Proxección da película ‘Querida Gina’ o venres día 27 no Centro Recreativo Cultural

a-directora-e-a-alcaldesaO Concello do Porriño proxectará o filme ‘Querida Gina’, que ten coma protagonistas a Juan Sánchez e Serafín Rodríguez, dous veciños da parroquia de Cans que, a finais do ano pasado, estivo entre as candidatas ás nominacións aos Premios Goya.

A proxección será o vindeiro venres 27 de xaneiro, ás 8 da tarde, no Centro Recreativo Cultural, e na mesma estará presente a súa directora, Susana Sotelo, que explicará cales foron as circunstancias da rodaxe da cinta, a convivencia de Juan e Serafín durante o mesmo ou o relato das vivencias da película dende a estrea, a finais de 2015, ate a actualidade.

Suana Sotelo e a alcaldesa de O Porriño, Eva García de la Torre, mantiveron unha xuntanza o pasado mes de decembro no que  a alcaldesa ofreceulle todo o apoio do Concello para a candidatura da cinta á nominación aos Goya e na que acordaron que a película volvese a Porriño este mes de xaneiro.

‘Querida Gina’ conta unha historia que empeza en 1959: Juan Sánchez e Serafín Rodríguez, veciños de Cans, están facendo a mili en Zaragoza, onde empezaba a rodaxe dunha superprodución de Hollywood, ‘Salomón e a raíña de Saba’, protagonizada por Tirone Power, que morreu na rodaxe  e é substituído por Yul Brynner, e Gina Lollobrigida. Juan e Serafín preséntase para da facer de extras, logran saír na cinta e ver, so dende moi lonxe, á fermosa actriz italiana.

En 2010, medio século máis tarde, contando aquela historia de xuventude, Susana Sotelo proponlles viaxar ata Roma para cumprir o seu sono de xuventude: ir á casa de Gina Lollobrigida e coñecela en persoa.

Empeza entón unha convivencia dun mes, dende a saída dende O Porriño, por estrada, camiño de Roma, pasando polo Norte de España, a Costa Azul francesa e o Oeste de Italia, ata a cidade eterna,  no que  Susana Sotelo filma máis de 300 horas de anécdotas, conversas e experiencias vividas por Juan, chofer de profesión, Serafín, enterrador de Atios e de Cans, e o mozo galés Tim Randall, que os acompaña nesta ‘expedición’, 300 horas que se quedan finalmente nunha metraxe de 102 minutos.

‘Querida Gina’, logo de moitas dificultades, pode estrearse a finais de 2015, estrea á que non chegarían os seus dous protagonistas, Juan e Serafín, que morren sen chegar a ver toda a película.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: