GALICIA ASISTE EN MADRID A UNHA REUNIÓN CO RESTO DE COMUNIDADES AUTÓNOMAS PARA ABORDAR A SITUACIÓN DAS PERSOAS REFUXIADAS EN ESPAÑA

  • O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, participou nesta xuntanza

 

Madrid, 25 de xaneiro de 2017.- O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, participou hoxe en Madrid  nunha reunión de traballo con directores xerais doutras Comunidades Autónomas e das cidades de Ceuta e Melilla, máis responsables da área relacionada cona inmigración e a integración de inmigrantes, así como o secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). O obxecto deste encontro foi  analizar a situación das persoas refuxiadas en España, e se deu conta do balance de actuacións ao respecto durante o ano pasado.

 

No que atinxe ás cifras de 2016, no peche provisional do ano os expedientes de asilo tramitados elévanse a 22.107. Así mesmo e atendendo ás cifras de 2015, salienta que España é un dos países de Europa onde máis aumentou en porcentaxe os expedientes de asilo tramitados: case 20.000, o que supón multiplicar por catro a cifra de 2013 cun incremento do 167%.

 

Arturo Parrado insistiu na vocación solidaria e acción acolledora de Galicia neste ámbito, e destacou que a Xunta ten posto a disposición do Goberno de España os seus recursos para atender aos refuxiados. Así, en 2016 Galicia ten acollido a preto de 90 persoas, de cuxa integración ocúpanse a Cruz Vermella e Accem.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: