LÓPEZ-CHAVES CONSIDERA QUE A INDUSTRIA AERONÁUTICA GALEGA É “UN SECTOR CON FUTURO” NA NOSA COMUNIDADE AUTÓNOMA

  • 27012017_xornadaaeronautica-1O delegado territorial da Xunta en Vigo clausurou hoxe a xornada ´Presente e futuro da industria aeronáutica´ organizada polo Consorcio Aeronáutico de Galicia

 

Vigo, 27 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, considerou hoxe que a industria aeronáutica galega é un sector “que terá futuro” na nosa Comunidade Autónoma. Así o sinalou na clausura da xornada ´Presente e futuro da industria aeronáutica´ organizada polo Consorcio Aeronáutico de Galicia e que tivo lugar durante toda esta mañá na cidade olívica. Previamente, tamén participou na mesma a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey Vilar, que interviu no bloque sobre Proxectos da Industria Aeronáutica para Galicia.

 

López-Chaves esgrimiu os datos que así amosan o peso económico desta industria sinalando que se trata dun sector que actualmente ten en Galicia máis de 40 empresas, ofrece traballo de xeito directo e indirecto a máis de 1.200 persoas e conta cun volume crecente de negocio que o ano pasado se reflectiu nun incremento do 7% na produción directa. Deste xeito, dixo, trátase dun sector que, xunto á aposta das administracións públicas e de persoal cualificado, ofrece “unha moi boa combinación para augurarlle un futuro mellor”.

 

Facía mención así o delegado a aposta da Xunta de Galicia, de Zona Franca e da Universidade de Vigo pola potenciación e desenvolvemento desta industria a través de distintas políticas de apoio que se visualizan no polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados en Rozas, que conta cun investimento asociado de 150 millóns de euros; o apoio ao Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia ubicado en Porto do Molle (Nigrán) con dous patróns públicos fundadores (Zona Franca e Universidade) ademais de varios privados; co novo grao en Enxeñería Aeroespacial que ofrece a Universidade de Vigo no seu campus de Ourense para ofrecer unha formación e profesionais “fortemente especializados” e, por último, apuntalando a competitividade das empresas e respaldando a cooperación no sector.  

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: