JOAN AS POLICE WOMAN ENCABEZA EL CARTEL DE CONCIERTOS DE,,PLAY-DOC FESTIVAL 2017 / OAN AS POLICE WOMAN ENCABEZA O CARTEL DE CONCERTOS DE,,PLAY-DOC FESTIVAL 2017

joan_benjamin_2A cantante e compositora estadounidense presentará en Tui as cancións do seu novo álbum, Let It Be You, en compañía do multiinstrumentista Benjamin Lazar Davis

− O festival internacional de cine documental colabora unha vez máis con Sinsal SON Estrella Galicia para ofrecer o espectacular programa de concertos Play Doc Live!

Tui, 1 de febreiro de 2017. Play-Doc Festival Internacional de Cine Documental, que se celebrará do 22 ao 26 de marzo, contará en 2017 cun espectacular cartel musical, que terá en Joan As Police Woman a súa máis destacada actuación. A cantante, compositora e produtora estadounidense, acompañada polo multiinstrumentista Benjamin Lazar Davis, presentará en Tui o 24 de marzo o seu recentemente estreado quinto álbum, Let It Be You, así como temas clásicos da súa extensa discografía. A programación musical de Play Doc realízase un ano máis en colaboración co festivao Sinsal SON Estrella Galicia, e complétase coas actuacións de Star Rover (Brooklyn) e The Dirty Coal Train (Lisboa).

A colaboración entre Play-Doc e Sinsal SON Estrella Galicia, festival de música que se celebra no mes de xullo na illa de San Simón (Redondela), ten como obxectivo pór en común ambas as experiencias e axuntar esforzos para ofrecer a mellor proposta musical posible ao público do festival de Tui. As entradas para os concertos están xa dispoñibles en venda anticipada en http://www.ticketea.com e en http://www.play-doc.com .

Joan Wasser, coñecida musicalmente como Joan As Police Woman, é unha artista profundamente arraigada no soul pero que domina infinidade de estilos, tamén coñecida polas súas colaboracións con Antony and the Johnsons, Rufus Wainwright, Lou Reed, Sheryl Crow ou David Sylvian. Da súa primeira visita a Galicia foi responsable precisamente o Festival Sinsal no ano 2006, na cidade de Vigo.

Wasser é orixinal de Connecticut, onde desde moi pequena realizou estudos de violín e piano. A súa carreira musical comezou na Universidade de Boston, cidade onde formou as súas primeiras bandas. En 1995 forma parte de Those Bastard Souls, pero tras o tráxico falecemento en 1997 do seu noivo, o lendario músico Jeff Buckley, ela e algúns dos membros do grupo do malogrado artista iniciaron un novo proxecto baixo o nome de Black Beetle.

En 1999 uniuse a Antony and the Johnsons, con quienes gravou o exitoso álbum I Am A Bird Now, gañador dun Mercury Prize. Despois da separación de Black Beetle, en 2002 comeza en

Nova York a súa etapa en solitario baixo o nome de Joan As Police Woman e presenta o seu primeiro EP. É entón cando Rufus Wainwright convídaa a unirse á súa banda para os concertos da súa xira daquel ano.

En 2006, mentres continúa colaborando con outros artistas como David Sylvian, Guillemots ou Sheryl Crow, Wasser publica Real Life, o seu álbum de debut. Logo chegarían To Survive, The Deep Field e The Classic, para lanzar pocou despois dun interesante disco de versións chamado Cover no que interpreta de forma moi persoal temas de David Bowie, Jimmy Hendrix ou Iggy Pop.

No seu estilo, descrito por ela mesma como ‘punk rock R&B e Soul Americano’, destílanse dous das súas grandes influencias: o soul clásico da Al Green e Nina Simone, e os sons máis duros e experimentais de Sonic Youth e Bad Brains, todo nunha mestura explosiva e natural.

Let It Be You, o traballo que presentará o venres 24 de marzo na sala Metropol de Tui, xorde da colaboración co músico Benjamin Lazar Davis, que a acompañará neste concerto. Para a creación do álbum, ambos viaxaron por diversos lugares do continente africano inspirándose nos patróns musicais dos pigmeos da República Centroafricana, reinterpretándolos con instrumentos de rock convencionais como guitarras e teclados.

O cartel musical complétase o sábado, día 25, coas actuacións de Star Rover e The Dirte Coal Train. A peculiar música deste talentoso dúo, fincado en Brooklyn, é difícil de catalogar aínda que podería definirse como punk pastoral. Os seus concertos son como expedicións interestelares inspiradas no estilo guitarrístico de John Fahey. Con apenas unha guitarra e unha batería, o grupo consegue xogar co tempo e as melodías das cordas de Will Graefe (Jesse Harris, Larkin Grimm) e da percusión de Jeremy Gustin (Marc Ribot, Albert Hammond Jr, Delicate Steve). Os seus directos son unha experiencia fóra do común.

The Dirty Coal Train, mentres, é un power trio de garage punk portugués cuxas influencias van do rock dos sesenta cara a sons propios do rockabilly ou o surf, sempre mirando de esguello ao soul e o blues. Despois da súa xira por Europa e Brasil acompañando a grandes bandas como The Routes, Autoramas, The Gories ou The Smoogers, llegan a Play-Doc para presentar o seu último traballo, Super Scum. Música salvaxe pensada para ambientar noites tolas propias dunha peli de serie B.

Programa Play Doc Live!:

Joan As Police Woman. Venres, 24 de marzo, 23,30 horas. Sala Metropol. Tui

Star Rover. Sábado, 25 de marzo, 00,30 horas. Sala Metropol. Tui

The Dirty Coal Train. Sábado, 25 de marzo, 00,30 horas. Sala Metropol. Tui

Venda anticipada de entradas: https://www.ticketea.com/entradas-festival-play-doc-joan-as-police-woman-/

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: