POLÍTICA SOCIAL RATIFICA O SEU COMPROMISO COAS PERSOAS QUE SOFREN DE ESCLEROSE MÚLTIPLE E ESTUDARÁ NOVAS VÍAS DE COLABORACIÓN

  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro cos responsables da Asociación Compostelana de Esclerosis Múltiple (ACEM). No primeiro andar (área de Goberno).  foto xoán crespo 25/01/17

    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro cos responsables da Asociación Compostelana de Esclerosis Múltiple (ACEM). No primeiro andar (área de Goberno).
    foto xoán crespo
    25/01/17

    Subliña a importancia de “traballar para acadar a integración social, laboral, profesional e humana daquelas persoas que sofren Esclerose Múltiple”

 

Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo na mañá de hoxe un encontro con responsables da sede da Asociación Compostelana de Esclerosis Múltiple (ACEM). Unha reunión na que o responsable da área social da Xunta de Galicia ratificou o compromiso do Goberno Autonómico coas persoas afectadas por esta enfermidade e valorou cos responsables de ACEM o establecemento de novas vías de colaboración na busca de mellores coidados para os pacientes.

 

Nas súas verbas, o titular de Política Social asegurou que unha das prioridades da Consellería é “traballar para acadar a integración social, laboral, profesional e humana daquelas persoas que sofren Esclerose Múltiple”. Nesta liña destacou o apoio a entidades do sector como ACEM que conta con máis de 150 socios e que promociona todo tipo de accións destinadas a mellorar a situación de persoas afectadas por esta doenza e enfermidades semellantes.

 

Durante o encontro, a entidade presentou ao conselleiro o seu proxecto para o centro de rehabilitación integral, que presta servizos rehabilitadores integrais a través dunha atención especializada multidisciplinar coa que se pretende prolongar o máximo posible a autonomía persoal das persoas con Esclerose Múltiple, Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) o outras enfermidades neurodexenerativas afíns. Rey Varela amosou o seu interese por este servizo e comprometeuse a estudar posibles futuras vías de colaboración coa entidade que redunden no benestar dos afectados por estas doenzas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: