REY VARELA REITERA O COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO COAS PERSOAS E FAMILIARES ENFERMOS DE ALZHÉIMER

  • 20170130_110439O titular da carteira autonómica de Política Social sinalou que este ano se seguirá completando a rede de recursos asistenciais coa creación de novas prazas en residencias e de atención diúrna

 

Santiago, 30 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta mañá no seu despacho de San Caetano con representantes da Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer de Lugo (AFALU), entre eles, a súa presidenta Carmen Pena Ledo. Na xuntanza tamén participou a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García.

 

O titular da carteira autonómica de Política Social reiterou o firme compromiso do Goberno galego para garantir os dereitos e a atención das persoas en situación de dependencia. Así,  indicou que este ano refórzase economicamente a área de maiores, persoas dependentes e con discapacidade o que permitirá a creación de novas prazas residenciais e de atención diúrna.

 

Asemade, Rey Varela lembrou que Galicia conta cunha Estratexia para a prevención e a detección precoz da dependencia. Ao respecto, sinalou que a concienciación social en relación coa adopción de hábitos de vida saudables, o aumento da esperanza de vida libre de dependencia e a mellora da calidade de vida das persoas que se atopan xa nunha situación de dependencia “son os obxectivos que se marca esta estratexia e que, polo tanto, constitúe a folla de ruta da Xunta de Galicia en materia de prevención e promoción da autonomía persoal nos vindeiros anos”, concluíu.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: