A XUNTA PROMOVE EN MURAS A MELLORA DA ATENCIÓN A DEPENDENTES NO CONTORNO FAMILIAR COA SUBIDA DAS HORAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, entrevistouse hoxe co alcalde do municipio de Muras (Lugo), Manuel Requeijo Arnejo

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo.

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo.

 

  • O responsable da área social do Goberno galego propón ao rexedor da vila lucense a posibilidade de incrementar o número de horas dispoñibles desta prestación do sistema autonómico de atención á dependencia

 

Santiago, 31 de xaneiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta tarde no seu despacho de San Caetano unha reunión de traballo co alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo, co obxectivo de abordar a situación e as necesidades existentes neste municipio lucense en materia social. Esta xuntanza enmárcase no diálogo permanente que o titular da carteira autonómica de Política Social está a manter cos rexedores e rexedoras de Galicia coa finalidade de profundar nas liñas de colaboración entre administracións.

 

Así, a través do Servizo de Atención no Fogar (SAF), Xunta e Concello prestan servizo a unha trintena de veciños e veciñas de Muras que teñen a súa dependencia recoñecida. O titular autonómico de Política Social e o primeiro edil de Muras acordaron estudar un novo incremento no número de horas de atención a persoas dependentes nos seus domicilios, co obxectivo de continuar mellorando a cobertura desta prestación que forma parte do sistema autonómico de atención á dependencia.

 

Outro dos asuntos que abordaron Rey Varela e Manuel Requeijo durante a entrevista foi a atención á infancia, en concreto a necesidade de que esta localidade da comarca de Terra Chá conte cun recurso que facilite o coidado dos nenos e nenas e, ao mesmo tempo, a conciliación da vida familiar, laboral e social dos pais e nais. Ao respecto, Xunta e ente local seguen a avanzar nos trámites para poñer en funcionamento un punto de atención á infancia na vila, que poderá iniciar a súa actividade unha vez que o devandito servizo estea plenamente adaptado ás esixencias e normativas vixentes.

 

O conselleiro e o rexedor acordaron que continuarán estudando posibles novas vías de colaboración entre as dúas administracións, co fin de mellorar os servizos e equipamentos de atención aos cidadáns en Muras, e conseguir así unhas mellores e máis eficaces políticas sociais.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: