PRETO DE 8.500 XÓVENES DA ÁREA METROPOLITANA QUE XA DISPOÑEN DA TMG XENTE NOVA PODERÍAN TER OS SEUS VIAXES CON TRASBORDO A CUSTE CERO SE VIGO SE INTEGRASE NO PLAN DE TRANSPORTE DA XUNTA

  • 24012017_rpxentenovaO delegado territorial da Administración autonómica na cidade, Ignacio López-Chaves, explicou esta mañá en rolda de prensa as vantaxes da tarxeta Xente Nova
  • Vigo é a cidade de Galicia que expediu o maior número de tarxetas de xeito que máis de 3.000 vigueses xa poden viaxar gratis no transporte interurbano
  • López-Chaves cualificou de “curioso” que un mozo vigués teña que pagar o transporte público para ir a Samil pero, en cambio, sería gratuíto se se desprazase á praia a Baiona ou a Panxón
  • Cangas, Moaña, Redondela e Nigrán seguen a Vigo coma municipios cun número importante de tarxetas expedidas
  • Os mozos terían unha tarifa de cero euros nas viaxes de carácter interurbano cun número máximo de sesenta (60) viaxes mensuais por usuario

 

Vigo, 24 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou esta mañá en rolda de prensa das vantaxes que os menores de 19 anos teñen coa tarxeta Xente Nova, iniciativa social posta en marcha polo Goberno galego o pasado mes de agosto para fomentar e favorecer o uso do transporte público facilitando o acceso da mocidade aos servizos básicos como a sanidade ou a educación, a través do emprego do transporte público e formando ás novas xeracións no seu uso, ao tempo que se axuda de forma substancial ás economías familiares.

 

Así, coa finalidade última de garantir a gratuidade dos transportes interurbanos aos menores de 19 anos dentro do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, López-Chaves explicou que esta iniciativa xa tivo un grande éxito en toda Galicia e, en especial, na área de Vigo polo número de tarxetas expedidas.

 

De feito, preto de 8.500 xóvenes de entre 4 e 18 anos, incluídos, -tendo en conta que os menores de 4 anos xa viaxan de balde nos autobuses metropolitanos-, xa disfrutan destas vantaxes e de custe cero nas súas viaxes de carácter interurbano, cun número máximo de sesenta (60) viaxes mensuais por usuario. “Fomentamos o uso do transporte público entre os menores de 19 anos”, valorou o delegado, quen especificou que no caso de Vigo cidade son uns 3.000 vigueses e viguesas os que xa contan cunha tarxeta Xente Nova, sendo ademais a primeira cidade de Galicia en número de tarxetas expedidas. Cangas (1.228), Moaña (889), Redondela (787) e Nigrán (749) seguen a Vigo en número de tarxetas.

 

De tal xeito, e coma exemplificou, calquera menor que queira desprazarse de Vigo a Baiona ou a Panxón ou a calquera outro concello da área, terá un custe cero no uso do transporte metropolitano. Neste senso, cualificou de “situación curiosa” o feito de que un mozo vigués que queira desprazarse á praia de Samil terá un transporte “máis caro” que “se quere ir á praia a Baiona ou a Panxón”. É máis, e coma matizou López-Chaves, estes mozos e mozas da área de Vigo que xa teñen no seu poder a tarxeta Xente Nova poderían beneficiarse tamén dos trasbordos gratuítos na cidade olívica se o Concello de Vigo estivese integrado de xeito efectivo no Plan de Transporte Metropolitano. “Poderían combinar o trasbordo gratuíto coa tarxeta Xente Nova, tamén gratuíta”, dixo o delegado, quen manifestou que isto xa sucede na Coruña ou en Santiago pero “en Vigo non” por non estar incorporado ao PTM.

 

Esta é así unha das principais vantaxes do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, que conta ademais con descontos de entre o 30 e o 50% nos desprazamentos interurbanos, transbordos gratuítos co transporte urbano, o 15% de bonificacións no caso dos usuarios habituais, favorecendo aos cidadáns que máis usan o transporte, ou bonificacións do 20% ao 50% para familias numerosas. “É a manifestación do investimento que a Xunta está a facer no PTM de Vigo. O que quere a Xunta é apostar polo transporte metropolitano”, insistiu o delegado facendo mención aos 2,5 millóns de euros que investirá neste ano 2017.

 

Por último, explicou que a utilización da tarxeta é moi fácil e que para facerse con ela, os interesados poderán solicitalo na web http://tmgxentenova.xunta.gal, onde se ofrecerá ademais cumprida información da operativa da tarifa Xente Nova.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: