servizo cunha viaxe de ida e volta ás 15 horas dende Moaña e ás 15.30 dende Vigo; e os domingos haberá dous itinerarios dende Moaña ás 12 e 19 horas, e dende Vigo, ás 12.30 e 19.30 horas.

 

Corte de subministro de auga no centro de O Porriño a noite do martes ao mércores

Para acometer a reparación dunha fuga na rede xeral de abastecemento ao núcleo urbano do Porriño, o Consorcio de Augas do Louro realizará un corte do subministro entre as 11 e media da noite deste martes, día 24 de xaneiro, ata as 2 e media da mañá do mércores, día 25, tres horas en total.

Os traballos, que se fan de madrugada para causar os menores prexuízos aos veciños, afectarán a Avenida de Galicia, Avenida de Bos Aires, rúa Progreso, Ramiranes, Manuel Rodríguez, Ramón González e Antonio Palacios.

Os traballos consistirán no cambio dun manguito deteriorado que facía de unión entre dos treitos dunha tubaxe de 315 milímetros de diámetro.

A XUNTA ADXUDICA 16.250 METROS CADRADOS DE SOLO NOS PARQUES EMPRESARIAIS DE NEGREIRA, PONTE CALDELAS, E MOS BAIXO A MODALIDADE DE DEREITO DE SUPERFICIE

 

  • Esta iniciativa da Xunta para facilitar o acceso ao solo industrial permite aos adxudicatarios acceder ao solo empresarial por un período de 30 anos prorrogable co pago dun pequeno canon mensual
  • No parque da Veigadaña, en Mos, adxudicáronse dúas parcelas, que suman  6.323 metros cadrados,  a unha empresa de tratamento de residuos non perigosos
  • Na Reigosa, en Ponte Caldelas, adxudicouse unha parcela de 8.357 metros cadrados a unha empresa relacionada co sector da pesca e a conserva que prevé crear 42 postos de traballo entre directos e indirectos
  • No parque de Negreira adxudicouse unha parcela de 1.570 metros cadrados a unha empresa que xa adquirira outra e está edificando as súas instalacións
  • A Xunta leva adxudicado máis de 728.000 metros cadrados de solo empresarial dende que en 2015 puxo en marcha o programa de bonificacións de solo empresarial, que poden acadar o 50 por cento do prezo de venda das parcelas

 

 

Santiago, 23 de xaneiro de 2016.- A Xunta, a través de Xestur, adxudicou hoxe 16.250,75 metros cadrados de solo industrial nos parques empresariais de Negreira, A Reigosa (Ponte Caldelas) e A Veigadaña (Mos) baixo a modalidade de dereito de superficie, que permite aos adxudicatarios acceder ao solo empresarial por un período de 30 anos prorrogable co pago dun pequeno canon mensual.

 

No parque empresarial da Veigadaña, en Mos, adxudicáronse dúas parcelas a unha empresa de tratamento de residuos non perigosos. En total, as dúas parcelas suman 6.323 metros cadrados. O prezo de venda sería en total de preto de un millón de euros, pero a empresa adxudicataria pagará pouco máis de 14.500 euros anuais durante os dous primeiros anos (1,5% do prezo da parcela), podendo solicitar o primeiro de carencia e pagar a cota que corresponde ao mesmo durante os cinco seguintes anos. A cota anual pasa a ser de pouco máis de 24.100 euros no terceiro e cuarto ano (2,5% do prezo da parcela) e de algo máis de 33.800 euros a partir do quinto ano (3,5 % do prezo).

 

No parque empresarial da Reigosa, en Ponte Caldelas, adxudicouse en dereito de superficie unha parcela de 8.357 metros cadrados a unha empresa relacionada co sector da pesca e a conserva que prevé crear 42 postos de traballo entre directos e indirectos. O prezo de venda da parcela é de preto de 740.000 euros e o canon anual a pagar será de 8.357 euros (1º-2º anos), 11.909 euros (3º-4º anos) e 27.789 euros (5º ano e seguintes).

 

O investimento previsto pola empresa para a súa instalación na Reigosa é de 3,3 millóns de euros entre 2017 e 2022. Nese período o importe a pagar polo solo empresarial roldará os 100.000 euros, o que supón menos do 3 por cento do investimento total.

 

No parque empresarial de Negreira adxudicouse no mesmo réxime unha parcela de 1.570 metros cadrados a unha empresa que xa adquiriu outra parcela no mesmo parque e na que está edificando as súas instalacións. O prezo de venda desta parcela é de máis de 108.000 euros, e o canon anual de 1.624 euros (1º-2º anos), 2.708,25 euros (3º-4º anos) e 3.791 euros (5º e seguintes anos).

 

Por outra parte, o Consello de administración de Xestur declarou como singular o proxecto dunha empresa interesada en asentarse no parque empresarial das Gándaras (Lugo), que ocupará 25.000 metros cadrados.

 

Facilidades no acceso ao solo industrial

A adxudicación de solo en dereito de superficie permite ás empresas acceder a solo adaptado para as súas necesidades pagando un reducido canon anual, o que facilita que concentren os seu esforzo financeiro inicial na construción e equipamento das instalacións, sen que iso signifique renunciar á propiedade da parcela, xa que poden adquirila en calquera momento durante os dez primeiros anos da adxudicación, descontando ademais do prezo o 40 por cento do achegado en concepto de canon anual.

 

O dereito de superficie é unha modalidade nova de adxudicación que ofrece a Xunta a través do IGVS e Xestur, complementaria do acceso ao solo empresarial a través da adquisición do mesmo. As adxudicacións realizadas no consello de administración de Xestur celebrado hoxe acreditan que esta oferta comeza a cobrar atractivo para as empresas galegas, xa que con anterioridade xa se adxudicaron parcelas en dereito de superficie nos parques empresariais de Mos e Ortigueira.

 

A Xunta leva adxudicado máis de 728.000 metros cadrados de solo empresarial dende que en 2015 puxo en marcha o programa de bonificacións de solo empresarial, que poden acadar o 50 por cento do prezo de venda das parcelas. O solo adxudicado entre 2015 e 2016 supera en preto do 20 por cento o vendido conxuntamente nos anos 2007 e 2008 en que se adxudicaron 607.000 metros cadrados en total.

 

«Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura» no Teatro Afundación Vigo

O Teatro Afundación Vigo, na súa Sala de Exposicións, acollerá mañá, 24 de xaneiro, ás 11.30 h, a rolda de prensa de presentación da mostra «Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura», na que estará o comisario, Manuel Gago, e Paloma Vela Garicano, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación. A exposición inaugurarase esa mesma tarde ás 20.00 h nun acto no que estarán Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Manuel Gago, comisario da mostra; e Mercedes Rozas, patroa de Afundación.

A CIG de Vigo analizará nunha asemblea os ataques contra o sistema público de pensións e mobilizarase na súa defensa

2017-01-23-roldaprensaasembleadelegadospensionsvigo01Tras a xuntanza de delegados/as haberá unha manifestación até o INSS

A Unión Comarcal da CIG de Vigo celebrará este martes 24 unha asemblea de delegados/as para analizar a situación na que se atopa o sistema público de pensións ante os ataques que está a recibir. Ao remate do encontro a central ten convocada unha manifestación en defensa das pensións que rematará na sede do INSS, mobilización que fai parte da campaña nacional posta en marcha polo sindicato e que inclúe a celebración dunha marcha en Santiago este sábado.

O secretario comarcal da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves, compareceu este luns en rolda de prensa xunto ao de Organización, Anxo Igrexas, e os representantes do Colectivo de Xubilados/as e Pensionaistas para anunciar a celebración dunha asemblea de delegados/as este martes 24 na parroquia do Cristo da Vitoria, na rúa Baiona número 9, en Coia, na que se abordará o estado do actual sistema público de pensións ante a ameaza de recortes por parte do Goberno español do PP e o interese da banca en estender o negocio dos fondos de pensións privados.

O responsábel sindical explicou que ao remate do encontro, arredor das 11.30 horas, haberá unha manifestación en defensa das pensións até a sede do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS). Esta mobilización fai parte da campaña posta en marcha pola CIG a nivel nacional que persegue a recuperación dos dereitos laborais e sociais “roubados coa coartada da crise” que inclúe unha manifestación este sábado 18 dende a Alameda de Santiago ás 12.00 horas. Posteriormente haberá novas protestas comarcais en febreiro e marzo.

Gonçalves fixo un chamamento á participación de toda a clase traballadora da bisbarra ante a importancia de “iniciar unha ofensiva para frear os ataques da dereita ao sistema público de pensións” e incidiu na necesidade de que as pensión sexan financiadas mediante os Orzamentos Xerais do Estado. “Mais en lugar disto o que fan é desviar cartos do propio fondo das pensións para outros temas”, criticou. Neste senso, indicou que todas as persoas que desexen acudir á manifestación terán á súa disposición autobuses que sairán de Vigo, A Guarda e O Porriño.

Con todo, reiterou que para a CIG a único xeito de blindar as pensións é garantir o emprego nunhas condicións laborais dignas que permitan unhas cotizacións máis altas. “Temos que defender o sistema público dos ataques da gran banca, que pretende facerse cun novo nicho de negocio”, rematou.

GALICIA CONTINÚA ENTRE AS COMUNIDADES QUE MELLOR PAGAN AOS SEUS PROVEDORES, CUN TEMPO MEDIO 9,3 DÍAS POR DEBAIXO DA MEDIA

  • O período medio de pago da Administración galega sitúase en 24 días, fronte aos 33,3 días do conxunto das CCAA
  • A Xunta conseguiu rebaixar este indicador un 20% no último ano

 

Santiago, 23 de xaneiro de 2017.- Galicia continúa un mes máis entre as comunidades autónomas que pagan con máis axilidade aos seus provedores, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública sobre o mes de novembro. O tempo medio de pago situouse en 23,98 días en Galicia, o que supón 9,3 días menos que a media autonómica, que foi de 33,31 días.

 

O Ministerio de Hacienda ratifica que Galicia presenta un tempo medio de pago só inferior en cinco comunidades autónomas de réxime común e nas dúas comunidades de réxime foral. O informe elaborado polo Ministerio mostra tamén que seis comunidades incumpriron en novembro o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación.

 

Galicia mantense un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Ademais, en comparación co mesmo mes do ano 2015, o período medio de pago en Galicia é máis baixo, xa que en novembro do ano pasado o tempo medio de pago era de 29,97 días. Isto supón que a Xunta de Galicia conseguiu reducir o tempo medio de pago un 20% durante o último ano.

 

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en novembro foi do 0,80%. Galicia conseguiu reducir este indicador un 21,7% no último ano, ao baixar ata os 466 millóns de euros, segundo indican os datos do Ministerio de Hacienda.

 

Período Medio de Pago – Novembro 2016 (*CCAA de réxime foral)
Navarra* (4,63) Canarias 27,51
País Vasco* (4,44) Aragón 28,05
Andalucía 14,07 Cataluña 32,19
Castela e León 17,31 Media CCAA 33,31
Castela- A Mancha 18,28 Madrid 35,16
Estremadura 20,67 Cantabria 39,56
Asturias 23,56 Baleares 46,30
Galicia 23,98 Valencia 58,12
A Rioxa 27,11 Murcia 74,63

Nota CIG – Vigo

Cig-Saúde denuncia, como xa o fixo en semanas anteriores, que o novo Hospital Álvaro Cunqueiro atopase en situación  deficitaria no número de camas dispoñibles ante a imposibilidade de seguir desdobrando habitacións pola falta dun stock suficiente, o que deriva en que un gran número de pacientes teñan que ser ingresados en plantas alleas a súa patoloxía (pacientes periféricos). Este feito mostra a realidade dun centro que naceu cun gran recorte no número de habitacións dispoñibles facendo na realidade imposible xeneralizar as habitacións individuais nos momentos de máis ingresos e, o que aínda é máis grave, sendo irreal a previsión de desdobramento destas ao non dispor dun stock suficiente para facelo.

Instamos á xerencia que nos mostre onde está escondido dito stock de camas xa que nos consta que non existe.

Mentres tanto no Meixoeiro continúan pechadas tres alas que esperemos en breve se vaian usando ao realizar intervencións de maior complexidad como CIG Saúde lle viña demandando ao SERGAS.

Sorpréndenos gratamente que o xerente rectifique no papel que debe xogar o Hospital Meixoeiro e o dote dunha verdadeira unidade de críticos  para que poda xogar o papel transcedental que lle viñamos esixindo ao xerente Felix Rubial e que reiteradamente negaba chamándonos “irrealistas” ou “inxenuos”. Alegrámonos da súa rectificación pública, en gran parte forzada pola mobilización do persoal e cidadanía.