A XUNTA AVOGA POLA INCLUSIÓN PLENA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL NA ENTREGA DE AGASALLOS DO CERTAME DE TARXETAS DE NADAL

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou neste acto organizado por Special Olympics e que tivo lugar no Auditorio de Galicia2017-01-30-13-58-37_resized

  • O responsable da área social do Goberno galego instou ás administracións, entidades e axentes sociais a abordar a discapacidade, sexa do tipo que sexa, dende a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a igualdade universal e a acción positiva
  • Ademais, Rey Varela destacou o talento, creatividade e capacidade do preto do millar de persoas, pertencentes a unha trintena de entidades de Galicia, que participaron na edición número 21 deste certame

 

Santiago, 30 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela,  destacou hoxe o talento, creatividade e capacidade dos participantes no certame de tarxetas de Nadal que organiza Special Olympics en colaboración con FADEMGA Plena Inclusión,  durante o acto de entrega dos agasallos aos concorrentes que tivo no Auditorio de Galicia. Un total de 958 persoas con discapacidade intelectual de 32 entidades galegas que traballan neste ámbito presentaron os seus deseños de postais á edición número 21 deste concurso, un éxito de participación que pon de manifesto que este é “un dos eventos máis senlleiros dos que impulsa Special Olympics, está plenamente consolidado e conta cunha gran aceptación”, indicou Rey Varela.

 

Na súa intervención, o responsable da área social do Goberno galego subliñou a importancia de actividades como esta que facilita un espazo de expresión artística, da publicidade á creatividade das persoas con discapacidade intelectual e axuda a concienciar e sensibilizar ao conxunto da sociedade sobre a situación das mesmas. Nesta liña, reiterou o firme compromiso da Xunta de Galicia pola inclusión plena en igualdade de oportunidades, “unha meta que une a todos os que hoxe estamos neste acto e á que se debe sumar o conxunto da poboación; xa que non é unha cuestión de solidariedade senón de xustiza”, indicou. E, ao fío disto, engadiu que “non se trata tanto de que as persoas con discapacidade se adapten para integrarse na sociedade, senón que é esta as que a ten que incluír”.

 

Rey Varela tivo tamén palabras de recoñecemento para as familias das persoas con discapacidade que “sen desacougo están sempre onde son necesarias”, e asegurou que o Executivo autonómico “esfórzase cada día por conseguir estar á altura dos pais, nais e familiares destas persoas”. Neste sentido, manifestou que dende a Administración autonómica e en coordinación coas entidades e demais axentes sociais “temos que abordar a discapacidade, sexa do tipo que sexa, dende a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a igualdade universal e a acción positiva”.

 

Felicitación de Nadal da Consellería

 

No acto repartíronse entre premios e accésits un total de 21 agasallos, consistentes en lotes de material cedidos por Alcampo Santiago para os centros aos que pertencen os galardoados. Este certame de Tarxetas de Nadal celébrase de forma anual, e entre as postais finalistas a Consellería de Política Social escolleu unha para felicitar as festas e o aninovo.

 

Special Olympics Galicia, organizadora deste certame coa colaboración de FADEMGA Plena Inclusión e o apoio da Consellería de Política Social, é unha entidade creada no ano 2000 por acordo de 17 asociacións de diferentes provincias galegas. O seu obxectivo xeral é a inserción social do colectiva de persoas con discapacidade intelectual, e organizan competición deportivas e propoñen o adestramento diario para acadar a integración.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: