BOTA A ANDAR UNHA NOVA EDICIÓN DO PARLAMENTO XOVE COA CELEBRACIÓN DE XORNADAS FORMATIVAS EN SETE LOCALIDADES GALEGAS
Lugo, Vilalba, Santiago, A Coruña, Monforte, A Estrada e Pontevedra acollerán as charlas que se desenvolverán dende este venres 27 de xaneiro e ate o 17 de febreiro
A actividade, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, está dirixida a estudantes do segundo ciclo da ESO e 1º e 2º curso de Bacharelato
Santiago, 26 de xaneiro de 2017.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza dende mañá venres 27 de xaneiro e ata o vindeiro 17 de febreiro a fase de formación para os equipos inscritos na oitava edición de Parlamento Xove. En total, serán sete xornadas as que se levarán a cabo nas localidades de Lugo, Vilalba, Santiago, A Coruña, Monforte, A Estrada e Pontevedra. Así o anunciaba hoxe Cecilia Vázquez ao tempo que lembraba que a actividade está dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e para o de 1º e 2º de Bacharelato.
Nesta liña, a directora xeral explicaba que na fase previa serán 48 os equipos de centros educativos galegos que participen (24 por categoría). Xa na fase clasificatoria, que terá lugar os días 4 e 11 de marzo, se coñecerán os 16 equipos (8 por categoría) que debaterán na fase final, que descorrerá no mes de abril. Cada equipo estará formado por catro alumnos e un profesor que deberán de investigar e debater sobre o tema proposto para esta edición e que para a fase clasificatoria é para a categoría de ESO será: “En España, a idade legal para mercar alcol é 18 anos. Variar este límite influiría nos hábitos de consumo de alcol entre a xuventude?”; mentres que na de Bacharelato se abordará: “As novatadas estudantís. Pasaron a ser un suposto de acoso entre a mocidade?”.
O tema para a fase final será anunciado no portal web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado tras a finalización da fase clasificatoria. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se procede ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, “a favor” ou “en contra”, en relación á cuestión formulada polo que os equipos participantes, que levaron a cabo unha labor de investigación previa, agora deberán contrapoñer e discutir datos e ideas.
Parlamento Xove basease nun formato de debates de carácter argumentativo; espazos de comunicación que permiten a discusión sobre un tema proposto e no que gañan aqueles que mellor sustentan as súas ideas. Durante o transcurso destes debates dialécticos, os mozos e mozas participantes teñen a oportunidade de desenvolver valores como a capacidade de respetar a opinión dos demais, a colaboración cos compañeiros para elaborar as conclusións e o fomento da toma de conciencia no compartamento democrático. Os obxectivos principais destes debates son, tal e como lembraba a directora xeral esta maña, “dar a coñecer e defender a postura sobre o tema proposto; dar elementos de xuízo claros na exposición; exercitar a expresión oral, a capacidade de escoitar e a participación activa e defender as opinións con xustificación”.
Como actividade na que participa alumnado e profesorado de centros educativos, Parlamento Xove contribúe ao desenvolvemento de practicamente todas as competencias básicas: competencia lingüística, nos seus catro ámbitos (expresión oral e escrita; e compresión oral e escrita); competencia matemática: en todos os debates manexan datos e porcentaxes que avalan a súa argumentación; tratamento da información e competencia dixital; competencia social e cidadá: contribúe á convivencia dado que o traballo realízase en equipo; competencia cultural e artística: nos debates esíxese o emprego de figuras estilísticas e capacidade de retórica, e competencia para aprender a aprender e iniciativa persoal.
O Concello do Porriño lanza ‘Nimbo’ un programa de animación á lectura
O Concello do Porriño, por medio da Biblioteca Municipal, pon en marcha ‘Nimbo’, un programa de animación á lectura, que ten coma personaxe central a este personaxe. Este argonauta, procedente dun dos planetas atopados polo telescopio Kepler, chegou na súa nave ‘Argos’ á Terra nunha misión para descubrir novos planetas habitados.
Tomando coma base a ‘Nimbo’, que viste cun traxe cargado de sorpresas- luces, micrófonos e efectos especiais- que farán que nenas e nenos teñan un achegamento lúdico á tecnoloxía ao tempo que interactuará con elas e eles que o axudarán a descubrir o mundo que el descoñece.
‘Nimbo’ é un proxecto deseñado para fomentar a lectura, crear novos lectores en idades temperás, desenvolver a imaxinación, a creatividade e a observación, estimular o coñecemento da tecnoloxía, transmitir os valores de integración, o respecto e a igualdade e divulgar novas de actualidade sobre ciencia e tecnoloxía.
O CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO ACORDA O INICIO DO PROCESO DE VENDA DE 6 VIVENDAS DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA NA RÚA FERRERÍA
O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, presidiu esta mañá o Consello de Administración do organismo, onde se deu luz verde a este acordo
- As vivendas están ubicadas nos números 10-12 e 45-47 da rúa Ferrería e contarán con superficies que van dende os 56 aos 110 metros cadrados
- As obras de rehabilitación, que tiveron un investimento superior aos 940.000 euros, están moi avanzadas e remataranse nos vindeiros meses
- O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) autorizará o inicio do procedemento de selección de adxudicatarios para proceder despois ao sorteo público ante notario
- As persoas interesadas en participar neste procedemento deben estar inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia, no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra
- O Consello de Administración tamén adxudicou o aluguer dun novo local comercial no número 5 da rúa Ferrería para comercio de produtos alimenticios ao por maior.Vigo, 26 de xaneiro de 2017.- Esta mañá celebrouse a reunión ordinaria do Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), presidida polo delegado territorial da Xunta e presidente do CCVV, Ignacio López-Chaves, e nela se deu luz verde ao acordo administrativo polo que se inicia o proceso de venda de 6 novas vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo Consorcio na rúa Ferrería.
Coma informou López-Chaves en rolda de prensa, os pisos están ubicados nos números 10-12 (2 vivendas) e 45-47 (4 vivendas) de dita rúa e contarán con superficies que van dende os 55 aos 110 metros cadrados. Serán de 1, 2 e 3 dormitorios e as súas obras de rehabilitación “están moi avanzadas”. Segundo as estimacións previstas, estarán rematadas para os meses de primavera chegando o investimento dos traballos aos 940.000 euros.
Concretamente, as vivendas dos números 10-12 serán de 1 dormitorio cunha superficie útil de 56,79m2 cada unha ademais de ter rocho. O inmoble contará tamén cun patio exterior para a entrada de luz natural e terá un baixo comercial duns 37 m2 nun mesmo e unitario edificio. A actuación foi proxectada polos arquitectos Antonio Cominges Carvallo e Harald Binkele e a adxudicación da mesma se fixo por 270.000 euros.
Mentres, no que respecta ás vivendas dos números 45-47, as superficies oscilarán entre os 55 e os 110 metros cadrados. Así, haberá un dúplex de 3 dormitorios, 1 vivenda con dúas habitacións e, por último, 2 pisos con 1 dormitorio. Os traballos de rehabilitación permiten tamén un local comercial duns 63 m2 nun mesmo edificio que contou cun investimento de 670.000 euros. O proxecto, da arquitecta Eva María Castro Álvarez, tamén contempla a existencia dun xardín posterior para conseguir luminosidade ademais de respectar e protexer as lareiras de acordo coa normativa.“Queremos converter a zona alta do Casco Vello nunha zona residencial”, considerou o delegado, matizando que o obxectivo a lograr coa vindeira fase de compravenda destas 6 novas vivendas é “fixar poboación”. Neste senso, lembrou que a día de hoxe xa residen nos inmobles rehabilitados polo CCVV máis de 150 persoas nas 99 vivendas recuperadas e entregadas aos seus adxudicatarios a través de 6 sorteos levados a cabo polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).
Pasos a darO IGVS autorizará agora o inicio do procedemento de selección de adxudicatarios para proceder despois ao sorteo público e ante notario que, coma en ocasións anteriores, celebrarase na Delegación da Xunta en Vigo.
Deste xeito, as persoas que estean interesadas en participar neste procedemento deben estar inscritas –ou facelo a partires de agora- no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia, no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra. Para isto, a persoa interesada deberá cubrir o modelo de solicitude normalizado e xuntar os documentos que nel se indiquen. Poderá conseguir o impreso na páxina web do web do IGVS. Unha vez teña toda esta documentación, deberá presentala no rexistro da Xunta.
A partires de aquí, todos os inscritos deberán estar atentos aos anuncios públicos que determinen o inicio do procedemento de selección de adxudicatarios para optar a algunha destas vivendas. A apertura do procedemento será debidamente publicada co obxecto de que todas as persoas inscritas no Rexistro e que estean interesadas na adquisición dunha destas 6 vivendas dispoñibles poidan solicitar a súa inclusión no sorteo dentro do prazo máximo de 15 días hábiles dende o seguinte á publicación de dita apertura.
Novo local comercial na rúa FerreríaO Consello de Administración celebrado hoxe tamén adxudicou o aluguer dun novo local comercial no número 5 da rúa Ferrería para comercio de produtos alimenticios ao por maior e detalle, lugar de encontro de novos clientes e punto físico de distribución de mercancías. A superficie útil do local é de 17,87 m2 e terá unha renda mensual duns 122 euros.
Este novo baixo comercial alugado ven a sumarse aos máis de 22 locais rehabilitados polo CCVV nos últimos anos e que xa contan con actividade empresarial na zona alta do casco histórico.
Ballet de Víctor Ullate Afundación Pontevedra e Vigo
Xa están á venda as entradas para Pastoral. Tierra madre, a nova proposta do Ballet de Víctor Ullate, que terá lugar o 3 de febreiro ás 20.30 h na Sede Afundación Pontevedra e o 4 de febreiro no Teatro Afundación Vigo, tamén ás 20.30 h. As entradas pódense adquirir a través das canles habituais da entidade, en Ataquilla.com ou ben no teléfono 901 504 500.
O CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO ACORDA O INICIO DO PROCESO DE VENDA DE 6 VIVENDAS DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA NA RÚA FERRERÍA
O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, presidiu esta mañá o Consello de Administración do organismo, onde se deu luz verde a este acordo
- As vivendas están ubicadas nos números 10-12 e 45-47 da rúa Ferrería e contarán con superficies que van dende os 56 aos 110 metros cadrados
- As obras de rehabilitación, que tiveron un investimento superior aos 940.000 euros, están moi avanzadas e remataranse nos vindeiros meses
- O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) autorizará o inicio do procedemento de selección de adxudicatarios para proceder despois ao sorteo público ante notario
- As persoas interesadas en participar neste procedemento deben estar inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia, no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra
- O Consello de Administración tamén adxudicou o aluguer dun novo local comercial no número 5 da rúa Ferrería para comercio de produtos alimenticios ao por maior.
Havana Club 7. Cultura Abierta presenta La furia de las imágenes de Joan Fontcuberta
LA FURIA DE LAS IMÁGENES
Presentación
Joan Fontcuberta, Javier Rodríguez Marcos y Joan Tarrida
Lunes 30 de enero 20h
Joan Fontcuberta llega a La Fábrica para presentar el libro La furia de las imágenes. Notas sobre la postfotografía, en el que advierte que hemos perdido la soberanía sobre las imágenes y nos alienta a recuperarla.
El lunes 30 de enero a las 20h, Joan Fontcuberta acompañado de Joan Tarrida, director de la Editorial Galaxia Gutemberg, y el periodista Javier Rodríguez Marcos, hablarán del nuevo estado de la fotografía con la omnipresencia de los móviles, cámaras de vigilancia, internet y redes sociales, entre otras.
La furia de las imágenes. Notas sobre la postfotografía trata de la consolidación de la era postfotográfica. Una nueva realidad hecha de imágenes. +info
¡Te esperamos con una copa de Havana Club 7!
ABANCA investirá 10 millóns de euros no desenvolvemento de start-ups tecnolóxicas galegas
- O programa de investimento forma parte de ABANCA Innova, iniciativa lanzada polo banco para impulsar o desenvolvemento das novas tecnoloxías en Galicia
- Colaboración con emprendedores e centros universitarios, formación e difusión do coñecemento, outros piares do proxecto
- Adicionalmente a entidade facilita financiamento preferente ao sector tecnolóxico
- ABANCA investiu en modernización tecnolóxica máis de 100 millóns de euros nos últimos anos

ABANCA investirá 10 millóns de euros para financiar a creación e desenvolvemento de start-ups tecnolóxicas nacidas ou radicadas en Galicia. Este programa de apoio o tecido produtivo galego, presentado esta mañá polo vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, forma parte do proxecto ABANCA Innova, creado polo banco para fomentar o desenvolvemento das novas tecnoloxías e o emprendemento en torno a elas.
Como parte do proxecto ABANCA Innova, o banco realizará distintas operacións de investimento en proxectos viables que cumpran as seguintes características: empresas en fase de creación ou desenvolvemento, de base tecnolóxica, con aplicación ao sector financeiro (fintech, insurtech o regtech) e localizadas en Galicia..
“Con este proxecto aunamos a nosa vocación de dinamización da economía coa nosa aposta polas tecnoloxías transformadoras que xa estamos aplicando no proceso de dixitalización do banco”, sinalou Juan Carlos Escotet Rodríguez. “O noso obxectivo é poñer en marcha un programa estable, sostible e colaborativo que impulse tecnoloxías emerxentes aplicables á prestación de servizos financeiros desde Galicia”, explicou Francisco Botas. A tecnoloxía, cun investimento superior aos 100 millóns de euros nos últimos anos, constitúe un dos eixos estratéxicos fundamentais da entidade.
Apoio integral a proxectos en desenvolvemento
O proceso de investimento presentado por ABANCA, que estará marcado por unha selección constante de iniciativas, consta de dúas fases. Na inicial, o de seed-capital, ABANCA aportará financiamento na modalidade de préstamo participativo a diferentes proxectos tecnolóxicos en proceso de creación. De entre eles, ABANCA seleccionará, nunha segunda fase denominada de start-up, os que polo seu nivel de madurez estean preparados para afrontar a súa constitución.
Para provelos de recursos ABANCA realizará operacións de investimento directo en capital a través da sociedade vehículo ABANCA Invest ou concederalles financiamento a través de préstamos participativos convertibles. Ademais, o banco tamén apoiará os proxectos na procura doutros investidores.
En paralelo ao apoio financeiro, ABANCA acompañará os proxectos empresariais nacentes en todas las etapas do seu desenvolvemento ofrecéndolles asesoramento en materia de xestión. O obxectivo do programa é dobre: por un lado, contribuír a estruturar a start-up dende o punto de vista empresarial para que poida operar no mercado, e, por outro, posibilitar a maduración da idea proposta polos emprendedores ata a implantación do produto ou servizo resultante na operativa do banco.
Coñecemento e colaboración para o emprendemento
Ademais da realización de operacións de investimento en proxectos empresariais, ABANCA Innova comprende outras actuacións coas que pretende servir de ponte entre o coñecemento tecnolóxico e o mercado.
Co fin de detectar e impulsar o talento tecnolóxico desde Galicia, ABANCA colaborará con emprendedores e centros universitarios, entre eles o Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE). Unha das funcións de ABANCA Innova será operar como espazo de ideación que permita a estudantes desenvolver as súas ideas e proxectos de fin de carreira.
Ademais, ABANCA Innova será escenario de centros de excelencia en tecnoloxías emerxentes, realizará accións de formación e mentoring, e colaborará con redes de difusión de coñecemento.
Por outro lado, ABANCA Innova operará como incubadora de empresas para proxectos tecnolóxicos en creación, aínda que non estean incluídos no programa de financiamento.
O centro neurálxico de ABANCA Innova formará parte do ecosistema empresarial do Polígono de Pocomaco na Coruña, estando situado nun moderno edificio no que emprendedores e tecnólogos disporán dunha superficie total de 670 m2, 10 espazos de entre 18 e 76 m2, e 32 postos de coworking.
Reparacion fuga auga no centro de O Porriño
Durante a pasada madrugada, do martes ao mércores, operarios do Consorcio de Augas do Louro, procederon á reparación dunha fuga na rede xeral de abastecemento do núcleo urbano de O Porriño, á altura do calexón do tanatorio.
Os traballos, que se fixeron pola noite-entre as 23:30 e as 02:30 horas- para reducir ao máximo as molestias aos veciños, consistiron na substitución dun ‘manguito’ de unión entre dos treitos de tubaxe, de 315 milímetros de diámetro, que estaba a causar unha perda de auga. Ao mesmo tempo, colouse un pequeno ‘carrete’ de tubaxe para corrixir o ángulo da curva da mesma e facilitar a reparación.
Durante a operación foi preciso cortar o subministro de auga na Avenida de Galicia, Avenida de Bos Aires, rúa Progreso, Ramiranes, Manuel Rodríguez, Ramón González e Antonio Palacios.
A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS ASEGURA QUE A XUNTA VELARÁ POLO MANTEMENTO DA CALIDADE DOS SERVIZOS FERROVIARIOS EN GALICIA E POLOS DEREITOS DOS TRABALLADORES
- Asegura que o Goberno galego está a facer un seguimento da reordenación das funcións dos traballadores de Adif e Renfe co obxectivo de que se garanta a prestación do servizo e se ofrezan solucións doadas para a venda de billetes
- Destaca a aposta da Xunta pola mellora da mobilidade dos veciños do rural a través do impulso que está a realizar dos servizos de transporte á demanda
Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asegurou hoxe que a Xunta velará polo mantemento da calidade dos servizos ferroviarios en Galicia e polos dereitos dos traballadores. En resposta a unha pregunta parlamentaria, asegurou que desde o Executivo autonómico se está a manter un contacto permanente con Renfe para facer seguimento do proceso de reordenación das funcións dos traballadores desta entidade e de Adif.
Ethel Vázquez asegurou que a Xunta estará “vixiante” para que se poñan en marcha medidas que garantan a prestación do servizo e para que os viaxeiros dispoñan de solucións doadas para a compra de billetes, adaptadas aos usuarios máis novos, pero tamén aos nosos maiores, menos habituados ás novas tecnoloxías.
Vázquez Mourelle apelou ao diálogo entre as partes neste proceso que se está a levar a cabo, “para que se resolva da mellor forma posible e con consenso entre os traballadores e a empresa e que o emprego e o servizo que se lle presta aos usuarios, quede garantido”.
Lembrou que, neste marco de diálogo, hai que atopar as solucións máis axeitadas para aquelas estacións ferroviarias de Galicia que rexistran menor tráfico e onde actualmente a venda de billetes a está a facer persoal de ADIF Circulación, que ten encomendadas outras xestións.
Paralelamente, a responsable de Infraestruturas do Goberno galego indicou que se seguirá insistindo en que se continúe buscando a mellora continua dos servizos, atendendo ás demandas dos usuarios e adaptando a oferta de prazas e horarios ás necesidades reais dos cidadáns.
“Desde a Xunta –dixo- sempre defendimos o transporte no rural tal e como estamos facendo co impulso de servizos baixo demanda no transporte público de viaxeiros, ofrecéndolle aos cidadáns un transporte público de calidade, moderno, eficiente e atractivo, e mellor adaptado ás necesidades dos veciños”.
Remarcou que desde a Xunta se traballará, dentro das súas competencias, para colaborar e coordinar as accións nas que pode haber confluencia de competencias, como exemplo falou das estacións intermodais, que se están a impulsar nas principais cidades galegas, para conectar os distintos modos e mellorar así a calidade do transporte.
Ethel Vázquez concretou que o ADIF e os representantes dos traballadores están a abordar o trasvase ordenado do “canal de vendas presencial” das estacións que teñen persoal dedicado en exclusiva á venda de billetes, como poden ser as estacións da Coruña, de Santiago, Vilagarcía, Pontevedra, Vigo ou Lugo.
O persoal de ADIF poderíase integrar en Renfe Viaxeiros, polo que sería o persoal de Renfe, quen vendería os seus propios billetes. Hoxe non se fai así, pola escisión levada a cabo en Renfe en 2005, dividíndose en Renfe e ADIF, cando se recolle a separación contable dos servizos e infraestruturas nas redes ferroviarias nacionais e europeas.
No caso de que o persoal con dedicación mixta á venta de billetes deixase de exercer estas funcións para dedicarse de pleno a funcións propias do ADIF, da xestión da infraestrutura, sempre existirían alternativas razoables para o usuario como a venda directa a bordo do tren, venda telefónica, venda por Internet, a través dos dispositivos móbiles,entre outros, como xa se está a facer, na actualidade, na maioría das estacións pequenas para optimizar os recursos.
INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN ALÉN DOS XÉNEROS Prácticas artísticas feministas en Galicia
O Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo, convócalles ápresentación á prensa que terá lugar este venres 27 de xaneiro ás 12.00, nosalón de actos, con motivo da inauguración da exposición ‘ALÉN DOS XÉNEROS. Prácticas artísticas feministas en Galicia’, coproducida polo MARCO e o Auditorio de Galicia, e comisariada por Anxela Caramés.
Nesta presentación participarán
– Representante do Padroado da Fundación MARCO (por confirmar)
– Silvia Modia Ferreiro, directora xerente en funcións, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
– Anxela Caramés, comisaria da exposición
– Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Visita guiada para medios:
Unha vez rematada a conferencia de prensa haberá unha visita ás salas de exposición, guiada pola comisaria, na compaña dalgunhas das artistas participantes.
Presentación / sesión DJ:
Pola tarde, ás 20.30, o salón de actos acollerá a presentación do DJ set (DE)GENERADXS de Félix Fernández, da man do seu alter ego musical JËAN FIXX, ademais da presentación de “Chica de la coru” en directo por EDU.
ALÉN DOS XÉNEROS
Prácticas artísticas feministas en Galicia
27 xaneiro – 11 xuño 2017
Salas de exposición do primeiro andar
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
Julio Manuel Álvarez Bautista, Xoán Anleo, Lara Bacelo, Katrina Biurrun, Vicente Blanco, Claudia Brenlla, Mónica Cabo, Mar Caldas, David Catá, Salvador Cidrás, Contenedor de Feminismos, Andrea Costas, Carolina Cruz Guimarey, Luz Darriba, Sabela Dopazo Vieites, EDU, El Ama de Casa Pervertida, Félix Fernández, Basilisa Fiestras, Xisela Franco, Celeste Garrido, Ana Gesto, Ana Gil, Roberto González Fernández, Cristian Gradín, Yolanda Herranz, Colectivo LAG, Rebeca Lar, Carmen Llonín, Gema López, LSD, María Marticorena, Chelo Matesanz, Álex Mene, Moona, Carme Nogueira, O.R.G.I.A, Mery Pais, Marta Paz, Uqui Permui, Laura Piñeiro, POST-OP, Mar Ramón, Reme Remedios, Rita Rodríguez, María Ruido, Sara Sapetti, Neves Seara, Sonia Tourón, Peque Varela.
A exposición ALÉN DOS XÉNEROS ofrece unha revisión actualizada das prácticas artísticas feministas que dende os anos noventa en Galicia foron realizadas tanto por mulleres coma por homes. Permite contextualizar o traballo artístico que aborda as cuestións de xénero, poñendo en relación o ámbito galego co estatal e internacional. Á súa vez, tende pontes entre as producións artísticas e os movementos sociais e políticos reivindicativos, como os grupos activistas feministas e LGTBQI (Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais, Queer e Intersexuais).
ALÉN DOS XÉNEROS indaga na pluralidade de aspectos da arte feminista e dá visibilidade a traballos menos coñecidos, vinculándoos coa obra de artistas máis consagradas/os. A montaxe estrutúrase atendendo a cuestións temáticas e conceptuais, á marxe de criterios cronolóxicos. Divídese en tres bloques temáticos: a relación entre o feminino e o feminista; a revisión da masculinidade; e, por último, os corpos e as sexualidades queer, termo anglosaxón usado como insulto homofóbico e que foi reapropiado dende os feminismos para defender ideas anti-normativas sobre as identidades de xénero. Estas categorías superpóñense entre si; non deben ser consideradas pechadas nin excluíntes, posto que hai artistas que transitan dunha a outra chegando mesmo a abordar os tres eixes.