Conversas do CDLG: Patrimonio, conflito e mediación: os casos de Muxía e Fisterra
Guadalupe Jiménez-Esquinas
Data e hora: Sábado, 28 de xaneiro – 12 h.
Lugar: Compostela. Sede do CDLG
Rúa San Clemente, 30, baix
Guadalupe Jiménez-Esquinas achégase ás “Conversas do CDLG” para falar de mediación patrimonial na Costa da Morte.
Este sábado 28 de xaneiro terá lugar en Compostela a conversa Patrimonio,conflito e mediación: os casos de Muxía e Fisterra, organizada pola Sección de Historia da Arte (SEHAG) do CDLG.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017.- As “Conversas do CDLG” retoman a súa actividade en 2017 este sábado, 28 de xaneiro, ás 12 h. Trátase dunha cita mensual que reúne, nun ambiente distendido, a historiadores da arte e profesionais doutras disciplinas nun espazo
para o encontro e a reflexión multidisciplinar, coa finalidade de dar a
coñecer proxectos actuais de interese.
A doutoranda Guadalupe Jiménez-Esquinas, investigadora do CSIC, fará unha aproximación a unha parte do traballo que está a desenvolver na dúa tese de doutoramento sobre o patrimônio cultural da Costa da Morte, titulada “Crafting and Affective Landscapes: heritagization processes of textile crafts and landscapes in Costa da Morte (Galicia, Spain)”.
Partindo dos procesos de patrimonialización que se reflicten nas distintas poboacións desta zona costeira, dende unha óptica feminista, a antropóloga aplica as teorías da afectividade/emocionalidade á análise da participación no ámbito patrimonial e paisaxístico.
A conversa levará por título Patrimonio, conflito e mediación: os casos de Muxía e Fisterra. Nos conflitos socioculturais motivados pola restauración de bens patrimoniais das citadas localidades (o santuario da Virxe da Barca en Muxía e Santa María das Areas en Fisterra), que ocasionaron “relacións incendiarias” entre os veciños e os axentes patrimoniais, a
investigadora propón a necesidade de establecer figuras mediadoras que faciliten a comunicación e a comprensión mutua entre os actores sociais e as institucións.
Ao remate do evento, como é habitual, os asistentes poderán gozar dun viño cortesía de bodegas «Alberte». A conversa terá lugar o sábado 28 de xaneiro ás 12 h. na sede do CDLG (no número 30 da Rúa San Clemente) en Compostela. O aforo é limitado polo que recoméndamos reservar unha cadeira no seguinte enderezo electrónico: sehag@cdlg.es
GUADALUPE JIMÉNEZ-ESQUINAS
Investigadora predoutoral no Instituto de Ciencias do Patrimonio
(Incipit) do CSIC dende 2010, ano en que finaliza o Máster en
Igualdade de Xénero do CSIC-UIMP cunha tese relacionada coa
figura das meigas galegas e a súa turistización. Licenciada en en
Antropoloxía Social e Cultural pola Universidade Complutense de
Madrid (2009), os seus intereses céntranse na análise crítica dos
procesos de patrimonialización dende unha perspectiva feminista,
a aplicación de teorías da afectividade/emocionalidade ao
patrimonio e a análise da participación no ámbito patrimonial. A
súa tese de doutoramente céntrase na Costa da Morte (Galicia),
onde analiza a patrimonialización de artesanías téxtiles e a
relación afectiva/emocional co patrimonio e a paisaxe.
Dende 2015 o seu traballo está vinculado ao proxecto NEARCH
(New scenarios for a community-involved archaeology), do
programa cultura da U.E. e forma parte do equipo de traballo do
proxecto ParticiPat (Patrimonio e participación social: proposta
metodolóxica e revisión crítica), proxecto I+D do Plan Nacional.
Sección de Historia da Arte (SEHAG)
Esta actividade – de asistencia libre e de balde- está organizada pola Sección de Historia da
Arte do Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de
Galicia. A creación desta sección no 2014 equiparou os servizos ofrecidos aos profesionais da
Historia da Arte ao do resto de Colexios estatais que xa contaban cunha sección propia.
Conversas do CDLG: Patrimonio, conflito e mediación: os casos de Muxía e Fisterra
Con Guadalupe Jiménez-Esquinas,
Data e hora: Sábado 28 de xaneiro – 12 h.
Lugar: Compostela. Sede do CDLG
Rúa San Clemente, 30, baixo
+info: sehag@cdlg.es – http://www.cdlg.es – 626323017/ @sehaGalicia #ConversasdoCDLG
o