‘Sandra e Meirol en Xistralia’ teatro escolares Teatro Afundación Vigo

O Auditorio do Teatro Afundación Vigo acollerá, desde hoxe ata o xoves 2 de febreiro, a representación da obra de teatro Sandra e Meirol en Xistralia,dentro da programación para escolares da Área Educativa da entidade. Máis de 3500 estudantes, procedentes de centros escolares da cidade e o seu contorno, participan desta iniciativa estruturada en dúas funcións diarias, ás 10.00 e ás 12.00 h, respectivamente. A obra está concibida como un reforzo positivo por animar o estudantado a coñecer e investigar as tradicións que dan forma ás diferentes culturas, neste caso, a galega. Desta maneira, os estudantes aprenderán a aceptar e comprender a diversidade e consolidarán valores coma o respecto, a liberdade, a igualdade ou a integridade. A proposta está enmarcada dentro das actividades educativas extracurriculares para escolares programadas para o curso 2016-2017 que teñen como obxectivo reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas. Así, a programación deseñada por Afundación promove unha educación en competencias transversais que potencian nos estudantes o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, o autoestima ou o traballo en equipo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: