Archive | febrero 1, 2017

POLÍTICA SOCIAL SITÚA ENTRE AS SÚAS PRIORIDADES A PLENA PARTICIPACIÓN NA SOCIEDADE DAS PERSOAS CON MÁIS DIFICULTADES

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, participou hoxe na presentación dun plan de mellora da accesibilidade en Porto do Son e Portosín realizado por COGAMI

  • A responsable do departamento de Maiores e Dependencia referiuse á Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020 e á Lei de accesibilidade como mostra do esforzo do Goberno galego para avanzar na eliminación de barreiras
  • Así mesmo, Fabiola García avogou porque a accesibilidade universal sexa considerada un principio transversal na vida cotiá das administracións, co fin de “asegurar que calquera persoa poida acceder aos contornos físico, social, económico, político e cultural, e poida exercer plenamente os seus dereitos e liberdades fundamentais”, explicou

 

Porto do Son (A Coruña), 1 de febreiro de 2017.- A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, sinalou hoxe que “o benestar da cidadanía e a erradicación dos obstáculos que impiden a plena participación na sociedade das persoas con máis dificultades constitúen un dos piares esencias da política social do Goberno galego”. Así o dixo durante a presentación dun plan de mellora da accesibilidade nas vilas de Porto do Son e Portosín que elaborou a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). O acto tivo lugar nas dependencias da Casa do Concello e contou tamén coa participación do alcalde de Porto do Son, Luis Oujo Pouso, e do presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.

 

O documento analiza a situación actual de accesibilidade das principais rúas, espazos públicos e edificios de servizos destes núcleos urbanos, así como as posibles actuacións que habería que acometer para mellorala. Este informe está realizado por un equipo técnico formado por dous arquitectos e dúas persoas expertas en accesibilidade de COGAMI, que durante catro meses analizaron sobre o terreo tanto as rúas como os edificios e espazos públicos do concello e, ademais, contaron coa colaboración de entidades sociais, empresariais, técnicos municipais de urbanismo e axentes locais de seguridade cidadá.

 

Na súa intervención, Fabiola García salientou que a mellora da accesibilidade nos distintos ámbitos é un obxectivo común ás administracións e para o que veñen realizando esforzos nos últimos tempos. A esta finalidade responden diferentes accións do Goberno autonómico como a Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, que conta entre os seus eixes prioritarios a accesibilidade universal e o deseño de espazos e servizos para toda a cidadanía, ou a Lei de accesibilidade de Galicia, en vigor dende marzo do ano pasado.

 

Nesta liña, a directora xeral avogou pola necesidade de considerar a accesibilidade universal como un principio transversal na práctica cotiá das administracións, de tal xeito que esta se teña en conta na elaboración e aplicación de normativas, na contratación pública, nos servizos públicos, así como á hora de planificar todos os espazos nos que conviven as persoas, e que como persoas teñen diferentes condicións persoais: maiores, persoas con discapacidade, mulleres embarazadas… “Trátase de asegurar deste xeito que calquera persoa poida acceder aos contornos físico, social, económico, político e cultural, e poida exercer plenamente os seus dereitos e liberdades fundamentais”, explicou.

 

Por último, Fabiola García felicitou a COGAMI e ao concello de Porto do Son por este estudo sobre accesibilidade que “ven a reafirmar o compromiso que teñen en mellorar a calidade de vida de toda a súa veciñanza, así como a súa aposta por un contorno accesible para todas as persoas”. E neste sentido, reiterou o compromiso do goberno da Xunta en avanzar na accesibilidade universal de produtos, servizos, comunicacións e contornos públicos de modo que sexan utilizables por todas as persoas en condicións de seguridade, comodidade e da forma máis autónoma posible porque “vai en beneficio de toda a poboación, con independencia das súas capacidades”, concluíu.

 

Análise de rúas, edificios e zonas públicas

O plan de mellora de accesibilidade feito por COGAMI para o concello de Porto do Son analiza nas súas máis de 900 páxinas  as rúas que comunican con edificios públicos e zonas de uso habitual, como son o centro de saúde ou o centro social. Así mesmo, tamén pasa revista ao estado dos principais inmobles municipais: a Casa da Cultura, a Escola de Música, a Casa do Concello, o mercado e a igrexa e cemiterio de San Vicente de Noal, así como a Casa da Cultura da parroquia de Baroña e o centro de saúde da parroquia de Noal.

 

Os arquitectos deste documento, Alejandro Rodríguez e Diego Piñeiro, explicaron diante de dous planos dos núcleos urbanos de Porto do Son e Portosín como se desenvolveu o estudo e cales foron os criterios que guiaron a súa elaboración. O informe estima que o orzamento necesario para acometer as intervencións recollidas ascende a un total de 399.000 euros.

 

A XUNTA ABOARÁ EN MARZO UN MILLÓN DE EUROS A PROPIETARIOS DE FINCAS AFECTADAS POLO PROXECTO SECTORIAL DA PLISAN

  • O Diario Oficial de Galicia fai pública hoxe a convocatoria aos propietarios de 552 fincas expropiadas e que se sumarán aos donos de 764 terreos que xa cobraron entre 2015 e 2016
  • Os beneficiarios terán que achegarse os días 7, 8, 14 e 15 de marzo ao Concello de Salvaterra de Miño
  • O solo da PLISAN estará a disposición das empresas este mesmo ano, cun prezo moi competitivo: 50 euros por metro cadrado para os 100.000 metros cadrados que primeiro se vendan

 

Santiago, 1 de febreiro de 2016.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria dos propietarios das fincas afectadas polas expropiacións de solo para o desenvolvemento da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (PLISAN). Así, o próximo mes de marzo a Consellería de Infraestruturas e Vivenda procederá ao pago de algo máis dun millón de euros. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/Oyz3un.

 

O DOG publica a relación de propietarios citados para a sinatura das actas de pagamento complementarias os días 7, 8, 14 e 15 de marzo de 2017 no concello de Salvaterra de Miño.

 

Estes pagos súmanse aos realizados nos anos 2015 e 2016, que afectaron a 764 fincas, cun importe total nos dous anos de preto de 915.000 euros que se suman ao 1.088.371,42 euros que se pagarán no próximo mes de marzo.

 

Con este abono, os promotores da PLISAN darán cumprimento ás sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia referidas a 552 fincas expropiadas.

 

Actualmente, estanse executando as obras da primeira fase dos sistema xerais desta infraestrutura industrial, que se iniciaron en outubro de 2015 e se rematarán no primeiro semestre do presente ano.

 

O solo da PLISAN estará a disposición das empresas este mesmo ano, cun prezo moi competitivo: 50 euros por metro cadrado para os 100.000 metros cadrados que primeiro se vendan.

 

ABANCA Innova lanza un programa de aceleración da man de Conector Startup Accelerator

Pladesemapesga insta a los partidos políticos y sus diputados a llevar al Parlamento la financiación con fondos públicos del PANGA para hospitales públicos y colegios de Galicia, en detrimento del producto autoctono.

Pladesemapesga insta a los partidos políticos y sus diputados a llevar al Parlamento la financiación con fondos públicos del PANGA para hospitales públicos y colegios de Galicia, en detrimento del producto autoctono.
Pasra ello recuerda que los mismos Diputados del PPdeG denunciaban en las mismas narices de Feijóo y Rosa Quintana la contaminación del Panga que financia la Xunta cuando la mayoría de los Países de Europa lo retiran del mercado.
A la contra la misma Xunta de Galicia financia con fondos públicos europeos la campaña publicitaria a medios afines «PescadeRías de onde si non» cuando financia el consumo y pescado contaminado de Camboya.
Comunicado completo en:

 

Teatro sobre acoso escolar en Vigo

Dende a compañía de teatro Redrum, achegamos en galego e castelán, a información sobre a representación do espectáculo familiar «A Nena Que Quería Navegar» da compañía Redrum que terá lugar este domingo 5 de febreiro no Auditorio do Concello de Vigo ás18.00 h.unspecified-2

Trátase dun espectáculo loita contra situacións de acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e mellora da autoestima.

Está protagonizado polos actores Laura Míguez Guillermo Carbajo baixo a dirección de Alex Sampayo

Premendo no seguinte ligue podedes acceder á páxina web do espectáculo: 

Páxina Web «A Nena Que Quería Navegar»

E nos seguintes podedes acceder ao dossier, fotografía en alta calidade, cartel do espectáculo e un pequeno video dos ensaios: 

Dossier A Nena Que Quería Navegar

Cartel A Nena Que Quería Navegar

Trailer «A Nena Que Quería Navegar»

Un xuíz recoñece que nun mesmo domicilio poden convivir varias perceptoras de RISGA

Levamos tempo berrando que estamos fartas da miseria das políticas sociais da Xunta de Galicia, que cada vez pon máis atrancos ás solicitantes e perceptoras da RISGA. Un exemplo do seu desinterese é que seguimos sen decreto que desenvolva a lei actual pasados máis de tres anos.

Se a RISGA constitúe en si mesma, unha esmola insuficiente e ineficaz, a administración autonómica, afianza anos tras ano, reforma tras reforma ese papel, engadindo requisitos de acceso e circunstancias excluíntes, que fan que cada vez máis persoas véxanse privadas do dereito a percibir ou manter dita renda.

A necesidade de ficar sen ningún ingreso para poder solicitala, a concesión dunha soa RISGA por unidade familiar, e non por persoa, a exclusión das persoas migrantes sen papeis, o exhaustivo control para renovar o dereito, etc… son todos eles, requisitos establecidos nas sucesivas leis que amosan a incapacidade do goberno autonómico para se enfrontar de raíz ao problema da precariedade que moitas estamos a sufrir.

Porén, perante á sua forza institucional e burocracia avasaladora a loita e a denuncia veñen, desta vez, a dar un moi bo resultado.

Lucía, unha compañeira que, coma moitas outras, veu ameazado o seu dereito a renovar a RISGA polo mero feito de compartir piso con outra persoa, foi quen de recorrer e pelexar dita decisión nos xulgados. Logo de esgotar a vía administrativa, decidiu solicitar avogado de oficio para procurar na xustiza os dereitos que a Xunta lle negaba en forma de denegación da RISGA.

Logo do xuízo recibe, a finais de novembro, a sentenza que deixa sen efecto a supresión da RISGA. O Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Vigo, na sentenza nº 389 de 23/11/2016 dalle a razón a Lucía e conclúe que a prohibición de que nun mesmo domicilio físico se perciba só una RISGA é contrario a dereito e que só se pode defender e aplicar dita medida cando os membros dese domicilio manteñan entre si un vínculo ou relación familiar.

Deste xeito o Xuíz sinala literalmente que para que se poida excluír a percepción de máis dunha RISGA por vivenda “NON BASTA CON CONVIVIR, É PRECISO QUE CONCORRA ESA ESPECÍFICA RELACIÓN PERSOAL. A DEMANDANTE CONVIVÍA CON OUTRA PERSOA PERCEPTORA DA RISGA E ESA COMPAÑÍA HABITACIONAL ERA PERFECTAMENTE COMPATIBLE COA NORMA REGULADORA. SERÍA INVEROSÍMIL QUE DÚAS PERSOAS QUE PERCIBEN SENDAS PRESTACIÓNS PARA ELUDIR A SUA EXCLUSIÓN SOCIAL, TIVERAN QUE EXCLUÍRSE MUTUAMENTE PARA NON INCORRER EN ESAXERADA INCLUSIÓN”.

O fallo desta resolución xudicial é de suma importancia para todas aquelas persoas que, no país, vense obrigadas a mudarse de domicilio para non xuntar dúas ou máis RISGAS nunha mesma vivenda, aínda que só compartan piso, ou non teñan máis relación ca da simple amizade.

Por unha vez, un xuíz sae da lóxica perversa dos políticos e técnicos de Benestar Social e dálle a razón á cidadanía.

Dende a ODS anímavos a recorrer e denunciar situacións similares que veñen repetíndose decote nas diferentes cidades da Galiza.

Perante a inxustiza, organízate e denuncia! Perante a miseria, loita!

 

Febreiro 2017

ODS-Coia

REUNIÓN GRUPO MUNICIPAL PP DE VIGO CON PENSIONISTAS VENEZOLANOS

dav

dav

La portavoz popular, Elena Muñoz, acompañada del concejal Miguel Fidalgo, ha mantenido hoy un encuentro con pensionistas venezolanos residentes en Vigo. Muñoz ha podido así escuchar directamente las preocupaciones de un colectivo que atraviesa una situación muy difícil y delicada, y les ha mostrado todo el respaldo y el apoyo que pueda dar el Partido Popular en la búsqueda de posibles soluciones. Muñoz ha abogado por buscar alternativas que permitan paliar, al menos de forma temporal, el «drama humano» que están viviendo.

El Congreso convalida el nuevo bono social para los consumidores eléctricos más vulnerables

* El Real Decreto Ley asegura la financiación del bono social, que había dejado sin efecto una sentencia del Tribunal Supremo

* El Gobierno desarrollará un reglamento que redefinirá las distintas categorías de consumidores vulnerables con diferentes descuentos, incrementará su protección e impedirá los cortes de luz a los consumidores vulnerables severos

31.01.17. El Congreso de los Diputados ha convalidado hoy el Real Decreto Ley aprobado por el Gobierno el pasado 23 de diciembre que establece un nuevo mecanismo de financiación del bono social, así como diversas medidas de protección para los consumidores vulnerables.

El Gobierno está trabajando en un reglamento, consensuado con los grupos parlamentarios, en el que se desarrollarán las categorías de consumidores vulnerables a los que se podrán aplicar diferentes niveles de descuento, se establecerá la prohibición de interrumpir del suministro a los consumidores vulnerables más severos y se establecerán medidas para una mayor protección y transparencia en la contratación.

Financiación del bono social

El bono social supone actualmente un descuento del 25% en la factura final de electricidad y pueden acogerse a él los consumidores más vulnerables. Actualmente existen 2,4 millones de hogares acogidos a este descuento, lo que alcanza a unos 7 millones de personas.

Con este real decreto ley se garantiza la financiación del bono social y se da cumplimiento a la sentencia del Tribunal Supremo que consideraba discriminatoria la financiación anterior, por parte de las compañías eléctricas verticalmente integradas. Para dar cumplimiento a la sentencia se extiende ahora la obligación de financiación a todas las compañías que realicen la actividad de comercialización de electricidad.

La nueva financiación por tanto mantiene el esquema anterior en cuanto a que continúan siendo las empresas eléctricas quienes financian el bono social. No se ha cargado su coste por tanto ni a los Presupuestos Generales del Estado ni tampoco al sistema eléctrico y por consiguiente a la factura de los consumidores.

El RD-ley convalidado hoy no agota la actuación del Gobierno en cuanto a la sentencia. El Gobierno tiene previsto presentar ante el Tribunal Constitucional un recurso de amparo al considerar que debería haberse elevado este caso al Tribunal de Justicia Europeo.

Categorías de consumidores vulnerables

La nueva normativa contempla la definición de distintas categorías de consumidores vulnerables sobre los que se podrán aplicar diferentes descuentos, lo que permite adaptar de manera más eficaz la ayuda a las diferentes necesidades de los consumidores más desprotegidos.

El diseño de las nuevas categorías irá en consonancia con las orientaciones de la Comisión Europea. En particular, el mecanismo previsto de ofrecer diferentes descuentos es coherente con el contenido propuesto por Bruselas en el llamado Paquete de Invierno.

El objetivo es asegurar que las personas que reciben las ayudas sean realmente las que la necesitan. Para ello el Gobierno buscará el consenso entre los diferentes grupos políticos. El ministro de Energía, Turismo y Agenda Digital tuvo una reunión con representantes políticos el pasado 17 de enero, en la que se solicitaron propuestas concretas sobre la redefinición de los colectivos de consumidores vulnerables.

Existe un amplio consenso entre todos los grupos políticos para reformar las categorías de consumidores que pueden acogerse al bono social, utilizando como elemento esencial un criterio de renta. Este consenso giraría en torno a la definición de tres categorías de consumidores vulnerables que pueden acogerse al bono social:

1.- Una primera categoría de consumidores con una vulnerabilidad menor, para los cuales se mantendría en principio un descuento análogo al actual del 25% de su factura.

2.- Una segunda categoría de consumidores que requieren mayor apoyo por su menor renta o sus circunstancias personales, para los que el descuento podría ser incluso superior al 25% anterior.

3.- Una tercera categoría de consumidores con una situación severa que estén recibiendo además ayuda por parte de los servicios sociales competentes de su Comunidad Autónoma, donde además de aplicarse el descuento más intenso pueda cofinanciarse parte del coste del suministro por las empresas eléctricas. En estos casos se establece que no podrá suspenderse el suministro eléctrico a estos consumidores.

Regulación de los cortes de suministro

La norma obligará de forma más rigurosa a notificar el impago a los hogares antes de proceder al corte de la electricidad. Además, se amplía de 2 a 4 meses el plazo para suspender el suministro en caso de impago para los consumidores vulnerables desde que la empresa eléctrica lo comunica al consumidor. Las compañías eléctricas deberán comunicar también a las CC.AA. los impagos de los consumidores.

Este sistema de notificación permitirá contar con un mecanismo de alerta temprana para los servicios sociales competentes, que podrán actuar antes de que se produzca el corte del suministro. Si los servicios sociales comprueban que el consumidor es vulnerable severo podrán además atenderle con sus propios recursos, disponer de una financiación adicional del bono social y no podrá cortársele el suministro.

Por tanto, para los casos de consumidores vulnerables severos que sean atendidos, se contempla una cofinanciación por parte de las empresas eléctricas financiadoras del bono social, que complementará la que ya realizan las Comunidades Autónomas y Ayuntamientos a través de sus servicios sociales.

Finalmente se adoptan medidas encaminadas a reforzar la transparencia en la contratación de los consumidores vulnerables, como la obligación de informar a los clientes de la modalidad de contratación de PVPC y del bono social. Asimismo, se contemplan también indicadores similares a los que existen en el ámbito financiero (TAE) para facilitar la comparación de las distintas ofertas comerciales a los consumidores.

Xuntanza alcaldesa con responsábeis de Telefónica

xuntanza-telefonicaA alcaldesa mantivo este martes unha xuntanza coa directora rexional de Telefónica, Marta Menéndez, e outros responsábeis da compañía, para tratar do estudo para dotar ás parroquias e ao propio Concello da infraestrutura necesaria para a transmisión de datos vía Internet.

Eva García de la Torre expuxo o interese do Goberno local de que todos os inmobles municipais dispoñan dun enlace á Rede que sexa “rápido e, sobre todo, seguro”, conexión que tamén se instalará en puntos de influencia das parroquias, coma asociacións culturais e veciñais, sempre con “garantía de seguridade e a necesaria rapidez para facilitar o acceso a Internet”.

Segundo subliñou a alcaldesa, o obxectivo, coma salientou dende que tomara posesión do seu cargo, é que todas as veciñas e veciños do Porriño poidan entrar a Rede en “igualdade de condicións, independentemente do lugar no que vivan”.

García de la Torre entende que a entrada a Internet e a posibilidade de conexión é “clave” para que as xeracións máis novas do Porriño “teñan entrada á cultura, á información, ás comunicación en condicións de igualdade con outras persoas, sexa cal sexa a súa localidade de residencia”.