AS ESCOLAS INFANTÍS DA REDE “A GALIÑA AZUL” AUMENTARÁN EN 314 O SEU NÚMERO DE ALUMNOS A PARTIR DO 1 DE FEBREIRO

Incorpóranse ao curso os pequenos de 0 a 3 anos matriculados no período extraordinario de baremación de decembro    

  • Un total de 92 escolas, das 137 que xestiona o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en funcionamento neste curso (2016-2017), sumarán novos alumnos
  • Os centros de A Laracha, Carnota, Dodro, Fene-Barallobre, Muros e Narón aumentarán ademais o número de unidades operativas

 

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017.- A rede de escolas infantís “A Galiña Azul”, xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social, incorporará a partir de  mañá mércores, 1 de febreiro, aos nenos e nenas de 0 a 3 anos matriculados no período extraordinario de baremación de decembro nas escolas infantís.  

 

Así as cousas, o inicio das clases para eses cativos suporá un incremento de 314 alumnos nos centros da “Galiña Azul” dependentes do Consorcio, respecto dos 6.351 usuarios cos que contaban ata hoxe neste curso 2016-2017. Ese aumento, que se rexistra en 92 das 137 escolas infantís que o Consorcio mantén en funcionamento no presente curso, eleva a 6.665 o número total de usuarios en toda a Comunidade autónoma.

 

A incorporación de alumnos tradúcese ademais nun aumento no número de unidades operativas en 6 das escolas infantís da “Galiña Azul” do Consorcio: Carnota, Dodro, Fene-Barallobre e Muros, que pasan de 2 a 3; Narón-Xuvia, de 5 a 6; e A Laracha, de 6 a 7. En canto á distribución por provincias dos 314 novos usuarios, as escolas de A Coruña sumarán un total de 183; as de Pontevedra, 73; as de Ourense, 38; e as de Lugo, 20.  E entre os centros que experimentarán un maior incremento de usuarios como consecuencia do período extraordinario de baremación de decembro figuran os de Narón-Xuvia (15), A Laracha (14), Ames-Bertamiráns (13), Fene-Barallobre e Rianxo (8) e Muros-Freixeiros, Lalín-Polígono 2.000,Carnota e Baiona (7).

 

Os pequenos que se incorporarán a partir de mañá mércores ás escolas infantís da “Galiña Azul” xestionadas polo Consorcio iniciarán a partir desa data o seu período de adaptación, cuxa duración varía en función de cada neno, malia que non adoita exceder das 3 semanas.

 

A rede “Galiña Azul” dependente do Consorcio oferta na actualidade un total de 7.452 prazas para nenos de 0 a 3 anos, incluíndo as 348 que sumaron as 6 novas escolas infantís que abriron as súas portas no ano 2016 (que supuxeron un investimento para Política Social de máis de 3.068.000 euros) e as 3 escolas unitarias -Crecente, en Pontevedra; Cartelle, en Ourense; e Sobrado dos Monxes, en A Coruña-, que a Consellería decidíu reabrir neste curso debido ao aumento da demanda.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: