ÉXITO DA PROXECCIÓN NO PORRIÑO DE ‘QUERIDA GINA’ A PELÍCULA PROTAGONIZADA POR DOUS VECIÑOS DE CANS, JUAN SÁNCHEZ E SERAFÍN RODRÍGUEZ, QUE FOI CANDIDATA ÁS NOMINACIÓNS AOS PREMIOS GOYA

publico-proyeccion-querida-ginaCentos de persoas achegáronse este venres ata o Centro Recreativo e Cultural do Porriño no que o Concello organizou a proxección do filme ‘Querida Gina’, que ten coma protagonistas a Juan Sánchez e Serafín Rodríguez, dous veciños da parroquia de Cans.

A directora e co-guionista da película, Susana Sotelo, explicou  cales foron as circunstancias da rodaxe da cinta, a convivencia de Juan e Serafín durante a viaxe entre Cans e Roma, tempo no que se filmaron máis de 300 horas, a proposta para optar ás candidaturas a sete Premios Goya deste ano ou relato das vivencias da película dende a estrea, a finais de 2015, ate a actualidade.

Na proxección, chea de emoción, estiveron presentes tamén, ademais da alcaldesa, Eva García de la Torre, varios concelleiros do Goberno local e familiares de Serafín Rodríguez e Juan Sánchez, quenes lembraron a realización da película, a amizade de toda a vida entre os dous protagonistas e a aventura que supuxo para eles facer esta viaxe e ser os protagonistas do filme.

‘Querida Gina’ conta unha historia que empeza en 1959: Juan e Serafín están facendo a mili en Zaragoza, onde empezaba a rodaxe dunha superprodución de Hollywood, ‘Salomón e a raíña de Saba’, protagonizada por Tirone Power, que morreu na rodaxe  e foi substituído por Yul Brynner, e Gina Lollobrigida. Os dous preséntase para facer de extras na cinta e logran saír mesma e ver, so dende moi lonxe, á fermosa actriz italiana.

En 2010, medio século máis tarde, contando aquela historia de xuventude, Susana Sotelo proponlles viaxar ata Roma para cumprir o seu sono de xuventude: ir á casa de Gina Lollobrigida e coñecela en persoa.

Empeza entón unha convivencia dun mes, dende a saída dende O Porriño, por estrada, camiño de Roma, pasando polo Norte de España, a Costa Azul francesa e o Oeste de Italia, ata a cidade eterna,  no que  Susana Sotelo filma moitas horas de anécdotas, conversas e experiencias vividas por Juan, chofer de profesión, Serafín, enterrador de Atios e de Cans, e o mozo galés Tim Randall, que os acompaña nesta ‘expedición’, horas que se quedan finalmente nunha metraxe de 102 minutos.

‘Querida Gina’, logo de moitas dificultades, pode estrearse a finais de 2015, estrea á que non chegarían os seus dous protagonistas, Juan e Serafín, que morren sen chegar a ver toda a película.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: