Xuntanza alcaldesa con responsábeis de Telefónica

xuntanza-telefonicaA alcaldesa mantivo este martes unha xuntanza coa directora rexional de Telefónica, Marta Menéndez, e outros responsábeis da compañía, para tratar do estudo para dotar ás parroquias e ao propio Concello da infraestrutura necesaria para a transmisión de datos vía Internet.

Eva García de la Torre expuxo o interese do Goberno local de que todos os inmobles municipais dispoñan dun enlace á Rede que sexa “rápido e, sobre todo, seguro”, conexión que tamén se instalará en puntos de influencia das parroquias, coma asociacións culturais e veciñais, sempre con “garantía de seguridade e a necesaria rapidez para facilitar o acceso a Internet”.

Segundo subliñou a alcaldesa, o obxectivo, coma salientou dende que tomara posesión do seu cargo, é que todas as veciñas e veciños do Porriño poidan entrar a Rede en “igualdade de condicións, independentemente do lugar no que vivan”.

García de la Torre entende que a entrada a Internet e a posibilidade de conexión é “clave” para que as xeracións máis novas do Porriño “teñan entrada á cultura, á información, ás comunicación en condicións de igualdade con outras persoas, sexa cal sexa a súa localidade de residencia”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: