Denuncia estado local Fogasa Vigo

O pasado 24 de xaneiro a CIG presentou una denuncia na Inspección Provincia de Traballo en Vigo onde se pon de manifesto o incumprimento da normativa en materia de prevención de riscos laborais no local de FOGASA en Vigo.

Un dos principios reitores que establece a Constitución no seu art. 40.2 é velar pola seguridade e hixiene no traballo, pero o FOGASA e o Ministerio de Traballo parece que non coñecen este principio.

É curioso que sexan precisamente os organismos do Ministerio Emprego e Seguridade Social os que non cumpran a normativa en materia de saúde laboral. No SEPE existen dúas oficinas de prestacións que incumpren a normativa en materia de prevención, e son as oficinas de Cangas e de Ponteareas (ambas denunciadas pola CIG na Inspección) onde, tras o requerimento da Inspección de Traballo, a situación sigue igual sin que a Xunta de Galiza (titular dos locais) e o SEPE (que lle transfire fondos para a modernización de oficinas cada ano) fagan nada.

No caso do FOGASA, achegamos , ademais da denuncia, o informe que presentamos no organismo cós incumprimentos máis salientables e todos os escritos presentados sin que o FOGASA, a Subdelegación do Goberno e o Comité de Prevención de Riscos Psicosociais de Pontevedra fagan nada (nin siquera contestarnos por escrito).

Esta situación é aplicable ás oficinas de prestacións do SEPE de Cangas e Ponteareas.

Espero que esta noticia sexa do seu interés e quedo a súa disposición para calquera dúbida.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: