INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN ALÉN DOS XÉNEROS Prácticas artísticas feministas en Galicia

invitacion_alen-dos-xenerosO Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo, convócalles ápresentación á prensa que terá lugar este venres 27 de xaneiro ás 12.00, nosalón de actos, con motivo da inauguración da exposición ‘ALÉN DOS XÉNEROS. Prácticas artísticas feministas en Galicia’, coproducida polo MARCO e o Auditorio de Galicia, e comisariada por Anxela Caramés.

Nesta presentación participarán

–  Representante do Padroado da Fundación MARCO (por confirmar)

–  Silvia Modia Ferreiro, directora xerente en funcións, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

–    Anxela Caramés, comisaria da exposición

–    Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

 

Visita guiada para medios:

Unha vez rematada a conferencia de prensa haberá unha visita ás salas de exposición, guiada pola comisaria, na compaña dalgunhas das artistas participantes.

Presentación / sesión DJ:

Pola tarde, ás 20.30, o salón de actos acollerá a presentación do DJ set (DE)GENERADXS de Félix Fernández, da man do seu alter ego musical JËAN FIXX, ademais da presentación de “Chica de la coru” en directo por EDU.

 

ALÉN DOS XÉNEROS

Prácticas artísticas feministas en Galicia

27 xaneiro – 11 xuño 2017

Salas de exposición do primeiro andar

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

 

 

Julio Manuel Álvarez Bautista, Xoán Anleo, Lara Bacelo, Katrina Biurrun, Vicente Blanco, Claudia Brenlla, Mónica Cabo, Mar Caldas, David Catá, Salvador Cidrás, Contenedor de Feminismos, Andrea Costas, Carolina Cruz Guimarey, Luz Darriba, Sabela Dopazo Vieites, EDU, El Ama de Casa Pervertida, Félix Fernández, Basilisa Fiestras, Xisela Franco, Celeste Garrido, Ana Gesto, Ana Gil, Roberto González Fernández, Cristian Gradín, Yolanda Herranz, Colectivo LAG, Rebeca Lar, Carmen Llonín, Gema López, LSD, María Marticorena, Chelo Matesanz, Álex Mene, Moona, Carme Nogueira, O.R.G.I.A, Mery Pais, Marta Paz, Uqui Permui, Laura Piñeiro, POST-OP, Mar Ramón, Reme Remedios, Rita Rodríguez, María Ruido, Sara Sapetti, Neves Seara, Sonia Tourón, Peque Varela.

 

A exposición ALÉN DOS XÉNEROS ofrece unha revisión actualizada das prácticas artísticas feministas que dende os anos noventa en Galicia foron realizadas tanto por mulleres coma por homes. Permite contextualizar o traballo artístico que aborda as cuestións de xénero, poñendo en relación o ámbito galego co estatal e internacional. Á súa vez, tende pontes entre as producións artísticas e os movementos sociais e políticos reivindicativos, como os grupos activistas feministas e LGTBQI (Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais, Queer e Intersexuais).

 

ALÉN DOS XÉNEROS indaga na pluralidade de aspectos da arte feminista e dá visibilidade a traballos menos coñecidos, vinculándoos coa obra de artistas máis consagradas/os. A montaxe estrutúrase atendendo a cuestións temáticas e conceptuais, á marxe de criterios cronolóxicos. Divídese en tres bloques temáticos: a relación entre o feminino e o feminista; a revisión da masculinidade; e, por último, os corpos e as sexualidades queer, termo anglosaxón usado como insulto homofóbico e que foi reapropiado dende os feminismos para defender ideas anti-normativas sobre as identidades de xénero. Estas categorías superpóñense entre si; non deben ser consideradas pechadas nin excluíntes, posto que hai artistas que transitan dunha a outra chegando mesmo a abordar os tres eixes.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: