Xuntanza da alcaldesa coa Comunidade de Augas de Atios

img-20170127-wa0013A alcaldesa do Porriño mantivo este xoves unha xuntanza con membros da xunta directiva da Comunidade de Augas de Atios para coñecer, de primeira man, os problemas que están a sofrir as máis de 500 familias integradas nesta comunidade e considerar de qué xeito pode colaborar coa mesma o Concello e o Consorcio de Augas do Louro, do que Eva García de la Torre é a presidenta.

A alcaldesa constatou que a cooperación entre a Comunidade de Augas é o Concello é “fluída” e habitual, en especial por medio da Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, e que acometeu xa distintos traballos e actuacións, tanto na parroquia de Atios en xeral, coma referidas á canalización e o subministro de auga que xestiona este organismo.

Eva García de la Torre comprometeuse a estudar, polo miudo, as distintas propostas que espuxeron os membros da xunta de dirección da Comunidade de Augas e, ao mesmo tempo, reiterou a “disposición total” do Goberno local, “como xa o fixo ata hoxe”, para cooperar en todo o que sea posible para garantir o bo funcionamento do servizo e poder levar adiante as melloras no mesmo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: