Viaxe a Praga e Budapest dos centros de maiores Afundción

Afundación, dentro dos seus programas de envellecemento activo, ofrece ás persoas maiores de 55 anos a posibilidade de realizaren unha serie de viaxes, coa finalidade de promover un lecer cultural, saudable e un punto de encontro, comunicación e sociabilidade para os seus participantes. Unha actividade que, dentro da programación ofertada pola entidade, goza da preferencia de moitos dos seus usuarios e usuarias. Así, para 2017 están programadas sete viaxes, catro internacionais —Praga e Budapest, un cruceiro polo Mediterráneo, as capitais bálticas e Polonia— e tres nacionais —Aragón, vilas brancas de Cádiz e Tenerife—. O prazo de reservas para as viaxes a Praga e Budapest abrirase mañá, mércores 1 de febreiro, e as socias e socios ABANCA gozarán dun desconto no prezo final. Quen desexe anotarse pode facelo dirixíndose a calquera dos centros de maiores de Afundación. Os seus enderezos e teléfonos poden consultarse na seguinte ligazón:http://www.afundacion.org/é/envellecemento_activo/centros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: