ABANCA colabora cos grupos de acción local da pesca para impulsar o sector

A entidade financeira inicia co GALP Ría de Vigo-A Guarda un plan de encontros co sector para presentar a oferta financeira de ABANCA Mar e dar a coñecer o programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca

20170131-abanca-galp-vigo
O director de ABANCA Mar, Javier Fraga, durante o encontro informativo co GALP Ría de Vigo-A Guarda.

 

20170131-abanca-galp-vigo-2
O director de ABANCA Mar, Javier Fraga, durante o encontro informativo co GALP Ría de Vigo-A Guarda.

 

31-01-2017

ABANCA dá un paso máis na súa estratexia de apoio ao mundo do mar en Galicia, ao establecer un marco de colaboración cos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) que operan na franxa costeira da comunidade. A finalidade desta alianza é impulsar o desenvolvemento da pesca, marisqueo e acuicultura galegos e difundir entre estes colectivos as axudas europeas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

O apoio do banco canalízase a través da firma de convenios de colaboración cos GALP de Galicia, que se completará nas próximas semanas. Estes protocolos inclúen unha oferta financeira personalizada ao sector, orientada principalmente a facilitar o acceso ao crédito aos profesionais e beneficiarios das subvencións europeas.

Ademais, ABANCA acaba de iniciar un plan de encontros informativos co sector, en colaboración cos distintos GALP. Nestas reunións a entidade explicará as principais liñas da oferta de produtos e servizos de ABANCA Mar, a unidade de negocio do banco para dar servizo á heteroxénea cadea de valor do mar. Pola súa banda, os representantes dos GALP presentarán o programa de axudas do FEMP 2014-2020, que xestiona a Xunta en colaboración con estes grupos sectoriais.

O primeiro destes encontros celebrouse onte en Vigo, na oficina que a entidade financeira ten no porto pesqueiro, co GALP Ría de Vigo-A Guarda, una xuntanza na que participaron de máis de medio cento de profesionais. O director de ABANCA Mar, Javier Fraga, comentou os produtos máis destacados que a entidade deseñou para dar resposta ás demandas do sector. En circulante, citou produtos como Credimar, un préstamo de ata cinco anos sen comisións; Anticipo Mar, para adiantar sen comisións o cobro de subvencións e impostos; ou Confir-Mar, para o financiamento de mareas, pagos de gasóleo, dereitos de pesca, etcétera. Para o financiamento de investimentos, Javier Fraga referiuse ao Préstamo Campaña Mar e ao Leasing Pesqueiro, e tamén explicou outros produtos a medida de ABANCA, como a Hipoteca Naval ou os seguros de transportes de mercadorías, buques, acuícolas ou de bateas, entre outros.

Pola súa banda, a xerente do GALP Ría de Vigo-A Guarda, Elena Herbello Puentes, explicou os tipos de proxectos subvencionables, nas modalidades de investimento produtivo e non produtivo, así como a cuantía das axudas, os prazos de solicitude e requisitos para optar a estas axudas europeas.

O GALP Ría de Vigo–A Guarda naceu no ano 2008 co obxectivo de colaborar na xestión da súa zona de actuación, que abrangue once municipios da costa pontevedresa. O grupo participa activamente na construción da capacidade organizativa da zona pesqueira, e serve de núcleo de converxencia e representación de entidades e axentes socioeconómicos con interese no desenvolvemento integral e equilibrado da área. Representa a un total de 41 entidades locais, entre concellos, confrarías de pescadores e outras organizacións profesionais vinculadas ao sector pesqueiro, asociacións de empresarios e comerciantes e agrupacións de carácter social.

ABANCA Mar, co sector

Esta alianza de ABANCA cos GALP súmase aos acuerdos que a entidade mantiene con a maior parte das confrarías de Galicia e das principais organizacións do sector, no marco da súa estratexia de apoio ao sector primario. A través de ABANCA Mar, o banco pon a disposición do sector un crecente catálogo de produtos, ademais da proximidade e experiencia dun equipo de profesionais altamente cualificados.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: