CHARLA EN DETRÁS DO MARCO SOBRE ANTIGYM
Este xoves 26 de xaneiro María Pastoriza ofrecerá unha charla en Detrás do Marco na que tratará sobre «Antigym».
GALICIA ASISTE EN MADRID A UNHA REUNIÓN CO RESTO DE COMUNIDADES AUTÓNOMAS PARA ABORDAR A SITUACIÓN DAS PERSOAS REFUXIADAS EN ESPAÑA
- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, participou nesta xuntanza
Madrid, 25 de xaneiro de 2017.- O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, participou hoxe en Madrid nunha reunión de traballo con directores xerais doutras Comunidades Autónomas e das cidades de Ceuta e Melilla, máis responsables da área relacionada cona inmigración e a integración de inmigrantes, así como o secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). O obxecto deste encontro foi analizar a situación das persoas refuxiadas en España, e se deu conta do balance de actuacións ao respecto durante o ano pasado.
No que atinxe ás cifras de 2016, no peche provisional do ano os expedientes de asilo tramitados elévanse a 22.107. Así mesmo e atendendo ás cifras de 2015, salienta que España é un dos países de Europa onde máis aumentou en porcentaxe os expedientes de asilo tramitados: case 20.000, o que supón multiplicar por catro a cifra de 2013 cun incremento do 167%.
Arturo Parrado insistiu na vocación solidaria e acción acolledora de Galicia neste ámbito, e destacou que a Xunta ten posto a disposición do Goberno de España os seus recursos para atender aos refuxiados. Así, en 2016 Galicia ten acollido a preto de 90 persoas, de cuxa integración ocúpanse a Cruz Vermella e Accem.
POLÍTICA SOCIAL RATIFICA O SEU COMPROMISO COAS PERSOAS QUE SOFREN DE ESCLEROSE MÚLTIPLE E ESTUDARÁ NOVAS VÍAS DE COLABORACIÓN
-
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro cos responsables da Asociación Compostelana de Esclerosis Múltiple (ACEM). No primeiro andar (área de Goberno).
foto xoán crespo
25/01/17Subliña a importancia de “traballar para acadar a integración social, laboral, profesional e humana daquelas persoas que sofren Esclerose Múltiple”
Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo na mañá de hoxe un encontro con responsables da sede da Asociación Compostelana de Esclerosis Múltiple (ACEM). Unha reunión na que o responsable da área social da Xunta de Galicia ratificou o compromiso do Goberno Autonómico coas persoas afectadas por esta enfermidade e valorou cos responsables de ACEM o establecemento de novas vías de colaboración na busca de mellores coidados para os pacientes.
Nas súas verbas, o titular de Política Social asegurou que unha das prioridades da Consellería é “traballar para acadar a integración social, laboral, profesional e humana daquelas persoas que sofren Esclerose Múltiple”. Nesta liña destacou o apoio a entidades do sector como ACEM que conta con máis de 150 socios e que promociona todo tipo de accións destinadas a mellorar a situación de persoas afectadas por esta doenza e enfermidades semellantes.
Durante o encontro, a entidade presentou ao conselleiro o seu proxecto para o centro de rehabilitación integral, que presta servizos rehabilitadores integrais a través dunha atención especializada multidisciplinar coa que se pretende prolongar o máximo posible a autonomía persoal das persoas con Esclerose Múltiple, Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) o outras enfermidades neurodexenerativas afíns. Rey Varela amosou o seu interese por este servizo e comprometeuse a estudar posibles futuras vías de colaboración coa entidade que redunden no benestar dos afectados por estas doenzas.
Real Filharmonía de Galicia no Teatro Afundación de Vigo
O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá mañá, xoves 26 de xaneiro, ás 20.30 h, un concerto da Real Filharmonía de Galicia, que nesta ocasión será dirixida por Pierre Dumoussaud e contará coa participación deYuval Gotlibovich, na viola, substituíndo a Tasso Adamopoulos, que, por motivos leves de saúde, non participará no recital de hoxe. O programa inicial mantense inalterable. Esta actuación inclúese na tempada de música clásica de Afundación na cidade de Vigo. Nela, a agrupación interpretaráHarold en Italia, op. 16, de Hector Berlioz, e Sinfonía num. 4 en la maior, op. 90 «Italiana», de Felix Mendelssohn.
O PARLAMENTO SOLICITA Á XUNTA ELABORAR UN PROGRAMA DE AXUDAS ESPECÍFICO PARA AS FAMILIAS MONOPARENTAIS
Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a elaborar un programa de axudas específico para as familias monoparentais, “reforzando as políticas dirixidas ao benestar das familias e, sobre todo, das familias de especial consideración”, manifestou a portavoz de Asuntos Sociais, Marta Rodriguez Arias.
Na súa intervención, a portavoz popular sinalou que a Xunta de Galicia, xunto coas entidades e asociacións, está a traballar na posta en marcha do Plan galego de política familiar, no que se atenden dereitos fundamentais que repercuten directamente na vida familiar como o emprego, a vivenda, a sanidade, a educación ou a protección social. “Este plan contempla, entre outras medidas, a creación dun rexistro de familias monoparentais e un sistema de beneficios para estas familias”, apuntou.
ESPECIAL CONSIDERACIÓN
Marta Rodríguez lembrou que as familias monoparentais xa están integradas nas consideradas de especial consideración por parte da Lei de apoio á familia e á convivencia en Galicia.
Esta norma establece un trato preferente para este tipo de familias; na adxudicación de prazas nas escolas infantís; na convocatoria de axudas do bono concilia e bono coidado; no acceso ás casas-niño; na valoración necesaria para acceder á Risga; nos programas de fomento de emprego e nas axudas destinadas á inserción laboral; e no Plan galego de vivenda.
#SonRías2017 | Amparanoia e SES, primeiras confirmacións
- O Festival volverá encher Bueu de festivaleiros os días 3, 4 e 5 de agosto coa súa particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado
- As entradas están xa á venda na web sonriasbaixas.info, cun prezo especial de 22,50 € máis gastos os tres días de concertos, coa acampada incluída
- A última edición do Festival conquistou o pasado verán a 16.500 persoas, que supuxeron para Bueu unha inxección económica de 1.200.000 euros
Bueu, 25 de xaneiro de 2017.- Amparanoia e SES, dúas mulleres con propostas musicais eclécticas e poderosas, protagonizan o primeiro avance do cartel da XV edición do Festival SonRías Baixas, que encherá de novo Bueu de festivaleiros os días 3, 4 e 5 de agosto de 2017. A compositora granadina Amparo Sánchez recalará en Galicia co proxecto musical que a lanzou á fama, Amparanoia, e coa maleta chea de cancións fronteirizas e coloridas que forman parte da banda sonora vital de toda unha xeración. Compartirá escenario coa bergantiñana María Xosé Silvar, SES, un auténtico fenómeno social que conquista ao público coa súa actitude rebelde e coa súa persoal mistura de música de raíz, rock, blues e canción de autor latinoamericana. A organización advirte que axiña dará novos nomes e recorda que as entradas están xa á venda na web sonriasbaixas.info, cun prezo especial de 22,50 € máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.
Amparo Sánchez retoma o proxecto musical que a lanzou á fama, Amparanoia, no 20 aniversario do seu primeiro álbum: El poder de Machín. E faino cunha xira que porá a cantar e a bailar ao público con temas que forman parte da banda sonora vital de toda unha xeración. Cancións fronteirizas e coloridas, como «Que te den» ou «La fiesta», cheas de ritmos latinos, mexicanos, árabes, flamencos ou rumberos. Revolucionaria musical, estandarte internacional da fusión, premiada pola BBC, Amparo Sánchez é unha artista sempre comprometida que se caracterizou pola enerxía do seu directo, pola alegría que transmiten as súas letras e pola súa valentía á hora de mesturar diferentes tipos de sons: blues, soul, boleros, rancheiras, rumbas, música popular suramericana… En El poder de Machín, que cumpre agora 20 anos, mostra o seu lado máis latino e bohemio acompañada por artistas como Manu Chao ou Víctor Coyote. E, aínda que 20 anos non son nada, si son o mellor motivo para mirar o pasado sen nostalxia… Con alegría!
Unha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana. Esa é a marca da casa de María Xosé Silvar, SES, un auténtico fenómeno social que chega ao SonRías Baixas 2017 cun novo disco debaixo do brazo. Opoñerse á extinción é o cuarto álbum desta cantora bergantiñana, unha forza da natureza que conta cunha potente voz e cun estilo inconfundible cos que conquista a unha tropa de seguedoras e seguedores que converten en himnos as súas cancións, sempre enerxéticas e combativas. SES é puro xenio, inconformismo e paixón. E agora atrévese, ademais, a deixarlle máis espazo á cantareira que hai no seu interior e a introducir novas sonoridades. Este verán encherá o escenario do SonRías Baixas coas súas cancións de amor e de denuncia e coa súa honestidade, lucidez e rabia.
Obxectivo: mellorar a experiencia do público asistente
A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, que xa é toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do Estado. Co slogan “de Festivaleiros para Festivaleiros” por bandeira, a organización artella cada ano unha completa programación musical que combina nomes consagrados e novas propostas e ofrécellela aos seus seguidores a uns prezos moi asequibles.
Este pasado verán, 16.500 persoas achegáronse ata a localidade do Morrazo para gozar coa música, a gastronomía e o audiovisual programados polo Festival, na que foi a edición máis exitosa e multitudinaria da súa historia e supuxo para Bueu unha inxección económica de 1.200.000 euros, chegándose ao pleno de ocupación hoteleira en toda a comarca e a bares e restaurantes da zona sen existencias. A maioría dos proveedores do Festival son da comarca e máis de 300 persoas traballan no evento, a maior parte, xente da vila.
A organización traballa agora, xunto co Concello, para mellorar a experiencia do público asistente, tanto dentro como fóra do Festival. Hostaleiros, comerciantes, institucións e organización esfórzanse por xestionar a enorme cantidade de xente que se achega á vila nos días que dura o evento, coa intención de que se sintan como na casa.
Inauguración de Nómadas, un trabajo de Samuel Aranda y Martín Caparrós
Miércoles 1 de febrero a las 19h
Proyección / Inauguración
NÓMADAS
Samuel Aranda y Martín Caparrós
El próximo 1 de febrero a las 19h en La Fábrica proyectaremos Nómadas, una película de Jorge Martínez.
Nómadas no es una película al uso, es una extraña mezcla entre cine y periodismo, entre literatura y fotografía, entre arte y ensayo, entre el relato sonoro y el reportaje fotográfico. Nómadas nos traslada al centro de África para conocer los pastores de Mali. Hombres que siguen recorriendo miles de kilómetros en busca de agua y pastos
Al terminar la proyección, a las 19h30, tendrá lugar la inauguración de la exposición fotográfica:Nómadas. La unión de las imágenes de Samuel Aranda y los textos de Martín Caparrós crea un relato que se funde sacando lo mejor de ambos.
Un trabajo completo de imágenes, testimonios y vivencias reales de los últimos grupos de nómadas, los pastores de Malí.
¡No te pierdas este increíble trabajo!
«28 de enero dos grandes espectáculos en Vigo!!!!
TEATRO AFUNDACION DE VIGO
MAGO DE OZ a las 17:30 h
DESDE LA GRAN VIA a las 21:30 h.
Ocho años de recorrido y más de 2.000 funciones atestiguan el éxito de esta versión del clásico de L. Frank Baum que sigue presente por igual en los corazones de padres, madres, abuelas, abuelos, niños y niñas. La rocambolesca aventura de Dorothy para volver a Kansas contiene todas las claves del clásico, sus símbolos y sus valores, pero a su vez explora nuevos caminos para acercarse al exigente público del s. XXI.
Porque, en esta versión, nada es lo que parece: el Hada Glinda es tan
torpe como efectiva, la Bruja del Oeste es bastante neurótica, el León
sin valor parece una versión animal de Tony Manero, el Hombre de
Hojalata tiene complejo de Clint Eastwood, y el Espantapájaros tiene la
memoria de un pez y la inocencia de un niño. A través de estos
personajes, la historia pretende humanizar la magia y atender las
necesidades del público adulto, eterno olvidado en este tipo de
espectáculos, para que toda la familia disfrute de una experiencia
compartida.
Esta mezcla de teatro moderno con el teatro familiar se hace patente a
su vez en la puesta en escena, utilizando proyecciones audiovisuales y
una sencilla escenografía que centra la atención en lo más importante:
los actores. Un excepcional departamento de caracterización y
vestuario ayuda a que Oz resulte más palpable y tridimensional que
nunca.
Todo ello conjuga un musical que se adapta a todo tipo de espacios y
ofrece precios populares sin renunciar a una historia emotiva y llena
de humor para toda la familia. Un musical que ha visto compensada
su osadía con un público fiel y que, aun hoy, pásado más de un lustro
desde su estreno, consigue mantener la ilusión tanto fuera como
dentro del vescenario. Y eso, al final, es la mayor recompensa que
puede dar el teatro.
Conversas do CDLG: Patrimonio, conflito e mediación: os casos de Muxía e Fisterra
Guadalupe Jiménez-Esquinas
Data e hora: Sábado, 28 de xaneiro – 12 h.
Lugar: Compostela. Sede do CDLG
Rúa San Clemente, 30, baix
Guadalupe Jiménez-Esquinas achégase ás “Conversas do CDLG” para falar de mediación patrimonial na Costa da Morte.
Este sábado 28 de xaneiro terá lugar en Compostela a conversa Patrimonio,conflito e mediación: os casos de Muxía e Fisterra, organizada pola Sección de Historia da Arte (SEHAG) do CDLG.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017.- As “Conversas do CDLG” retoman a súa actividade en 2017 este sábado, 28 de xaneiro, ás 12 h. Trátase dunha cita mensual que reúne, nun ambiente distendido, a historiadores da arte e profesionais doutras disciplinas nun espazo
para o encontro e a reflexión multidisciplinar, coa finalidade de dar a
coñecer proxectos actuais de interese.
A doutoranda Guadalupe Jiménez-Esquinas, investigadora do CSIC, fará unha aproximación a unha parte do traballo que está a desenvolver na dúa tese de doutoramento sobre o patrimônio cultural da Costa da Morte, titulada “Crafting and Affective Landscapes: heritagization processes of textile crafts and landscapes in Costa da Morte (Galicia, Spain)”.
Partindo dos procesos de patrimonialización que se reflicten nas distintas poboacións desta zona costeira, dende unha óptica feminista, a antropóloga aplica as teorías da afectividade/emocionalidade á análise da participación no ámbito patrimonial e paisaxístico.
A conversa levará por título Patrimonio, conflito e mediación: os casos de Muxía e Fisterra. Nos conflitos socioculturais motivados pola restauración de bens patrimoniais das citadas localidades (o santuario da Virxe da Barca en Muxía e Santa María das Areas en Fisterra), que ocasionaron “relacións incendiarias” entre os veciños e os axentes patrimoniais, a
investigadora propón a necesidade de establecer figuras mediadoras que faciliten a comunicación e a comprensión mutua entre os actores sociais e as institucións.
Ao remate do evento, como é habitual, os asistentes poderán gozar dun viño cortesía de bodegas «Alberte». A conversa terá lugar o sábado 28 de xaneiro ás 12 h. na sede do CDLG (no número 30 da Rúa San Clemente) en Compostela. O aforo é limitado polo que recoméndamos reservar unha cadeira no seguinte enderezo electrónico: sehag@cdlg.es
GUADALUPE JIMÉNEZ-ESQUINAS
Investigadora predoutoral no Instituto de Ciencias do Patrimonio
(Incipit) do CSIC dende 2010, ano en que finaliza o Máster en
Igualdade de Xénero do CSIC-UIMP cunha tese relacionada coa
figura das meigas galegas e a súa turistización. Licenciada en en
Antropoloxía Social e Cultural pola Universidade Complutense de
Madrid (2009), os seus intereses céntranse na análise crítica dos
procesos de patrimonialización dende unha perspectiva feminista,
a aplicación de teorías da afectividade/emocionalidade ao
patrimonio e a análise da participación no ámbito patrimonial. A
súa tese de doutoramente céntrase na Costa da Morte (Galicia),
onde analiza a patrimonialización de artesanías téxtiles e a
relación afectiva/emocional co patrimonio e a paisaxe.
Dende 2015 o seu traballo está vinculado ao proxecto NEARCH
(New scenarios for a community-involved archaeology), do
programa cultura da U.E. e forma parte do equipo de traballo do
proxecto ParticiPat (Patrimonio e participación social: proposta
metodolóxica e revisión crítica), proxecto I+D do Plan Nacional.
Sección de Historia da Arte (SEHAG)
Esta actividade – de asistencia libre e de balde- está organizada pola Sección de Historia da
Arte do Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de
Galicia. A creación desta sección no 2014 equiparou os servizos ofrecidos aos profesionais da
Historia da Arte ao do resto de Colexios estatais que xa contaban cunha sección propia.
Conversas do CDLG: Patrimonio, conflito e mediación: os casos de Muxía e Fisterra
Con Guadalupe Jiménez-Esquinas,
Data e hora: Sábado 28 de xaneiro – 12 h.
Lugar: Compostela. Sede do CDLG
Rúa San Clemente, 30, baixo
+info: sehag@cdlg.es – http://www.cdlg.es – 626323017/ @sehaGalicia #ConversasdoCDLG
o