AXENTES DA POLICIA LOCAL SERÁN OS ENCARGADOS DE IMPARTIR AS CLASES DA ‘CAMPAÑA DE MUNICIPAL DE EDUCACIÓN VÍAL’ ÁS ALUMNAS E ALUMNOS DE TODOS OS COLEXIOS DO PORRIÑO
Alumnas e alumnos dos Centros Ensino Infantil e de Primaria (CEIP) Atios, Cruz Budiño, Santo Tomás, Xosé Fernández López, Antonio Palacios, Ribeira y Hermanos Quiroga, participarán,dende o vindeiro día 6 de febreiro, e durante dúas semanas, na Campaña de Educación Vial que imparte o Concello do Porriño por medio da Policía Local.
Serán axentes da Policía os que acudan aos colexios para formar ás rapazas e rapaces en conceptos esenciais que os axudarán a mellorar a súa seguridade. A formación, será teórica e práctica, na parte teórica, os estudantes aprenderán coma circular coma peóns, as normas para o uso da bicicleta e o monopatín, o transporte de mascotas en vehículos, o comportamento coma viaxeiros, as medidas de seguridade dentro do coche, coma o uso do cinto de seguridade, os sistemas de retención de cativos ou, no caso dos vehículos de dúas rodas, o casco, engadindo a todo elo, os sinais de circulación e o funcionamento e a labor do Servizo de Emerxencias (112).
Na parte práctica, as alumnas e alumnos deberán circular por un circuíto aplicando o aprendido nas clases teóricas, de feito haberá un ‘carné por puntos’ no que se aplicarán as sancións se non respectan os sinais, as normas de tráfico ou as indicacións dos axentes.
ÉXITO DA PROXECCIÓN NO PORRIÑO DE ‘QUERIDA GINA’ A PELÍCULA PROTAGONIZADA POR DOUS VECIÑOS DE CANS, JUAN SÁNCHEZ E SERAFÍN RODRÍGUEZ, QUE FOI CANDIDATA ÁS NOMINACIÓNS AOS PREMIOS GOYA
Centos de persoas achegáronse este venres ata o Centro Recreativo e Cultural do Porriño no que o Concello organizou a proxección do filme ‘Querida Gina’, que ten coma protagonistas a Juan Sánchez e Serafín Rodríguez, dous veciños da parroquia de Cans.
A directora e co-guionista da película, Susana Sotelo, explicou cales foron as circunstancias da rodaxe da cinta, a convivencia de Juan e Serafín durante a viaxe entre Cans e Roma, tempo no que se filmaron máis de 300 horas, a proposta para optar ás candidaturas a sete Premios Goya deste ano ou relato das vivencias da película dende a estrea, a finais de 2015, ate a actualidade.
Na proxección, chea de emoción, estiveron presentes tamén, ademais da alcaldesa, Eva García de la Torre, varios concelleiros do Goberno local e familiares de Serafín Rodríguez e Juan Sánchez, quenes lembraron a realización da película, a amizade de toda a vida entre os dous protagonistas e a aventura que supuxo para eles facer esta viaxe e ser os protagonistas do filme.
‘Querida Gina’ conta unha historia que empeza en 1959: Juan e Serafín están facendo a mili en Zaragoza, onde empezaba a rodaxe dunha superprodución de Hollywood, ‘Salomón e a raíña de Saba’, protagonizada por Tirone Power, que morreu na rodaxe e foi substituído por Yul Brynner, e Gina Lollobrigida. Os dous preséntase para facer de extras na cinta e logran saír mesma e ver, so dende moi lonxe, á fermosa actriz italiana.
En 2010, medio século máis tarde, contando aquela historia de xuventude, Susana Sotelo proponlles viaxar ata Roma para cumprir o seu sono de xuventude: ir á casa de Gina Lollobrigida e coñecela en persoa.
Empeza entón unha convivencia dun mes, dende a saída dende O Porriño, por estrada, camiño de Roma, pasando polo Norte de España, a Costa Azul francesa e o Oeste de Italia, ata a cidade eterna, no que Susana Sotelo filma moitas horas de anécdotas, conversas e experiencias vividas por Juan, chofer de profesión, Serafín, enterrador de Atios e de Cans, e o mozo galés Tim Randall, que os acompaña nesta ‘expedición’, horas que se quedan finalmente nunha metraxe de 102 minutos.
‘Querida Gina’, logo de moitas dificultades, pode estrearse a finais de 2015, estrea á que non chegarían os seus dous protagonistas, Juan e Serafín, que morren sen chegar a ver toda a película.
Interrrunning Porriño 2017
Segue aberta a inscrición para a XI Carreira Popular de Atletismo «Interrunning”, organizada polo clube Interrunning e o Concello de Porriño, que se celebra o vindeiro día 12 de marzo.
Ata o 7 de marzo ás 23:59 horas quen queira participar na proba pode inscribirse, dende o vindeiro día 1 de febreiro, en persoa, en Intersport Piñeiro Porriño, Intersport Piñeiro Vigo –nas rúas López Mora e Camelias- e en Intersport Piñeiro Pontevedra.
O día 2 de xaneiro abriuse a posibilidade de inscrición no portal web http://www.championchipnorte.com, dando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, clube ao que pertence o participante, ou aclarar se é independente, ano de nacemento e teléfono.
Pola súa banda, os participantes nas Categorías Menores –ano 2002 e posteriores- poden facelo entregando 1 quilo de comida non perecedoira cando vaian a recoller o dorsal.
Como subliña o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, este proba “é unha das máis importantes do calendario de Atletismo de toda a provincia” e, coma tal, está no da Federación Galega. Carrera lembra que na pasada edición participaron máis de 2.000 corredores e que este ano “agardamos superar ese número”.
O concelleiro amosa o seu orgullo polo feito de que esta edición faga unha “máis que merecida homenaxe” á muller corredora, e salienta a “importancia que para o deporte en xeral e, en concreto, para o do Porriño, teñen as deportistas, dende as categorías inferiores ata as absolutas, coma adestradoras, como xuízas e coma dirixentes de clubes e asociacións”.
A saída da proba, que se disputa sobre unha distancia de 10 quilómetros-na categoría absoluta- será pasadas as 10 e media da mañá do vindeiro día 12 de marzo na rúa Domingo Bueno, na que tamén estará a meta.
As duchas estarán situadas no Pavillón Municipal e haberá unha zona de avituallamento xa sinalizada. Cada participante que remate a proba recibirá unha bolsa regalo, e a entrega de premios será na meta á 1 da tarde.
Os premios para os primeiros participantes da categoría absoluta serán: 1º Clasificado/a: 300 €; 2º Clasificado/a: 200 €; 3º Clasificado/a: 100 € e 4º-6º Clasificado/a: 50 €.
Xuntanza da alcaldesa coa Comunidade de Augas de Atios
A alcaldesa do Porriño mantivo este xoves unha xuntanza con membros da xunta directiva da Comunidade de Augas de Atios para coñecer, de primeira man, os problemas que están a sofrir as máis de 500 familias integradas nesta comunidade e considerar de qué xeito pode colaborar coa mesma o Concello e o Consorcio de Augas do Louro, do que Eva García de la Torre é a presidenta.
A alcaldesa constatou que a cooperación entre a Comunidade de Augas é o Concello é “fluída” e habitual, en especial por medio da Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, e que acometeu xa distintos traballos e actuacións, tanto na parroquia de Atios en xeral, coma referidas á canalización e o subministro de auga que xestiona este organismo.
Eva García de la Torre comprometeuse a estudar, polo miudo, as distintas propostas que espuxeron os membros da xunta de dirección da Comunidade de Augas e, ao mesmo tempo, reiterou a “disposición total” do Goberno local, “como xa o fixo ata hoxe”, para cooperar en todo o que sea posible para garantir o bo funcionamento do servizo e poder levar adiante as melloras no mesmo.
LÓPEZ-CHAVES CONSIDERA QUE A INDUSTRIA AERONÁUTICA GALEGA É “UN SECTOR CON FUTURO” NA NOSA COMUNIDADE AUTÓNOMA
O delegado territorial da Xunta en Vigo clausurou hoxe a xornada ´Presente e futuro da industria aeronáutica´ organizada polo Consorcio Aeronáutico de Galicia
Vigo, 27 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, considerou hoxe que a industria aeronáutica galega é un sector “que terá futuro” na nosa Comunidade Autónoma. Así o sinalou na clausura da xornada ´Presente e futuro da industria aeronáutica´ organizada polo Consorcio Aeronáutico de Galicia e que tivo lugar durante toda esta mañá na cidade olívica. Previamente, tamén participou na mesma a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey Vilar, que interviu no bloque sobre Proxectos da Industria Aeronáutica para Galicia.
López-Chaves esgrimiu os datos que así amosan o peso económico desta industria sinalando que se trata dun sector que actualmente ten en Galicia máis de 40 empresas, ofrece traballo de xeito directo e indirecto a máis de 1.200 persoas e conta cun volume crecente de negocio que o ano pasado se reflectiu nun incremento do 7% na produción directa. Deste xeito, dixo, trátase dun sector que, xunto á aposta das administracións públicas e de persoal cualificado, ofrece “unha moi boa combinación para augurarlle un futuro mellor”.
Facía mención así o delegado a aposta da Xunta de Galicia, de Zona Franca e da Universidade de Vigo pola potenciación e desenvolvemento desta industria a través de distintas políticas de apoio que se visualizan no polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados en Rozas, que conta cun investimento asociado de 150 millóns de euros; o apoio ao Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia ubicado en Porto do Molle (Nigrán) con dous patróns públicos fundadores (Zona Franca e Universidade) ademais de varios privados; co novo grao en Enxeñería Aeroespacial que ofrece a Universidade de Vigo no seu campus de Ourense para ofrecer unha formación e profesionais “fortemente especializados” e, por último, apuntalando a competitividade das empresas e respaldando a cooperación no sector.